Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051422 - Sintaxe do galego (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Desenvolver a capacidade de reflexión intelectual sobre o funcionamento do sistema lingüístico galego desde a súa compoñente sintáctica.

    • Avanzar no coñecemento dos conceptos e métodos fundamentais da análise sintáctica do galego.

    • Coñecer os tipos de unidades sintácticas e as relacións que estas establecen entre si dentro do enunciado.

    • Desenvolver a capacidade de lectura crítica de textos científicos sobre sintaxe.

    • Desenvolver a capacidade de elaboración de pequenos traballos sobre a sintaxe do galego, estimulando o criterio argumentativo e a reflexión metalingüística.

    • Salientar a importancia dos mecanismos e recursos sintácticos na comunicación verbal, tanto oral como escrita.

    Contidos
    1. Introdución ao estudo da sintaxe
    1.1. Multiplicidade de modelos teóricos: gramáticas formais e funcionais
    1.2. Esbozo de gramática funcional
    1.2.1. Predicadores, participantes e predicacións; o marco predicativo
    1.2.2. A análise sintáctica: unidades, funcións e estrutura de constituíntes

    2. Relacións sintácticas e unidades sintácticas
    2.1. Relacións sintácticas: as funcións
    2.1.1. Das funcións semánticas ás funcións sintácticas
    2.1.2. As funcións informativas: estrutura do Tema e estrutura do Foco
    2.2. Unidades sintácticas
    2.2.1. A escala de unidades sintácticas: delimitación e tipos
    2.2.2. Unidades simples e complexas; a construción coordinativa
    2.2.3. Unidades sintácticas e unidades comunicativas: enunciado e oración; os enunciados non oracionais

    3. A oración
    3.1. Oracións de predicador verbal e non verbal; as construcións atributivas
    3.2. As relacións funcionais dentro da oración
    3.2.1. Procedementos de marcado das relacións funcionais: concordancia, marca de caso (preposicional) e orde de constituíntes
    3.2.2. A transitividade preposicional: CD con preposición e CPrep
    3.3. Diátese: construcións activas e pasivas. Construcións impersoais. Construcións pronominais
    3.4. A oración complexa: oracións completivas, relativas e adverbiais

    4. A frase
    4.1. A frase como unidade sintáctica: caracterización e tipos
    4.2. A Frase Nominal
    4.2.1. O Núcleo e a súa determinación: Determinantes e Modificadores
    4.2.2. A FN como predicación: FFNN con e sen estrutura argumental. Nominalizacións
    4.3. Outros tipos de frase: FV, FAdx, FAdv e FP

    Bibliografía básica e complementaria
    I. Guías bibliográficas:
    - BILEGA. Bibliografía informatizada da lingua galega. C.I.L.L.-R.P. (http:// www.cirp.es/)
    - García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico de lingüística galega. Desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago: C.I.L.L.-R.P.
    - Regueira Fernández, X.L., e outros (1996): Guía bibliográfica de lingüística galega. Vigo: Xerais.

    II. Gramáticas galegas:
    - Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    - Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.

    III. Outras gramáticas:
    - Bosque, I. / Demonte, V. (dirs.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. 3 vols. Madrid: Espasa-Calpe.
    - Mateus, M.H.M. / A.M. Brito / I.S. Duarte / I.H. Faria (2003): Gramática da língua portuguesa, Lisboa: Caminho, 1989 (5ª ed., revista e aumentada).
    - Solà, J. et al. (dirs.) (2002): Gramática del catalá contemporani. 3 vols. Barcelona: Empúries.

    IV. Obras de interese:
    - Cidrás, F. A. (2012): “On the concept of syntactic function in a functional grammar”, en Functions of Language 19/2
    - Croft, W. / D. A. Cruse (2004): Cognitive Linguistics. Cambridge: CUP. Trad. esp. Lingüística cognitiva. Madrid: Akal. 2008.
    - Demonte, V. (1991): Teoría sintáctica: de las estructuras a la rección. Madrid: Síntesis.
    - Dik, S.C. (1997): The theory of Functional Grammar. Part I: The stucture of the clause. 2ª ed. revis., editada por K. Hengeveld, Berlin /New York: Mouton de Gruyter.
    - Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 247-302.
    - García-Miguel, J.M. (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes. Santiago: USC.
    - García Miguel, J.M. / C. Cabeza (2000): "Sintaxe", en F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 542-583.
    - Halliday, M.A.K. (1985): An introduction to functional grammar. London: E. Arnold, 1989 (5ª ed.).
    - Heine, B. / H. Narrog (eds.) (2010): The Oxford handbook of linguistica analysis, Oxford: OUP.
    - Hernanz, M.L. / J.M. Brucart (1987): La Sintaxis. 1. Principios teóricos. La oración simple. Barcelona: Crítica.
    - Jiménez Juliá, T. (1986): Aproximación al estudio de las funciones informativas. Málaga: Agora.
    - Matthews, P.H. (1981): Syntax. Cambridge: University Press.
    - Moreno Cabrera, J.C. (1991): Curso universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general. Madrid: Síntesis.
    - Peres, J. Andrade (1984): Elementos para uma gramática nova. Coimbra: Almedina.
    - Peres, J. Andrade / T. Móia (1995): Áres críticas do Português. Lisboa: Caminho.
    - Rojo, G. / T. Jiménez Juliá (1989): Fundamentos del análisis sintáctico funcional. Santiago: USC.
    - Tomasello, M. (1998/2003): The new psychology of language. Cognitive and functional approaches to language structure. Vol. 1 (1998). Vol. 2 (2003). Mahwah (NJ): Lawrence Erlbaum.

    Competencias
    • Capacidade para realizar, a un nivel intermedio, análises sintácticas e formular hipóteses explicativas de datos lingüísticos novos.

    • Capacidade para avaliar criticamente diferentes propostas de análise sintáctica dadas.

    • Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación sintáctica cun nivel intermedio de dificultade.

    • Capacidade para elaborar, a un nivel intermedio, traballos de análise gramatical, correctamente estruturados, formalmente adecuados, coherentes e ben argumentados.

    • Competencia comunicativa no rexistro académico, cun uso adecuado do galego, tanto oral como escrito, e unha utilización precisa dos conceptos e da terminoloxía sintáctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    • Os contidos teóricos da materia desenvolveranse basicamente nas sesións expositivas. Como punto de partida ou como elementos complementarios estableceranse con frecuencia lecturas sobre aspectos concretos dos contidos.

    • As sesións de seminario destinaranse esencialmente a traballar de forma aplicada determinados aspectos dos contidos desenvolvidos nas sesións expositivas.

    • As horas de titorías en grupo dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno e da súa marcha no curso.

    • Con carácter complementario os alumnos e alumnas deberán realizar diversas actividades para a súa avaliación continua: exercicios, pequenos traballos, comentarios, resolución de casos prácticos... de carácter obrigatorio, que se realizarán de maneira presencial ou non presencial, segundo os casos. As lecturas que se establezan como obrigatorias deberán prepararse en horas non presenciais e no momento en que se determine.

    Os alumnos/as gardarán nunha carpeta ou cartafol todos os exercicios e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, organizado de maneira ordenada. Non se incluirá o material teórico, apuntamentos, lecturas propostas e todo o que non consista en traballo persoal. Esta carpeta do alumno poderá ser requirida polo profesor para a avaliación da materia.

    Nesta materia farase uso da docencia virtual. O alumnado deberá por tanto atender a aula do campus virtual e o seu correo rai.usc.es.



    Sistema de evaluación
    Para a avaliación da adquisición dos contidos e competencias terase en conta:
    a) Participación activa na clase, realización das actividades do curso e avaliación continua: 30% da cualificación global.
    b) Exame final escrito: 70% da cualificación global.

    SEGUNDA OPORTUNIDADE:
    Na convocatoria de segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios que na da primeira, tendo en conta que o 30% da cualificación correspondente a participación, actividades e avaliación continua será a obtida no curso.

    ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
    Os alumnos/as que obteñan a dispensa de asistencia á clase pola Xunta do centro e a acrediten debidamente realizarán o exame escrito previsto no calendario oficial, no que se baseará integramente a súa cualificación, tanto na convocatoria de primeira como na de segunda oportunidade.

    ALUMNADO REPETIDOR:
    Os alumnos/as repetidores que cursasen a materia anteriormente de maneira presencial e con avaliación continua poderán optar polo sistema de avaliación xeral ou polo reservado ao alumnado con dispensa de asistencia á clase.
    Os alumnos/as que opten por este último sistema (só exame) deberán comunicarllo ao profesor antes de rematar o mes de outubro.
    Os alumnos/as repetidores que non fosen avaliados no seu día por avaliación continua (é dicir, tendo en conta a súa participación activa e a realización de actividades de curso) serán avaliados conforme o sistema xeral (30%+70%), salvo que teñan dispensa de asistencia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase un total de 150 horas, distribuídas da seguinte maneira:

    -Sesións expositivas: 30 hs.
    -Sesións de seminario: 15 hs.
    -Sesións de titoría: 2 hs.
    -Sesións de avaliación: 3 hs.

    TOTAL ACTIVIDADE PRESENCIAL: 50 hs.

    -Estudo e preparación de actividades: 50 hs.
    -Realización de traballos de diverso tipo: 20 hs.
    -Lecturas: 15 hs.
    -Preparación de exames: 15 hs.

    TOTAL ACTIVIDADE NON PRESENCIAL: 100 hs.