G5051325 - Morfoloxía do galego (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento fundamental da gramática descritiva do galego no nivel das unidades “morfema” e “palabra”:
-Obter as habilidades básicas para poder describir a estrutura interna das palabras
-Coñecer e identificar adecuadamente as unidades morfolóxicas do galego
-Saber distinguir os compoñentes morfolóxicos da palabra, particularmente os flexivos
-Coñecer a caracterización e clasificación de cada clase de palabras
Contidos1. A morfoloxía.
2. Unidades morfolóxicas: Palabras, morfemas, clíticos
3. Modelos de descrición morfolóxica: IA, IP e PP
4. Procesos fonolóxicos vs. procesos morfolóxicos
5. A flexión
6. A formación de palabras
Bibliografía básica e complementariaGramáticas
Álvarez, R. e X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Álvarez, R. H. Monteagudo e X. L. Regueira (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega, t. II: Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
Mateus M. H. Mira et alii (2003): Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho.
Mateus, M. H. Mira e E. d’Andrade (2000): The phonology of portuguese. Oxford: OUP.
Lecturas introdutorias
Azuaga, L. (1996): “Morfologia”, en Isabel Hub Faria et alii (eds.): Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 215-246.
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627.
Spencer, A. (2000): “Morphology”, en M. Aronoff e J. Rees-Miller The Handbook of linguistics. Oxford: Blackwell, 213-237.
Manuais e lecturas de referencia
Bauer, Laurie (2003): Introducing Linguistic Morphology. Edingburg: Edinburg University Press.
Bybee, J. (1985): Morphology: a study of the relation between meaning and form. Amsterdam: John Benjamins.
Haspelmath, M. e A. D. Sims (2010): Understanding Morphology. Second Edition. London: Hodder Education.
Matthews, P. H. 1991 Morphology. Second Edition. Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología. Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1990): “Sobre los modelos de descripción en morfología”, en Verba 17, 5-75.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
Spencer, A. e A. Zwicky (eds.) (1998): The handbook of morphological theory. Oxford: Blackwell.
Trask, R. L. (1993): A dictionary of grammatical terms in linguistics. London: Routledge.
Trask, R. L. (1996): A dictionary of phonetics and phonology. London: Routledge.
Villalva, A. (2000): Estruturas morfológicas: unidades e hierarquias nas palavras do português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.
Dicionario de lingüística
Trask, R. L. (1997): A student’s dictionary of language and linguistics. London: Arnold.
Competencias*Capacidade de recoñecer, caracterizar e clasificar as unidades “palabra” e “morfema” da gramática do galego.
*Capacidade de comprensión e valoración crítica de textos sobre temas de morfoloxía.
*Capacidade para realizar estudos sobre aspectos concretos relacionados coas unidades “palabra” e “morfema”.
*Habilidade no manexo das diferentes gramáticas e descricións morfolóxicas xerais sobre o galego.
Metodoloxía da ensinanza · Sesións expositivas. Para a introdución dos conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística, aplicados a datos da lingua galega. A explicación apoiarase moitas veces na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
· Sesións de seminario. Traballaranse algúns contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. N.B.: as lecturas e traballos que se encarguen son de realización obrigatoria. Escusa vir ós seminarios quen non teña as lecturas e exercicios feitos.
· Titorías personalizadas. Serán de asistencia obrigatoria, dentro das posibilidades docentes. Dedicaranse ó comentario de textos de lectura e coñecemento obrigatorio e á resolución das posibles dúbidas. N.B.: Escusa vir ás titorías quen non teña as lecturas feitas.
· Actividades do curso. Exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos nas aulas. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen. Constitúen un elemento fundamental na avaliación e na nota final do curso.
· Lecturas: elemento fundamental. Ao longo do curso encargarase unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
· Plataforma Moodle. Usarase a Plataforma Moodle da USC para traballar nas aulas. Polo tanto, os alumnos deberán atender ó seu correo rai.usc.es.
Sistema de evaluaciónA avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta
A) A asistencia ás clases é obrigatoria; valorarase a participación nas clases. Valorarase a asistencia ás clases así coma a participación do alumno nas mesmas a través de comentarios, exercicios, reflexións.... Só se permiten 5 faltas sen xustificar. Esta parte suporá un 10% da cualificación global.
B) Actividades do curso: Ó longo do curso, o profesor recollerá diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo. Así mesmo, será obrigatoria a realización de exposicións. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e presentación. A avaliación destas actividades supoñerá un 30% da nota final. N.B.: Haberá unha data de entrega para cada traballo; fóra desa data, non se recollerán traballos; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas
C) Contidos da materia: realizarase un exame escrito. Valorarase o dominio do código normativo, da coherencia e cohesión textual e dos contidos teórico-prácticos. O exame escrito conta o 60%. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 4 para superar a materia.
D) Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, a maiores das que fan os compañeiros que asisten regularmente ás clases. O profesor porá datas límites para a entrega destes traballos; non se recollerán traballos máis alá do último día das clases; cada traballo non entragado sumará 0 nas notas. Deben comunicar ó profesor esta situación antes do 15 de febreiro. Neste caso, os traballos sumarán o 40% da nota final; o 60% restante obterase nos exames oficiais correspondentes.
A aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade e que deban acudir á segunda gardaráselles as notas (A) de participación e (B) das actividades do curso. N.B.: As notas de participación nas aulas (A) e as das actividades de curso (B) serán as usadas para computar a nota da segunda oportunidade, xunto coa que obteñan nese exame. Os que suspendan na primeira oportunidade deberán, polo tanto, repetir só o exame (C) de contidos da materia. Aprobar o exame escrito final da segunda convocatoria é unha condición necesaria pero non suficiente para aprobar a materia. O mesmo vale para os alumnos con dispensa de asistencia: o 40% da nota corresponderase coa obtida nos traballos de curso, tanto na primeira oportunidade coma na segunda.
ATENCIÓN: Os alumnos que superen as faltas de asistencia sen xustificar perderán o dereito á avaliación continua. Isto significa que terán 0 nas notas de asistencia e de traballos de clase (aínda que entregasen traballos e tivesen cualificacións positivas nestes apartados, terán 0 de tódolos xeitos). A súa nota final calcularase co 0 de asistencia, o 0 de traballo de clase e o 60% da nota do exame.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia desenvólvese coa seguinte distribución:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS: 60 horas
-36 horas de clases expositivas
-16 de sesións de seminario e prácticas
-3 horas de titorías programadas.
-5 horas de avaliación
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS: 110 horas
-60 horas de estudo e preparación do traballo realizado na aula
-30 horas de lecturas e realización do traballo de curso
-20 horas de preparación de probas parciais