Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051344 - Cine e literatura galegas (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Obter unha visión panorámica da relación entre cine e literatura galega, tentando entender a singularidade desa relación como froito do contexto social e cultural no que se foi desenvolvendo.

    -Poñer en práctica os instrumentos básicos de análise fílmica, especialmente os da enunciación, e comparalos cos da literaria.

    -Avaliar a consideración do cine como disciplina artística, e a relación que mantén con outras, tanto dende un punto de vista sincrónico coma diacrónico.


    Contidos
    1.Conceptos básicos da linguaxe fílmica. A narratoloxía aplicada ao cine.
    Aspectos da articulación estrutural das linguaxes fílmica e literaria. Teoría da narración audiovisual e narratoloxía comparada
    2. Historia do cinematógrafo en Galicia.
    -Os comezos do diálogo entre cinema e literatura galega. “O pai de Migueliño” e “La tragedia de Xirobio”.
    3. Cine e antropoloxía.
    -O equipo Lupa.
    -“Sempre Xonxa”
    -De “El bosque del lobo” a “Romasanta”.
    4. A literatura galega vista dende outras cinematografías: “La parranda”. Las distintas versiones de “El bosque animado”.
    5. Manuel Rivas, literatura e cine: "Todo é silencio".
    6. Codificación de modalidades xenéricas: “Trece badaladas”.
    7. Teatro, cine e literatura: “Doentes”.

    Bibliografía básica e complementaria
    Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.

    Bordwell, David (2006), El arte cinematográfico: una introducción, Barcelona: Paidós

    Cabo Villaverde, José Luis e Miguel Anxo Fernández (2008): Diccionario do cine en Galicia (1896-2008), Foro Galego do audiovisual.

    Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus, 1990.

    Faro Forteza, Agustín, Películas de libros, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.

    Fernández, Miguel Anxo, (coord.) (2007): Rodado en Galicia (1916-2008). Foro Galego do Audiovisual e Consorcio Audiovisual de Galicia

    Fernández, Miguel Anxo (2010). “O cine e o audiovisual” en O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia, Víctor F. Freixanes e Alberto Meixide eds. Fundación CaixaGalicia. Pp. 391-429

    Gaudreault, André, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona: Paidós, 1995.

    Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.

    Manzano Espinosa, Cristina, La adaptación como metamorfosis: transferencias entre el cine y la literatura, Madrid: Fragua, 2008.

    Peña-Ardid, Carmen, Literatura y cine: una aproximación comparativa, Madrid: Cátedra, 1999.

    Pérez Bowie, José Antonio (ed.), La adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica, Salamanca: Plaza Universitaria Ediciones, 2003.

    Pérez Bowie, José A. (2008), Leer el cine: la teoría literaria en la teoría cinematográfica, Salamanca: Universidad.

    Piñera Tarque, Ismael, Mundos narrativos: relato literario y relato fílmico, Kassel: Reichenberger, 2006.

    Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: teoría y análisis de la adaptación, Barcelona: Paidós, 2000.
    Stam, Robert (2005), Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós.

    Vilariño Picos, Teresa, y Patricia Fra (eds.), Literatura y cine. Boletín Galego de Literatura, 27, 1, 2002.



    Competencias
    -Conseguir que o alumnado teña unha visión panorámica da relación entre cine e literatura galega, e que consiga entender a súa singularidade como froito das coordenadas sociais e culturais nas que se foi desenvolvendo.

    -Formar o alumnado a nivela básico da posta en práctica dos instrumentos de análise fílmica, especialmente os da enunciación. Fomentar a visión comparada coa práctica da análise literaria.

    -Potenciar a curiosidade polas disciplinas interartísticas e a interpretación do papel que desempeñan na sociedade actual, así como a necesidade de dotarnos de ferramentas axeitadas para o seu estudo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as sesións expositivas coa proxección e comentario de textos literarios e cinematográficos nas sesións prácticas.

    Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula. Máis de tres faltas sen xustificar suporán unha rebaixa na nota final.

    Ao comezo do curso fixaranse citas de titorías personalizadas co alumnado. Nelas a profesora fará un seguimento da preparación da exposición e do traballo, o alumnado terá que demostrar o seu grao de aproveitamento e expor as súas dúbidas e intereses concretos.

    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación aplicaranse tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.

    Exame final (70%)

    Valoración da participación en clase + exposición na aula dun traballo que se entregará tamén por escrito (30%). O traballo (individual ou en grupo) será un comentario sobre alguna das películas estudadas e a obra literaria coa que se relaciona. A escolla de temas, formación de grupos, metodoloxía, data de exposición, etc. programarase coa profesora nas primeiras semanas do cuadrimestre. O alumnado que obteña dispensa de asistencia a clase terá que entregar o traballo pro escrito, tras fixar previamente o tema coa profesora.

    É importante sinalar que este 30% de valoración do traballo e a participación só se sumará a quen teña 5 como mínimo no exame, é dicir, para aprobar a materia é imprescindible acadar esa cualificación mínima na proba escrita final.

    Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
    Os criterios expostos manterán validez nas calificacións de maio e nas de xullo.
    Sempre que se informe á profesora no seu momento (nunca a posteriori) teranse en conta circunstancias individuais que condicionen o seguimento presencial do curso. Nese caso pactarase coa profesora unha fórmula de avaliación que combine exame e traballo. Este non será obxecto de exposición na aula senón que se entregará só por escrito e valorarase igualmente nun 30% da nota final+70% do exame.

    Como a súa denominación indica, a materia céntrase tanto no cine coma na literatura. Polo tanto, non se trata só de ver filmes senón que tamén cómpre realizar a lectura dos textos literarios citados arriba no apartado de "Contidos" e, máis puntualmente, de textos teóricos. Ditas lecturas non son voluntarias senón que serán obxecto de avaliación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Trátase dunha materia de 6 créditos que prevé logo 150 horas de traballo do alumno.
    Actividades presenciais:
    -sesións expositivas: 2 h. por semana
    -sesións de seminario 1 h. por semana
    Actividades non presenciais dirixidas (lecturas e visionados): 50 h.
    Actividades non presenciais libres (estudo): 50 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Como a súa denominación indica, a materia céntrase tanto no cine coma na literatura. Polo tanto, non se trata só de ver filmes senón que tamén cómpre realizar a lectura dos textos literarios citados arriba no apartado de "Contidos" e, máis puntualmente, de textos teóricos.