Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051341 - Onomástica galega (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
     Coñecer as características diferenciadoras da oralidade e da escritura
     Coñecer os distintos aspectos dos procesos de estandarización da lingua

    Contidos
    1. Conceptos básicos de onomástica
    2. Conformación e desenvolvemento do sistema toponí­mico e do sistema antroponí­mico
    3. Aspectos sociolingüí­sticos: deturpacións, cambios, estandarización
    4. Métodos de investigación toponí­mica (fontes, enquisa, interpretación)


    Bibliografía básica e complementaria
    Boullón Agrelo, Ana Isabel (2008): “250b. Historia interna del gallego: onomástica”, en Gerhard Ernst et al. (eds.): Romanische Sprachgeschichte: ein internationales Handbuch zur Geschichte der romanischen Sprachen = Histoire linguistique de la Romania: manuel international d’histoire linguistique de la Romania. Berlin / New York: Walter de Gruyter, vol. 3, 3168-3177.
    Santamarina, Antón (2005): “Viaxe pola onomástica galega”, A Trabe de Ouro 62 11-38.
    Antroponimia
    Boullón Agrelo, Ana Isabel (2003): “Onomástica persoal”, en Silverio Cañada (editor): Gran Enciclopedia Galega, vol. 33, 118-120.
    Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007a): “A escolla dos nomes en Galicia a finais do século XX”, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional de Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega, 99-114.
    Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007b): “Aproximación á configuración lingüística dos apelidos en Galicia”, Verba 34, 285-309.
    Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007c): “Farruco, Paco, Fran: datos históricos e evolución dos hipocorísticos en Galicia”, Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.
    Ferro Ruibal, Xesús (dir.) (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
    Machado, José Pedro (1984): Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa. Lisboa: Confluéncia.
    Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo: Xerais.
    Tato Plaza, Fernando R. (1992): “Notas de onomástica a propósito dos alcumes en A taberna do galo”, en Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro, vol. I. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 361-374.
    Toponimia
    Boullón Agrelo, Ana Isabel (2010): “Toponimia de Galicia. Estado da cuestión”, en Mª Dolores Gordón Peral (ed.): Toponimia de España. Estado actual y perspectivas de la investigación. Berlin / New York: Walter de Gruyter, 31–58.
    Marqués Valea, Xulia (2003): A toponimia na escola. Guía para a recollida, catalogación e estudio dos nomes tradicionais de lugar. [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia.
    Marqués Valea, Xulia (2004): A toponimia de Trabada. Xunta de Galicia.
    Méndez Fernández, Luz (2000): ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar. Santiago de Compostela: Ed. Lea.
    Moralejo, Abelardo (1977): Toponimia gallega y leonesa, Santiago: Pico Sacro.
    Navaza, Gonzalo (2006): Fitotoponimia galega. A Coruña: Fundación Barrié. Biblioteca Filolóxica Galega do Instituto da Lingua Galega.
    Navaza, Gonzalo (2007): Toponimia de Catoira. Catoira: Concello de Catoira.
    Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería da Presidencia, 2003. [http://www.xunta.es/nomenclator/index.htm]
    Piel, Joseph M. (1947): “Nomes de ‘possessores’ latino-cristãos na toponimia asturo-galego-portuguesa”, Biblos 23, 143-202, 283-407. Coimbra. 19502.
    Piel, Joseph M. (1949/1950): “Os nomes dos santos tradicionais hispânicos na toponímia peninsular”, Biblos 25 (1949), 287-353, 26 (1950), 281-314.
    Piel, Joseph M. / Dieter Kremer (1976): Hispano-gotisches Namenbuch. Heidelberg: Carl Winter.
    Terrado Pablo, Javier (1999): Metodología de la investigación en toponimia, Zaragoza.
    Informe sobre o Nomenclátor e o Proxecto Toponimia de Galicia. Xunta de Galicia, 2005.
    Recursos en internet
    Aquén (http://sli.uvigo.es/toponimia)
    CAG = Cartografía dos apelidos de Galicia: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp
    Sistema de información xeográfica de identificación de parcelas agrarias: http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/
    Ficha de investigación toponímica: https://www.edu.xunta.es/polomonte/protocolos_pdf/18_toponimia.pdf
    NG = Nomenclátor de Galicia. Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, 2003. http://www.xunta.es/toponimia
    PTG = Proxecto toponimia de Galicia: http://sitgaideg.xunta.es/buscadoravanzado/
    Talasonimia: http://www.minhor.org/publicacions-do-iem/20-talasonimia


    Competencias
    - Coñece-lo material bibliográfico recomendado
    - Utiliza-las ferramentas informáticas dispoñibles en internet, tales como os buscadores toponímicos e os sistemas de cartografía
    - Fomenta-las habilidades sociais, pois na realización do traballo terán que interactuar cos informantes

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas aulas teóricas exporanse os contidos que proporcionarán as ferramentas básicas para coñece-los sistemas onomásticos, a partir das fontes respectivas e das posibilidades en internet. Ó longo da materia iranse propoñendo pequenos traballos de recollida e/ou interpretación onomástica, que terán como culminación a realización dun traballo sobre toponimia. Utilizaranse recursos dispoñibles na aula virtual.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua e terá en conta os seguintes aspectos:
     Asistencia, participación nas aulas e realización dos exercicios encomendados para o seu comentario na aula (70%)
     Realización dun traballo obrigatorio que consistirá na compilación da microtoponimia dunha área determinada, a súa organización e interpretación. Avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica (30%)
    A realización satisfactoria da avaliación continua poderá eximir os estudantes do exame final. De tal maneira, estes coñecerán o resultado numérico da súa avaliación previamente á realización do dito exame final, e terán a posibilidade de presentarse a el de aspiraren a mellorar a cualificación recibida.
    Unha segunda posibilidade, para as persoas que demostren a imposibilidade da súa asistencia ás aulas ou para as que non superasen a materia por avaliación continua, é a realización dun exame final xaneiro ou en xullo; contará un 70% da nota. Neste caso cumprirá presentar tamén o mesmo traballo obrigatorio ca na avaliación continua, que contará na mesma proporción, un 30%.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    - parte das horas presenciais, 54 horas, calculadas do xeito seguinte:
    -Lecturas, 15 horas.
    -Estudio e preparación de actividades programadas no seminario, 9 horas.
    -Realización do traballo de iniciación á investigaciónn, 30 horas.