G5051425 - Morfosintaxis histórica do galego (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaNo marco dos obxectivos xerais do módulo de formación e do grao en que se integra, o obxectivo principal que se persegue coa materia de Morfosintaxe histórica do galego é que o alumno coñeza as liñas mestras do proceso de transformación que conduce desde o sistema morfosintáctico do latín ata o sistema do galego medieval e, posteriormente, desde o sistema medieval ata o moderno. Esta aprendizaxe realizarase sobre a base da previa adquisición dalgúns coñecementos básicos sobre o cambio lingüístico, a lingüística histórica e o latín vulgar.
Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de distinguir as características morfosintácticas de textos galegos de diferentes épocas, conectándoas de maneira crítica cos contidos de fonética histórica adquiridos na materia Fonética e fonoloxía histórica do galego, así como cos contidos de sociolingüística histórica adquiridos na materia de Historia da lingua galega.
ContidosPROGRAMA DAS SESIÓNS EXPOSITIVAS
Presentación da materia (2 hs.) [29 de xaneiro]
Bloque I. Temas introdutorios
1. A natureza dos cambios morfosintácticos (2 hs.) [5 de febreiro]
2. Repaso da morfoloxía latina (1 h.) [12 de febreiro]
Bloque II. Temas de morfoloxía
a) Morfoloxía nominal
3. O substantivo (3 hs.) [12 e 19 de febreiro]
4. O adxectivo (½ h.) [26 de febreiro]
5. Os pronomes
5.1. O pronome persoal e o clítico (2,5 hs.) [26 de febreiro e 5 de marzo]
5.2. O pronome posesivo (1 h.) [5 de marzo]
5.3. O pronome demostrativo e a creación do artigo (2 hs.) [12 de marzo]
5.4. Os pronomes indefinidos (cuantificadores, existenciais e de identidade) (1,5
hs.) [19 de marzo]
5.5. Os pronomes relativos, interrogativos e exclamativos (½ h.) [19 de marzo]
b) Morfoloxía verbal
6. O verbo (5 hs.) [26 de marzo, 2 e 9 de abril]
c) Outros temas de morfoloxía
7. O adverbio (2 hs.) [9 e 23 de abril]
8. Os relatores
8.1. A preposición (½ h.) [23 de abril]
8.2. A conxunción (½ h.) [23 de abril]
9. A intexección
Bloque III. Temas de sintaxe
10. A frase (nominal, adxectiva, adverbial) (1 h.) [30 de abril]
11. A oración
11.1. A oración simple (2 h.) [30 de abril e 7 de maio]
11.2. A oración composta (1 h.) [7 de maio]
PROGRAMA DAS SESIÓNS INTERACTIVAS
1. Fontes textuais e historia da lingua (30 de xaneiro)
2-3. A natureza dos cambios morfosintácticos (6 e 13 de febreiro)
4-5. O substantivo e o adxectivo (20 e 27 de febreiro)
6-7. O pronome (6 e 13 de marzo)
8-9. O verbo (20 e 27 de marzo)
10. Os relatores (3 de abril)
11. A frase (10 de abril)
12 e 13. A oración (24 de abril e 8 de maio)
Bibliografía básica e complementaria1. A lingüística histórica e o cambio lingüístico.
Aitchison, J. (1993): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel.
Bynon, Th. (1981): Lingüística histórica. Madrid: Gredos.
Coseriu, E. (1973): Sincronía, diacronía e historia. El problema del cambio lingüístico. Madrid: Gredos.
Elvira, J. (1998): El cambio analógico. Madrid: Gredos.
Elvira, J. (2009): Evolución lingüística y cambio sintáctico. Bern: Peter Lang.
Labov, W. (1994/2001): Principles of Linguistic Change. 2 vols [Volume 1: Internal Factors, 1994; Volume 2: Social Factors, 2001]. Oxford UK and Cambridge USA: Blackwell.
Penny, R. (2004): Variación y cambio en español. Madrid: Gredos.
Wardhaugh, R. (1992): Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela: Universidade, caps. 6, 7 e 8.
2. Historias da lingua.
Castro, I. (1991): Curso de História da Língua Portuguesa. 2 vols. Colaboração de: Rita Marquilhas, J. Léon Acosta. Lisboa: Universidade Aberta.
Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Mariño Paz, R. (2008): Historia de la lengua gallega. Muenchen: LINCOM Europa.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Galega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Monteagudo, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Teyssier, P. (1980): Histoire de la langue portugaise. Paris: PUF. Trad.ao portugués: História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa Editora, 1982.
3. Lingüística histórica galega e portuguesa.
Ali, M. Said (1931): Gramática histórica da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Edições Melhoramentos.
García de Diego, V. (1909): Elementos de gramática histórica gallega (Fonética-Morfología). Burgos: Hijos de Santiago Rodríguez. Ed. facsímil: Anexo 23 de Verba. Santiago de Compostela: Universidade, 1984.
Ferreiro, M. (1995): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Laiovento.
Ferreiro, M. (1997): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.
Huber, J. (1933): Altportugiesisches Elementarbuch. Heidelberg: Carl Winter. Trad.ao portugués: Gramática do português antigo. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1986.
Lorenzo, R. (1995): "La koiné gallega", in G. Holtus, M. Metzeltin e Ch. Schmitt (Hers): Lexikon der Romanistischen Linguistik. Band 2. Tübingen: Max Niemeyer, pp. 649-679.
Maia, C. de Azevedo (1986): História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XIII ao século XVI (com referência à situação do galego moderno). Coimbra: I.N.I.C.
Mariño Paz, R. (2003): O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas. Monografía 2 da Revista Galega de Filoloxía. Universidade da Coruña.
M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): "Historia da lingua galega", in Apéndice da Gran Enciclopedia Gallega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
Mattos e Silva, R. V. (1989): Estruturas trecentistas: elementos para uma gramatica do português arcaico. Lisboa: Imprensa Nacional/Casa da Moeda.
Mattos e Silva, R. V. (1993): O português arcaico: morfologia e sintaxe. São Paulo: Contexto.
Nunes, J. J. (1919): Compêndio de Gramática Histórica Portuguesa. Lisboa: Livraria Clássica Editora; 19899.
Williams, E. B. (1938): From Latin to Portuguese. Historical Phonology and Morphology of the Portuguese Language. Philadelphia/London: Oxford University Press. Trad.ao portugués: Do Latim ao Português. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro, 196
Competencias• Coñecer os principios do estudo do cambio lingüístico e algunhas nocións fundamentais en lingüística histórica.
• Coñecer unha tipoloxía básica das mudanzas morfolóxicas e sintácticas.
• Consolidar algunhas nocións elementais do latín vulgar (concepto e fontes de estudo) e coñecer os trazos máis sobranceiros da súa morfoloxía e da súa sintaxe.
• Coñecer as principais mudanzas morfolóxicas e sintácticas no paso do latín ao galego medieval e do galego medieval ao moderno.
• Identificar nun texto as características morfosintácticas que axudan a situalo na historia da lingua galega.
Metodoloxía da ensinanza CLASES EXPOSITIVAS
Nelas o profesor fará presentación dos contidos teóricos que conforman os bloques temáticos da materia.
CLASES INTERACTIVAS
Nestas sesións traballaranse de maneira aplicada algúns dos contidos do programa que son especialmente relevantes. Nas primeiras sesións abordaranse teórica e practicamente algúns contidos integrados no bloque dos temas introdutorios, nomeadamente a natureza dos cambios morfosintácticos e os paradigmas morfolóxicos do latín. Da cuarta sesión en diante as clases interactivas dedicaranse á análise e comentario de textos latinos, romances medievais e posmedievais seleccionados polo seu interese como depositarios de unidades morfosintácticas relevantes no establecemento das grandes liñas evolutivas da morfosintaxe da lingua galega.
Os alumnos terán que realizar tres exercicios que entregarán nas sesións 3 (13 de febreiro), 7 (13 de marzo) e 13 (8 de maio). Sobre os contidos destes exercicios daranse indicacións e ofreceranse materiais tanto na aula coma na USC virtual.
Estas clases interactivas serán dirixidas polo profesor, mais contarase sempre coa participación dos estudantes, que será obxecto de avaliación.
TITORÍAS PROGRAMADAS
Estas titorías dedicaranse á orientación dos traballos que os alumnos deben presentar ao profesor e á resolución de dúbidas. De ser o caso, dedicaranse tamén a exercicios de lectura de textos de diferentes épocas.
Utilizaranse como recurso docente as aulas virtuais do Campus Virtual.
Sistema de evaluaciónCONVOCATORIA DE MAIO
Sistema presencial
Poderano seguir unicamente aqueles alumnos que cumpran co requisito de non superaren o 20% de ausencia ás aulas sen xustificación.
Para o cálculo da nota final adoptaranse os seguintes criterios:
1. O exame, fixado oficialmente para o día 20 de maio de 2014, valerá o 60% da nota final.
2. Os tres exercicios que se deberán preparar para as clases interactivas 3, 7 e 13 supoñerán o 30% da nota final (10% cada un). Deberanse repetir aqueles traballos en que a nota obtida fose 4 ou menos de 4. A data límite para a entrega dos traballos repetidos será a do día do exame. Voluntariamente, tamén se poderán repetir os traballos nos que se teña unha cualificación inferior a 5.
3. A participación do alumno na aula supoñerá o 10% da nota.
Deberase alcanzar un mínimo de 4,5 puntos tanto no exame coma no conxunto dos tres exercicios prácticos. A media xeral terá que ser, como mínimo, de 5.
Os alumnos que teñan que presentarse ao exame do 4 de xullo de 2014 repetirán aqueles exercicios prácticos en que non alcanzasen un mínimo de 4,5 puntos e entregaranos o mesmo día do exame.
Dado que os alumnos que cursan o Grao en Lingua e Literatura Galegas deben conseguir un perfecto dominio oral e escrito do idioma galego, nos traballos e exames penalizaranse as faltas de ortografía e os erros gramaticais, léxicos, etc. que se cometan. Tamén se penalizarán as incorreccións da expresión oral que se observen nas distintas intervencións que os alumnos fagan na aula.
Sistema non presencial
É o previsto para os alumnos que non asistan ás clases ou que o fagan superando o 20% de faltas sen xustificar. Estes alumnos presentaranse ao exame final de carácter oficial que está establecido para o mes de maio de 2014, de acordo coas previsións da Xunta de Facultade. Nel darase conta dos contidos globais da materia (100% da cualificación).
CONVOCATORIA DE XULLO
Coincide co sistema non presencial da convocatoria de maio: exame final de carácter oficial que está establecido para o mes de xullo de 2013, de acordo coas previsións da Xunta de Facultade. Nel darase conta dos contidos globais da materia. (100% da cualificación).
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS
- Clases expositivas: 30 horas
- Clases interactivas: 15 horas
- Titorías programadas: 2 horas
- Exames: 3 horas
Total de horas de actividades presenciais: 50 horas
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Estudo e preparación de actividades programadas: 50 horas
- Preparación das sesións interactivas: 20 horas
- Lecturas: 20 horas.
- Preparación de exames: 10 horas
Total de horas de actividades non presenciais 100 horas
ObservaciónsHORARIO DE TITORÍA
Xavier Varela Barreiro (despacho 216 da Facultade de Filoloxía)
Correo electrónico: xavier.varela@usc.es
Mércores, de 9:00 a 11:00, no despacho 216
Venres, de 10:30 a 14:30, no despacho 216
HORARIO DE AULAS (2º semestre)
Mércores, de 11:00 a 12:00, na aula 20 (CLEO1)
Mércores, de 12:00 a 13:00, na aula 20 (CLEO1)
Xoves, de 10:00 a 11:00, na aula 18 (CLIS_O1)