G5051426 - Literatura galega contemporánea: outras modalidades textuais (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura contemporánea a través de figuras, tendencias e textos relevantes pertencentes a modalidades habitualmente menos estudadas.
- Analizar de maneira específica algunhas manifestacións literarias representativas do teatro, o ensaio e o xornalismo literario.
- Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica, e comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
Contidos1.- A literatura dramática / discurso espectacular: desaxustes no sistema galego
- O teatro nos inicios do século XX
- O teatro "Nós"
- O "Teatro de máscaras" de Otero Pedrayo
- Cunqueiro autor teatral
- A “Xeración Abrente”
- Os anos oitenta e noventa
2.- O ensaio en lingua galega
- O nacemento do ensaio. Problemas de definición
- O ensaio da posguerra
- O ensaio no período democrático
3.- O xornalismo literario
- Literatura e xornalismo
- O xornalismo galego: contexto e problemas
- Autores relevantes
Bibliografía básica e complementariaCarballo Calero, R. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963, 3ª ed.
Biblioteca Virtual Galega, www.bvg.udc.es
Diccionario de termos literarios. Equipo Glifo. Centro Ramón Piñeiro apra a Investigación en Humanidades, www.cirp.es
Poesíagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP/Consello da Cultura Galega, http://www.poesiagalega.org/
Tarrío Varela, A. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica). Vigo: Xerais, 1994.
Vilavedra, D., Dicionario de literatura galega.Vigo: Galaxia, 1995-2004, vols. 1 (Autores), 3 (Obras) e 4 (Termos e institucións).
Vilavedra, D. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.). Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2001-2002.
VV. AA., Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996.
*Nota: Na Guía Docente indicarase unha bibliografía específica para cada bloque temático.
Competencias- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea
- Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego contemporáneo nas súas diferentes manifestacións
- Coñecemento de autores e obras significativas da literatura dramática, o ensaio e o xornalismo literario contemporáneos.
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas estarán dedicadas á exposición de contidos centrais da materia. Apoiaranse en lecturas de textos.
As sesións de seminario dedicaranse á discusión de produtos literarios de distinta natureza.
As titorías programadas teñen carácter obrigatorio e dedicaranse a facer un seguimento personalizado do alumnado.
As actividades consistirán na elaboración de traballos relacionados coas modalidades textuais estudadas. Ao inicio de cada tema entregarase un guión de traballo no que figuren os contidos que se van desenvolver, así como unha bibliografía de consulta específica.
Sistema de evaluaciónA avaliación levarase a cabo conforme os seguintes parámetros:
1. Asistencia e participación do alumnado nas sesións de clase. Suporá un 30% da cualificación final.
2. Realización en prazo das actividades propostas. Suporá un 20% da nota final.
3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da nota final.
Na convocatoria de xullo, o alumnado que asistise con regularidade á clase e realizase os traballos propostos no punto 2. poderá solicitar que lle sexan tidos en conta na mesma porcentaxe. Esta posibilidade non será válida para convocatorias sucesivas.
O alumnado que non poida ser avaliado conforme os puntos 1 e 2 deberá realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100% da cualificación final.
As faltas de asistencia ocasionais poderán ser compensadas con actividades complementarias acordadas co profesor.
Tempo de estudo e traballo persoalSesións expositivas: 38 horas
Sesións de seminario: 6 horas
Sesións de titoría programadas: 4 horas
Sesións de avaliación: 2 horas
Horas de traballo dirixido: 40
Horas de traballo autónomo: 60