Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051423 - Literatura galega contemporánea: narrativa (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia

    -Acadar un coñecemento panorámico das principais etapas da historia da narrativa galega contemporánea, da singularidade da súa configuración discursiva e do seu contexto de producción e recepción.

    -Coñecer en profundidade un conxunto de obras consideradas canónicas ou que permiten unha reflexión máis ampla sobre cuestións específicas do desenvolvemento da narrativa galega.

    Contidos
    1. O ALBOREXAR DA PROSA DE FICCIÓN EN GALEGO

    1. 1. López Ferreiro e a novela histórica

    1.2. Outras experiencias narrativas finiseculares. Pé das burgas de Fco. Álvarez de Nóvoa

    1.3. Debates estéticos no tempo das Irmandades. As primeiras coleccións de narrativa breve.

    2. DAS IRMANDADES DA FALA Á GUERRA CIVIL

    2. 1. Castelao e Dieste, dous proxectos estéticos da brevidade: Cousas e Dos arquivos do trasno.

    3. A NARRATIVA GALEGA DESPOIS DE 1950 E ATA 1980

    3.1. A RECONSTRUCCIÓN DO DISCURSO NARRATIVO NA GALICIA DO FRANQUISMO, UNHA TAREFA DE INDIVIDUALIDADES.

    Á lus do candil (1952) de Ánxel Fole.

    3. 2. A NARRATIVA DO EXILIO: Non agardei por ninguén, de Ramón de Valenzuela (1957, reed. Xerais 1989).

    3. 3. A NOVA NARRATIVA GALEGA: Percival e outras historias, de X. L. Méndez Ferrín

    3. 4. A DÉCADA DOS 70:
    Retorno a Tagen Ata (1971) de X. L. Méndez Ferrín.
    Adiós María (1971) de Xoana Torres.
    Remuíño de sombras (1973) de X. Neira Vilas.

    4. DE 1980 ÓS NOSOS DÍAS
    5 1. A NARRATIVA, NA PROCURA DA SÚA MAIORÍA DE IDADE
    -Ilustrísima (1980) de Carlos Casares
    -Un millón de vacas de Manuel Rivas (1989)

    NOTA. Enténdese que os estudantes coñecen xa as obras literarias de lectura obrigatoria nas materias de 1º “Introdución á literatura galega I e II”, pois serán obxecto de estudo e comentario ao longo deste curso; recomendase, en todo caso, a súa relectura.

    Bibliografía básica e complementaria
    Carro, X.: A obra literaria de E. Blanco-Amor, Vigo, Galaxia, 1993.
    Casas, A., Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, Vigo, Galaxia, 1994.
    Forcadela, M.: Manual e escolma da Nova Narrativa Galega, Santiago, Sotelo, 1993.
    Franco Grande, X. L.: Os anos escuros.I. A resistencia cultural da xeración "da noite" (1954-60), Vigo, Xerais, 1985.
    González-Millán, X.: A narrativa galega actual (1975-84), Vigo, Xerais, 1996.
    González-Millán, X.: Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación, Vigo, Galaxia, 1991.
    González-Millán, X.: Literatura e sociedade en Galicia (1975-90), Vigo, Xerais, 1994.
    Hermida, M., Narrativa galega: tempo do Rexurdimento,Vigo, Xerais, 1995.
    Lama, Mª X. e Vilavedra, D.: "La emigración a la Argentina en la literatura gallega", en La Galicia austral, X. Núñez Seixas ed., Buenos Aires, Biblos, 2001.
    Méndez Ferrín, X. L. Estudio introductorio a Pé das Burgas, Vigo, Xerais, 1988.
    Monteagudo, H., Alfonso R.Castelao, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2000.
    Noia, C.: A nova narrativa galega, Vigo, Galaxia, 1992.
    Requeixo, Armando, Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego, Vigo, Cumio, 1996.
    Risco, A., La obra narrativa de Vicente Risco,Vigo, Caja de Ahorros de Ourense, 1987.
    Rodríguez Fer, Claudio, Ánxel Fole. Vida e obra, Vigo, Xerais, 1997.
    Rodríguez, Francisco, Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada, Pontevedra, Cumio, 1993.
    Saavedra, Pegerto e Vilavedra, Dolores, “Introducción histórico-literaria” a Antonio López Ferreiro, 0 castelo de Pambre, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2005, pp. IX-LXVII.
    Salgado, X.M., ”O grupo Nós. 0 Seminario de Estudos Galegos”, Colóquio-Letras 137-138, pp. 93-114.
    Tarrío, A.: Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía, Vigo, Galaxia, 1989.
    Vilavedra, D.: "A emigración galega a Arxentina na narrativa galega", Estudios migratorios 11-12, 2001.
    Vilavedra, D.: "La narrativa gallega de los 80, una década de búsqueda", Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca IV, UNED, 1996.
    Vilavedra, D.: Sobre narrativa galega contemporánea, Vigo, Galaxia, 2000.
    VV. AA., "Para ler a Castelao. Estudios sobre a súa obra escrita". O volume é un anexo ós 6 tomos da Obra completa, Vigo, Galaxia, 2000




    Competencias
    O alumnado debe, ao remate do curso:

    -ter un coñecemento panorámico do proceso por medio do cal se foi constituíndo o discurso narrativo galego, dende as orixes ata o punto de inflexión que supuxo a chegada da autonomía política.

    - ser quen de identificar as singularidades, e os principais fitos, que caracterizan ese proceso.

    -ter lidos os textos obrigatorios, ser quen de formular propostas interpretativas sobre eles e hipótesis sobre calquera outro texto da época, a partir do seu coñecemento global desta

    -ser quen de ler, entender, sintetizar e valorar críticamente textos críticos sobre a narrativa da época

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as sesións expositivas co comentario das obras que figuran como obrigatorias no programa (vid, supra).

    Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.



    Sistema de evaluación
    Aplicable tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. O alumnado será avaliado por:

    1. Exame teórico-práctico no que se terá que demostrar que o coñecemento do programa. Realizaranse nas datas que marque o centro.
    Ata 8 puntos (80% da avaliación total).

    2.Participación na clase e valoración do aproveitamento por medio de comentarios das obras de lectura obrigada, da bibliografía que se lles mande ler ou de traballos que puntualmente se lles poida encomendar. Ata 2 puntos (20% da avaliación total). Esta porcentaxe terá efectos positivos na calificación final só cando a nota do exame sexa como mínimo un 5

    O alumnado que obteña unha dispensa de asistencia a clase, ou que por circunstancias persoais (que deben ser comunicadas ás profesoras nas primeiras semanas do curso, NON ao final) non poida asistir ás clases presenciais de forma habitual, poderá obter o 30% adicado á valoración da participación por medio dun traballo que se entregará por escrito e cuxo tema e enfoque se pactará previamente.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Trátase dunha materia de 6 créditos que prevé logo 150 horas de traballo do alumno.
    Actividades presenciais:
    -sesións expositivas: 2 h. por semana
    -sesións de seminario 1 h. por semana
    Actividades non presenciais dirixidas (lecturas): 50 h.
    Actividades non presenciais libres (estudo): 50 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia e participación na aula.
    -Estudo diario.
    -Consultas bibliográficas básicas.
    -Realizar as lecturas obrigadas e os exercicios que se marquen.
    -Pasar polas titorías para resolver problemas e calquera dúbida relacionada coa materia.