Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051326 - Literatura galega contemporánea: poesía (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Realizar un percorrido pola poesía galega dende a aparición das vangardas ós nosos días.
    - Analiza-las particularidades que presenta o singular desenvolvemento da poesía galega nesa etapa.
    - Estudo dos autores máis representativos e dos textos máis relevantes.

    Contidos
    l. As vangardas. Concepto e significado.
    2. A poesía galega durante a guerra civil e inmediata posguerra.
    3. Os anos 50. A creba dun silencio.
    4. A Xeración de 1936 e a singularidade da chamada Promoción de Enlace.
    5. A Xeración das Festas Minervais. A referencia dun futuro.
    6. Un novo rumbo poético (1976-1980).
    7. A poesía dos anos 80 e 90. Últimas tendencias poéticas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Alonso Montero, X. e Miro Villar (eds.), Guerra civil e literatura galega. Textos e documentos. Santiago: Consello da Cultura,l999.
    Carballo Calero,R.,Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia, 1981.
    Forcadela, M., "Poesía de posguerra", capítulo 34 do t. IV da Historia da literatura galega da ASPG.
    González-Millán,X., Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo: Xerais, 1994.
    Méndez Ferrín, X. L.,De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais, l984.
    Rodríguez Fer,C., Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Xerais, 1989.
    Rodríguez Sánchez, F., Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación). Vilaboa: Cumio, 1990.
    Tarrío, A. (coord.). Galicia . Literatura. Vol. XXXIII: "A literatura desde 1936 ata hoxe.Poesía e teatro" (2001). A Coruña: Hércules Ed.
    Vilavedra,D. (coord.). Diccionario da literatura galega.I.Autores Vigo: Galaxia, 1995.
    VV. AA. González,H. (ed.), A tribo das baleas. Poetas de arestora. Vigo: Xerais, 2001.

    Competencias
    - Conseguir que o alumnado teña a máis completa visión dos principais fitos poéticos que se insiren no período a estudar.
    - Garanti-la capacidade do estudante para interpreta-los trazos que definen a poesía galega como froito das coordenadas sociais e culturais nas que se foi desenvolvendo.
    - Ser quen a ubicar na cronoloxía literaria os principais textos e autores, e de identifica-las súas singularidades.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Combinaranse as sesións expositivas co comentario de textos literarios nas sesións prácticas.
    - Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases a fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
    - Nos inicios do curso fixaranse unha serie de lecturas obrigatorias así como as citas das titorías personalizadas. Nelas o profesor fará un seguimento do proceso de aprendizaxe, o alumnado terá que demostra-lo seu grao de aproveitamento e expoñe-las súas dúbidas.

    Sistema de evaluación
    Exame final (70%)
    Valoración da participación na aula (30%)
    Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso.
    Os criterios expostos manterán validez nas cualificacións de maio e nas de xullo.
    Todos aqueles alumnos que, por diferentes motivos, tivesen debidamente acreditada a exención ás sesións presenciais deberán entregar un traballo que será proposto polo profesor ó comezo de curso, a fin de substituí-la porcentaxe da nota que lles correspondería de teren participado na aula (30%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais do tempo de docencia presencial (sesións expositivas + seminario) e da asistencia ás titorías programadas, o alumno debe dedicar ó traballo persoal o tempo seguinte:
    30 hs. de lecturas programadas.
    70 hs. de estudo.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Resulta moi conveniente que o alumno repare con atención nos textos e nas indicacións que sobre eles vaia facendo o profesor, no día a día, ó longo do curso.