G5051441 - Planificación e normalización lingüística do galego (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaIniciación aos conceptos básicos da sociolingüística aplicada e a glotopolítica especialmente relevantes para a situación do galego.
Avaliación crítica das posibilidades e límites da planificación lingüística.
Coñecemento dos principais problemas, propostas e actuacións sobre a situación social do galego nos últimos trinta anos, especialmente da lexislación e o marco normativo máis relevante.
Coñecemento do traballo de entidades e institucións envolvidas en tarefas de planificación sociolingüística en Galicia.
Coñecemento dos procedementos de observación, estudo e avaliación das políticas lingüísticas e os seus resultados.
Contidos1. Introdución: glotopolítica e planificación sociolingüística.
Lingua e identidade colectiva. O nacionalismo lingüístico: lingua, nación e estado no mundo contemporáneo.
2. Nocións básicas de política e planificación lingüística.
As áreas da intervención glotopolítica: corpus, estatus e a adquisición. Tipoloxías e modalidades de política lingüística. A reversión dos procesos de substitución lingüística e a normalización lingüística. O ciclo da planificación sociolingüística: do diagnóstico á avaliación.
3. Política(s) lingüística(s) na España e Galicia contemporáneas.
Política(s) lingüística(s) no Estado Español no período contemporáneo, con especial atención ao período democrático. Política lingüística e planificación en Galicia no período autonómico. O marco xurídico-legal: Constitución española, Estatuto de Autonomía e Lei de Normalización Lingüística. Do marco legal á acción gobernamental.
4. Os axentes e os instrumentos da planificación sociolingüística.
Principais axentes, institucións e organismos. A promoción do galego en distintos ámbitos: administracións públicas, ensino, medios de comunicación, empresa e mercado. Modelos de ensino plurilingüe. O debate sobre o modelo educativo no ensino: decretos 124/2007 e 79/2010 da Xunta de Galicia.
Bibliografía básica e complementariaBoix, E. (2009): "A política lingüística do Estado", en H. Monteagudo (coord.), Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago: Consello da Cultura Galega, 103-28.
Cooper, R. L.: La planificación lingüística y el cambio social. Cambridge: CUP, 1997.
Fernández Paz, A. / Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F.: A planificación lingüística nos centros educativos. [Santiago:] Xunta de Galicia, 2007.
MacRae, K. (1994): “El establecimiento de una política lingüística en sociedades plurilingües: cinco dimensiones cruciales”, en Bastardas, A. / Boix, E.: ¿Un Estado, una lengua?. La organización política de la diversidad lingüística. Barcelona: Octaedro; 75-98.
Mezo, Josu: "Políticas de recuperación lingüística: unha tipoloxía baseada na teoría de xogos", Grial 136 (1997), 559-81.
Monteagudo, H. & Bouzada, X. (coords.): O proceso de normalización do galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas, Santiago: Consello da Cultura Galega, 2002.
Monteagudo, H. (2012): Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. A Coruña: Real Academia Galega.
Silva Valdivia, B. (2008):"Lingua e escola en Galicia. Balance e perspectivas de futuro", Grial 179, 48-59.
Subiela, X.: “O idioma galego. Alarmas e esperanzas”, Tempos Novos. Anuario 2010, 247-76.
Subiela, X. (2008): "As razóns da lingua galega", Grial 179, 32-47.
Varios Autores, A normalización lingüística a debate, Vigo, Eds. Xerais, 2002.
Bibliografía complementaria e obras de consulta
Ferreira Fernández, A. X. / Nogueira López, A. / Tato Plaza, A. / Villares Naveira, L.: O estatuto xurídico da lingua galega. Vigo: Xerais, 2005.
García Negro, M. do P.: O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa: Eds. do Cumio, 1991.
Graña Martínez (coord.), V.: Lexislación da lingua galega. Santiago: Xunta de Galicia, 2002.
Monteagudo, H.: As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Vigo: Galaxia, 2009.
Monteagudo, H. (coord.): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009.
CompetenciasManexo crítico dos conceptos básicos da sociolingüística aplicada e a glotopolítica especialmente relevantes para a situación do galego.
Manexo dos procedementos de observación, estudo e avaliación das políticas lingüísticas e os seus resultados.
Interpretación dos principais problemas, propostas e actuacións sobre a situación social do galego nos últimos trinta anos, especialmente da lexislación e o marco normativo máis relevante.
Interpretación práctica das disposicións normativas e legais sobre o galego e o castelán.
Relación con entidades e institucións envolvidas en tarefas de planificación sociolingüística en Galicia.
Avaliación de políticas lingüísticas e de programas de intervención normalizadora.
Iniciación á elaboración dun plan de normalización ou dinamización sociolingüística.
Iniciación ao funcionamento real e métodos de traballo dun servizo lingüístico nunha institución pública.
Exposición e discusión pública das cuestións máis relevantes relacionadas coa política lingüística.
Manexo de internet para obter información relevante.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases teóricas desenvolveranse os conceptos e categorías de análise básicos.
Os estudantes irán realizando as lecturas indicadas polo profesor, seguindo o desenvolvemento das explicacións na aula.
Nas clases prácticas realizaranse visitas a unidades de traballo (servizos de lingua de institucións públicas), onde se explicará o funcionamento e métodos de traballo de cada unha delas. Estas visitas estarán precedidas de exploración en internet da información relevante para cada centro. Realizarase un traballo obrigatorio sobre unha destas visitas, a elección de cada estudante.
Excepcionalmente, e previo acordo co profesor, poderán realizarse traballos en grupo.
Igualmente, previo acordo co profesor, poderase realizar o traballo sobre outro asunto ao previsto nos parágrafos anteriores.
Sistema de evaluaciónA asistencia ás clases prácticas é obrigatoria e condición indispensable para aprobar a materia. A inasistencia non xustificada a máis do 20% delas implicará a imposibilidade de realizar o exame final da materia, tanto na convocatoria de maio coma na de xullo.
Sistemas de avaliación
A. Avaliación continua
1. Asistencia e participación nas aulas: 10%.
2. Elaboración de comentarios: 40%.
3. Traballo de curso obrigatorio: 50%.
Os/as estudantes que non superen a materia por avaliación continua, deberán facer o exame en segunda convocatoria. Neste caso, o profesor indicará se o traballo de curso obrigatorio resulta satisfactorio ou debe ser feito de novo.
B. Avaliación por exame e de estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
1. Asistencia e participación nas aulas prácticas/ interactivas: 10%.
2. Traballo de curso obrigatorio: 50%.
3. Exame final: 40%.
No caso de avaliación por exame, será preciso obter neste unha puntuación mínima de 6 sobre dez para poder aprobar a materia. No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes deberán obter unha nota mímina de 7 sobre dez no exame final para superar a materia.
C. Avaliación na convocatoria de xullo
1. Os/as estudantes que optasen pola modalidade de avaliación continua (A) conservarán a nota do traballo (50% da nota final) no caso de que fose avaliado positivamente, e realizarán un exame que contará por un 50% da nota, debendo superar esta proba cunha nota mínima de 5 sobre dez.
2. Os/as estudantes que optasen pola modalidade de avaliación por exame ou con dispensa de asistencia ás aulas (B), conservarán a nota do traballo (50% da nota final) no caso de que este fose avaliado positivamente, e realizarán un exame que contará por un 50% da nota, debendo superar esta proba cunha nota mínima de 6 (avaliación por exame) ou 7 (con dispensa de asistencia) sobre dez.
D. Avaliación de estudantes ERASMUS e estanxeiros/as
Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros/as en situación especial, poderán ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.
Tempo de estudo e traballo persoalA asistencia ás clases é fundamental.
O número de horas de traballo calculado para a lectura/consulta da bibliografía básica é de aproximadamente 2 horas semanais durante tres meses. A realización do traballo práctico consumirá aproximadamente 15 horas. Na preparación do exame investiranse aproximadamente 10 horas de traballo.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás clases.
Seguimento puntual do programa de lecturas.
Preparación previa das visitas guiadas aos centros, mediante a consulta das correspondentes páxinas web.
Realización e entrega gradual e puntual dos comentarios.
Na páxina web persoal do profesor atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/
ObservaciónsRecursos en rede:
http://consellodacultura.org/
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/ (Centro de Documentación Sociolingüística- CCG)
http://ilg.usc.es/ (Instituto da Lingua Galega - USC)
http://www.usc.es/snl/ (Servizo de Normalización Lingüística- USC)
http://www.xunta.es/linguagalega/ (Secretaría Xeral de Política Lingüística- Xunta de Galicia)
http://www.santiagodecompostela.org/facendo_cidade/tramite.php?txt=fc_lingua&id_t=128&lg=gal (Lingua- Concello de Santiago)
En particular, na páxina web persoal do profesor atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/