Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051342 - A literatura infantil e xuvenil galega (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ROIG RECHOU, BLANCA ANA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS:

    Xeral: Reflexionar sobre a importancia da Literatura Infantil e Xuvenil galega no contexto de socialización e desenvolvemento das persoas:
    1.Coñecer o desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil, en especial do subsistema xuvenil.
    2.Coñecer os textos literarios e como se foron conformando.
    3.Profundar nos autores clásicos e nas obras canonizadas.
    4.Formar cara á lectura comprensiva, analítica e profundadora dende a capacitación literaria e lectora.

    Específicos: Preparar ao estudantado para afondar, cos instrumentos adecuados e os métodos sistémicos e filolóxicos, no estudo da Literatura Infantil e Xuvenil galega no decurso da historia, e na análise e interpretación dalgúns dos textos máis significativos e máis relacionados cos seus perfís profesionais. Todo isto coa finalidade de formalos literariamente e animalos á lectura para convertelos en bos mediadores, comunicadores e lectores a partir dunha educación literaria o máis ampla posíbel.

    1. Informar do desenvolvemento da Literatura Infantil e Xuvenil Galega en particular e da proveniente da transmisión oral, fixándose sobre todo no subsistema xuvenil.
    2. Fixar a atención nos feitos e autores máis importantes para a banda de idade dos discentes que terán que formar e educar literariamente.
    9. Sensibilizar cara a unha literatura xerada, case sempre, nun clima de anormalidade e marxinación.

    Contidos
    Descritor

    Percorrido cronolóxico polo proceso de configuración e desenvolvemento do corpus literario infantil e xuvenil galego dende os textos alborais até o século XXI.

    Contidos

    Tema 1.- INTRODUCIÓN
    - A Literatura Infantil e Xuvenil galega: concepto, delimitación e peculiaridades deste sistema literario.
    - Periodoloxía.
    - Bibliografía instrumental.
    - A literatura Infantil e Xuvenil galega e o(s) seu(s) canon(s).

    Tema 2.- A SOCIEDADE GALEGA NA ÉPOCA MEDIEVAL.
    - Contexto socio-político cultural.
    - Axentes que interveñen na comunicación literaria en xeral (mediación, produción, recepción).
    - Ausencia de Literatura Infantil e Xuvenil

    TEMA 3. OS SÉCULOS ESCUROS
    - Causas histórico-socio-políticas do esmorecemento da literatura galega entre os séculos XV e XVIII (mediación, produción, recepción).
    - A prehistoria da Literatura Infantil e Xuvenil

    TEMA 4. O SÉCULO XIX. REXURDIMENTO
    - Contexto socio-político cultural.
    - Axentes que interveñen na comunicación literaria (mediación, produción, recepción)
    - Atoutiños da Literatura Infantil e Xuvenil.

    TEMA 5. O SÉCULO XX (1900-1950)
    - Repercusións soio-político-culturais e inicio da configuración da Literatura Infantil e Xuvenil (mediación, produción, recepción)
    - Primeiras manifestacións.
    - A guerra civil: os novos anos escuros para a literatura galega e a súa repercusión .

    TEMA 6. O SÉCULO XX (1950-1980): CONSTITUCIÓN DO SISTEMA LITERARIO.
    - Contexto socio-político cultural e axentes que interveñen na comunicación literaria (mediación, produción, recepción)
    - Formación da Literatura Infantil e Xuvenil.
    - Primeiros clásicos e primeiras obras canonizadas.

    TEMA 7: O SÉCULO XX (1980-2000): CONSOLIDACIÓN.
    - Contexto socio-político cultural e axentes que interveñen na comunicación literaria (mediación, produción, recepción)
    - Consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil.
    - Principais correntes formais e temáticas.
    - Comentario das obras canonizadas. Primeiros clásicos contemporáneos.

    TEMA 8. O SÉCULO XXI. INNOVACIÓNS.

    - Contexto socio-político cultural e axentes que interveñen na comunicación literaria (mediación, produción, recepción)
    - Innovación na Literatura Infantil e Xuvenil.




    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía xeral
    Blanco. Domingo (1994), Historia da Literatura popular galega, Santiago de Compostela: Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
    Fernández Paz, Agustín (1999), A Literatura infantil e xuvenil en galego, Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    Roig Rechou, Blanca-Ana (2000), A poesía infantil e xuvenil galega, Santiago de Compostela. Gálix/Teófilo Piñeiro edicións.
    Roig Rechou, Blanca-Ana (2004), “Contexto”, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casasres, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, IGAEM.
    Roig Rechou, Blanca-Ana (2002), “La literatura infantil y juvenil en Galicia”/ “A literatura infantil e xuvenil en Galicia”, cap. 8, en Anxo Tarrío Varela (coords.), La Literatura desde 1936 hasta principios del siglo XXI: Narrativa y traducción/A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción, A Coruña: Hércules Ediciones, pp. 382-501.
    Roig Rechou, Blanca-Ana (2008), A Literatura Infantil e Xuvenil galega no século XXI. Seis chaves para entendela mellor/La Literatura Infantil y Juvenil gallega en el siglo XXI. Seis llaves para entenderla mejor, Santiago de Compostela/Xunta de Galicia. Páxina web persoal de Blanca-Ana Roig (htpp://webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/).
    Roig Rechou, Blanca-Ana e Gemma Lluch (coords.) (2005), Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Monográfico do Boletín Galego de Literatura, nº 32, Universidade de Santiago de Compostela, 337 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana e José António Gómes (2007), Grandes Autores para Pequenos Leitores. Literatura para a infância e a juventude: Elementos para a construção de um cânone, Porto: Deriva Editores, 143 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Pedro Lucas Domínguez e Isabel Soto López (coords.) (2008), A guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil, ilust. José María Mesías Lema, Vigo: Edicións Xerais de Galicia/Fundación Caixa Galicia, 399 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Ana Margarida Ramos e José António Gómes (coords.) (2009), Teatro para a Infância e Juventude. Aproximações à literatura dramática, Porto: Deriva Editores, 195 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Ana Margarida Ramos, José António Gomes, Sara Reis e Marta Neira (coords.) (2009), A memória nos livros: Historia e histórias, Porto: Deriva Editores, 175 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.) (2009), A poesía infantil no século XXI (2000-2008), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 427 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.) (2010), Reescrituras do conto popular (2000-2009), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 247 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, José António Gomes, Isabel Mociño e Ana Margarida Ramos (coords.) (2010), Maré de Livros, Porto: Deriva Editores, col. Deriva, n.º 15, 115 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.) (2011), O álbum na literatura infantil e xuvenil (2000-2010), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 440 pp.
    Roig Rechou, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.) (2012), A literatura infantil e xuvenil a debate (2000-2010), Vigo: Edicións Xerais.
    Tarrío Varela, Anxo (1988), Literatura gallega, Madrid: Taurus.
    OUTRAS FONTES BIBLIOGRÁFICAS: historias literarias, monografías específicas, revistas, dicionario,webs, etc. daranse na aula.
    Competencias
    Saber (Coñecementos disciplinares)

    - Coñecer de forma panorámica a Literatura Infantil e Xuvenil galega. Informar especialmente da evolución do subsistema xuvenil debido á idade do discente receptor ao que terá que formar o futuro profesorado que se está a especializar.
    - Saber das características e vicisitudes que definiron e condicionaron esta literatura.
    - Recoñecer as obras e autores máis salientábeis adecuados aos futuros discentes.
    - Dotalos de técnicas para apreciar a calidade das obras dende o punto de vista literario e lingüístico.
    - Ler e interpretar textos fundamentais do período estudado.
    - Adquirir a formación necesaria para identificar as peculiaridades que caracterizan a Literatura Infantil e Xuvenil galega.
    - Relacionar os coñecementos adquiridos con outros de carácter interdisciplinar sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega, adquiridos noutras materias.


    Saber facer, saber estar e saber ser (Competencias profesionais e persoais)
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade para o razoamento crítico e autocrítico.
    - Capacidade para a comunicación oral e escrita.
    - Capacidade para traballar en equipo e colaborar con outras persoas.
    - Capacidade para a consulta de bases de datos na web e discriminalas pola súa calidade.
    - Capacidade para recoñecer a diversidade, a multiculturalidade e compromiso ético.

    Metodoloxía da ensinanza
    Indicacións metodolóxicas e atribucións de carga ECTS

    A distribución oficial dos créditos desta materia repártese en 3 de clases expositivas e 2 de clases interactivas, ademais de tres horas de titorías personalizadas, o que explica en parte a metodoloxía a aplicar ao longo do curso.
    A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico-práctico, nas que a profesora co apoio de recursos informáticos varios realizará:
    - Un percorrido teórico polos movementos, tendencias, correntes, escolas e autores dos períodos da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.
    - Análise do contexto no que se produciron.
    - Comentario dun grupo de obras, que serán de lectura obrigada. Ofreceranse Fichas e comentaranse para a realización de talleres de narrativa, poesía, teatro e literatura de transmisión oral ou clubs de lectura.
    - Faranse traballos individuais ou en grupos centrados en comentarios descritivos sobre obras ou actos literarios para favorecer a capacidade de análise e síntese.
    As sesións interactivas de carácter práctico, nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas e comentarios de texto pertinentes, son de asistencia obrigatoria. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos. Outros tipos de prácticas serán menos frecuentes, como audicións de música e visionado de audiovisuais. A profesora encargará a realización de pequenos traballos en relación coa temática da materia, ou a asistencia a algunha conferencia, que se comentarán nas sesións de titoría personalizada. A organización destas titorías personalizadas non impide comunicacións a través do correo electrónico.
    Utilizarase a plataforma virtual tanto para a distribución de materiais e recursos como para a comunicación co alumnado.


    Sistema de evaluación
    Convocatoria de febreiro:
    O alumnado será avaliado por:
    1. Exames teórico-prácticos nos que terá que demostrar que coñece o programa.:

    - Un parcial voluntario que se realizará ao rematar o programa.
    - Un final que se realizará na data que marque o centro.
    5 puntos (50% da avaliación total).

    2. Actividades a realizar:
    Comentarios das obras de lectura obrigada, da bibliografía que se lles mande ler ou daqueloutros traballos encomendados.
    3 puntos (30% da avaliación total).

    3- Participación na clase e valoración do aproveitamento a través de exames e traballos.
    2 puntos (20% da avaliación total).

    Na convocatoria de xullo o alumnado será avaliado, segundo as porcentaxes sinaladas anteriormente, por:

    1. Un exame final na data fixada polo centro.

    2. Os traballos e/ ou exercicios obrigatorios non presentados no seu momento ou non superados.


    A NOTA FINAL en ambas as convocatorias é o resultado da suma das notas adquiridas en cada parte, unha vez que foi aprobado o exame, en caso negativo non se realizarán as sumas das cualificacións de cada parte..

    Para o alumnado que por circunstancias persoais non poida asistir sistematicamente ás aulas, a súa avaliación realizarase a partir do punto 1, 2 e 3 (traballos)pero sempre teñen que se poñer en contacto coa profesora para encargarlle os traballos correspondentes.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A Literatura Infantil e Xuvenil galega é unha materia de 6 créditos equivalentes no sistema ECTS a 150 horas de traballo do alumnado, correspondentes a 25 horas por crédito e distribuídas do seguinte xeito:

    Actividades presenciais: 54 horas

    Clases expositivas: 32
    Clases interactivas: 16
    Titorías personalizadas: 3
    Sesións de avaliación: 3

    Actividades non presenciais dirixidas: 21

    Actividades non presenciais de traballo autónomo: 75

    As 21 horas de actividade dirixida ocuparanse na lectura de textos e preparación de traballos propostos.

    As 75 horas de traballo autónomo do alumno ocuparanse libremente ao estudo da materia, consultas bibliográficas recomendadas e preparación de exames.


    ACTIVIDADES HORAS TRABALLO TRABALLO
    PRESENCIAIS DIRIXIDO AUTÓNOMO

    Clases expositivas 32 40
    Clases interactivas 16 20
    Tit. Personalizadas 3 21
    Sesións avaliación 3
    Actividades libres
    en relación coa materia 15

    TOTAL 54 21 75

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia e participación en clase.
    -Estudo diario.
    -Consultas bibliográficas básicas.
    -Realizar as lecturas obrigadas e os exercicios que se marquen.
    -Pasar polas titorías para resolver problemas e calquera dúbida relacionada coa materia.

    Observacións
    As aulas interactivas do venres seran negociadas con alumnado para unha distribución máis personalizada. Este programa acompañarase dunha guía docente onde xa conste a actividade anual, libros de lectura concretos, horario e lugar das titorías etc...