G5051343 - Lectura e análise lingüístico de textos galegos antigos (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Ofrecer unha breve panorámica da produción escrita en galego no decorrer da Idade Media e da Idade Moderna.
- Alcanzar as competencias necesarias para a lectura destas obras directamente sobre o orixinal ou sobre a súa reprodución facsimilar.
- Como paso previo á análise lingüística, alcanzar unha competencia mínima que permita realizar a transcrición paleográfica de textos destes dous períodos e, a partir dela, fixar unha proposta de edición interpretativa.
- Reforzar os coñecementos de lingüística histórica galega.
- Consolidar os coñecementos e as técnicas do comentario lingüístico de textos medievais e modernos, realizado sobre a preparación previa de edicións diferenciadas e orientadas á especificidade dos distintos niveis de análise lingüística (gráfico-fonético / morfolóxico, sintáctico e léxico).
ContidosI. Introdución metodolóxica ao comentario filolóxico e lingüístico de textos
II. Apartados propios do comentario
1. O texto proposto e o seu contido
2. O marco histórico (autor, obra, ámbito cultural, ámbito literario, ámbito cronolóxico, ámbito xeográfico...)
3. A reprodución facsimilar e as edicións paleográfica e interpretativa do texto
4. A lingua do texto:
a.- Aspectos etimolóxicos
b.- Aspectos grafemáticos
c.- Aspectos fonéticos e fonolóxicos
d.- Aspectos morfolóxicos
e.- Aspectos sintácticos
f.- Aspectos léxicos
g.- Aspectos literarios
III. Tipoloxía e periodización dos textos:
Idade Media
A. Obras de creación:
1.- Verso (séc. XII: Descort) (séc. XIII: Cantigas de Santa María, Cantiga de Valcavado, Us Castellans) (sécs. XIII-XIV: Lírica profana) (sécs. XIV-XV: Cancioneiro galego-castelán).
2.- Prosa: (a) literaria e técnica (séc. XIII: rúbricas e pauta das Cantigas de Santa María) (séc. XIV: Arte de trovar, rúbricas da Lírica profana); (b) documental (sécs. XIII-XVI: documentación notarial).
B. Obras de tradución (prosa):
1.- Do castelán (sécs. XIII-XV: fragmentos das Partidas) (séc. XIV: Crónica galega, Xeral Historia, Foro Real, Flores de dereito, Glosas de textos legais, Ordenamento de Alcalá de Henares, Crónica troiana, Historia troiana).
2.- Do latín (séc. XV: Miragres de Santiago, Tratado de alveitaría, Crónica de Santa María de Iria).
3.- Do francés (séc. XIV: Livro de Tristán).
Idade Moderna
1. Sécs. XVI-XVII: Cartas ao conde de Gondomar (prosa epistolar), Historia de don Servando (prosa pseudohistórica), Contenda dos labradores de Caldelas (teatro).
2. Séc. XVIII: Sarmiento: Coloquio de vintecatro galegos rústicos (verso), Romance da urca de Santo Antón (verso), Romance de María Francisca de Isla y Losada ao Cura de Fruíme (verso).
Bibliografía básica e complementaria1. Comentario filolóxico de textos
1.1. Obras específicas de Comentario filolóxico
1.1.1. Metodoloxía
Bustos Tovar, J. J. de (1990): "Comentario lingüístico de textos y análisis filológico. Algunas precisiones metodológicas", in Homenaje al profesor Lapesa. XI curso de lingüística textual (Murcia, 25-29 abril 1988). Murcia: Universidad de Murcia, pp. 93-107.
1.1.2. Obras de aplicación a linguas concretas
1.1.2.1. Galego
Lorenzo, R. (1986): "Un documento galego de 1482", Verba, 13, pp. 127-141.
Lorenzo, R. (1986): "Un documento galego de 1482", Boletín auriense, 14-15, pp. 251-261.
Lorenzo, R. (1991): "Un documento galego de 1466", in M. Brea / F. Fernández (eds.): Homenaxe ó profesor Constantino García. Vol. 2. Santiago de Compostela: Universidade (Servicio de Publicacións e Intercambio Científico), pp. 361-385.
Lorenzo, R. (1996): "Documentos medievais do Mosteiro de San Munio de Veiga. Transcripción e comentario", A Trabe de Ouro, 25, pp. 103-117.
Lorenzo, R. (1997): "Documentos portugueses de Montederramo", in I. Castro (ed.): Actas do XII Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Linguística : (Braga-Guimarães, 30 de Setembro a 2 de Outubro de 1996). Vol. II. Lisboa: Associação Portuguesa de Linguística, pp. 135-156.
Lorenzo, R. (2002): "Un documento xurídico de 1430", in R. Lorenzo (coord.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: Universidade (Servicio de Publicacións e Intercambio Científico), pp. 185-200.
1.1.2.2. Portugués
Lorenzo, R. (2009): "Edición e comentario dun documento do Mosteiro de Montederramo de 1247", in G. Lanciani / M. Brea (coord.): POLA MELHOR DONA DE QUANTAS FEZ NOSTRO SENHOR. Homenaxe á profesora Giulia Lanciani. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 349-354.
Cardoso, W. / Cunha, C. (1978): Estilística e Gramática histórica. Português atravês de Textos. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro.
1.1.2.3. Castelán
Alarcos Llorach, E. (1979): "Bases para un comentario diacrónico (fonético y fonológico)", in E. Alarcos et alii: Comentarios lingüísticos de textos. I. Valladolid: Universidad de Valladolid, pp. 7-18.
Ariza Viguera, M. (1998): El comentario filológico de textos. Madrid: Arco Libros.
Cano Aguilar, R. (1991): Análisis filológico de textos. Madrid: Taurus.
Cano Aguilar, R. (1998): El comentario filológico de textos medievales no literarios. Madrid: Arco Libros.
Cano Aguilar, R. (2000): Introducción al análisis filológico de textos. Madrid: Castalia.
Marcos Marín, F. (1979): "Comentario morfológico y sintáctico de un texto medieval", in E. Alarcos et alii: Comentarios lingüísticos de textos. I. Valladolid: Universidad de Valladolid, pp. 71.106.
Marcos Marín, F. (1996): El comentario filológico con apoyo informático. Madrid: Síntesis.
Montero Cartelle, E. (1998): "Comentario filológico de un texto de la "Estoria de España", in Castro, I. / Fernández, G. (eds.): El comentario de textos. Málaga: Universidad de Málaga, pp. 15-35.
Sánchez-Prieto Borja, P.: (1991/5): Textos para la historia del español, Alcalá de Henares, Universidad de Alcalá, 2 vols. (I: Reproducción facsímil, transcripción paleográfica, presentación crítica y comentario lingüístico de documentos medievales y de los siglos XVI y XVII; II: Archivo municipal de Guadalajara).
Urrutia, H. / Segura, S. / Pueyo, F.J. (1995): Comentario filológico-lingüístico de textos castellanos. Bilbao: Universidad de Deusto.
VV.AA. (1997): El análisis textual. Comentario filológico, literario, lin
Competencias- Competencia para a lectura de obras medievais e modernas directamente sobre o orixinal ou a súa reprodución facsimilar.
- Competencia para o recoñecemento das coordenadas cronolóxicas de textos galegos de calquera das épocas pretéritas.
- Competencia mínima para a realización da transcrición paleográfica de textos destes dous períodos e, a partir dela, fixar unha proposta de edición interpretativa.
- Competencia nos coñecementos e as técnicas do comentario lingüístico de textos medievais e modernos.
- Competencia para o recoñecemento das peculiaridades gráficas e lingüísticas (fonéticas, morfosintácticas, léxicas) de cada período da historia da lingua galega en calquera texto que se someta ao seu estudo filolóxico.
Metodoloxía da ensinanza A materia ten un perfil marcadamente práctico e abordarase a través do estudo minucioso de fragmentos de obras literarias e históricas e tamén de documentos notariais, preferentemente medievais.
Propoñerase na aula un modelo de comentario exemplificado con textos dos dous períodos e de distinta tipoloxía, e no sucesivo aplicarase ese modelo a novos textos, ben de forma individual, ben de forma colectiva, pero sempre tendo a aula como foro de exposición.
Utilizaranse como recurso docente as aulas virtuais do Campus Virtual.
Sistema de evaluaciónConvocatoria de maio
Sistema presencial
Poderano seguir unicamente aqueles alumnos que asistan, como mínimo, ao 80% das clases.
O carácter marcadamente práctico da materia aconsella unha planificación do traballo na que xoga un papel esencial a participación continuada do alumno na aula. Esta actividade constituirá o 20% da cualificación final e consistirá basicamente na participación activa no desenvolvemento espontáneo das aulas e, máis concretamente, na preparación e posterior presentación oral na aula de comentarios ou aspectos dos comentarios realizados individualmente. Será o complemento da actividade principal, consistente na realización e entrega –antes da data do exame oficial– de catro probas escritas que se espaciarán convenientemente no desenvolvemento do curso. Nelas realizarase o comentario lingüístico de tres textos medievais de distinta tipoloxía e cronoloxía (1 en verso e 2 en prosa) e dun texto do período moderno.
Aqueles alumnos que non alcancen a suficiencia –ou que queiran aumentar a cualificación– coa realización das probas anteriores poderán presentarse ao exame final de carácter oficial que está establecido para o mes de maio de 2014, de acordo coas previsións da Xunta de Facultade.
Sistema non presencial
É o previsto para os alumnos que non asistan, como mínimo, ao 80% das aulas. Estes alumnos presentaranse ao exame final de carácter oficial que está establecido para o mes de maio de 2014, de acordo coas previsións da Xunta de Facultade. Consistirá no establecemento das versións semipaleográfica e interpretativa dun texto presentado en edición facsimilar, así como no seu comentario lingüístico (100% da cualificación).
Convocatoria de xullo
Coincide co sistema non presencial da convocatoria de maio: exame final de carácter oficial que está establecido para o mes de xullo de 2014, de acordo coas previsións da Xunta de Facultade. Consistirá no establecemento das versións semipaleográfica e interpretativa dun texto presentado en edición facsimilar, así como no seu comentario lingüístico
(100% da cualificación).
Tempo de estudo e traballo persoal- Horas presenciais: 50 hs. (sesións expositivas, sesións de seminario, sesións de titoría programada, sesións de avaliación).
- Horas non presenciais: 100 hs. (estudo e preparación de actividades programadas na aula, realización de traballos, lecturas, preparación de probas).
Recomendacións para o estudo da materiaCon carácter de recomendación –e non como requisito– suxírese a conveniencia de ter cursada algunha das materias de Lingüística Histórica Galega ou Historia da Lingua (Historia da Lingua Galega [G5051225], Fonética e Fonoloxía Históricas do Galego [G5051322] ou Morfosintaxe Histórica do Galego [G5051425]).
Tamén se recomenda adquirir previamente algúns coñecementos de paleografía, mediante a lectura de obras básicas. Ao comezo do curso daranse orientacións bibliográficas selectas.