G5051442 - A poesía galega contemporánea nos seus textos (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaContextualización dos textos propostos no panorama da lírica galega contemporánea.
Analiza-la transcendencia e recepción das obras a estudar.
Estudo global dos poemarios sinalados así como dos poemas máis representativos.
Contidos1.- O rexistro poético dun narrador: Ramón Otero Pedrayo, Poesía. Vigo: Galaxia, 2010.
2.- A "fabulosa" recreación da materia literaria: Álvaro Cunqueiro, Poesía 1933-1981. Vigo: Galaxia, 20ll.
3.- Un caso de intertextualidade restrinxida: X.L.Méndez Ferrín, Estirpe. Vigo, Xerais, 1994.
4.- Unha nova formulación poética: Manuel Rivas, Ningún cisne. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1989. Tamén en Do descoñecido ao descoñecido. A Coruña: Laiovento, 2003, pp. 193-241.
5.- Novas voces poéticas.
Bibliografía básica e complementariaCarballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia, 1981.
Forcadela, M., "Poesía de posguerra", capítulo 34 do t. IV da Historia da literatura galega da ASPG.
Méndez Ferrín, X.L., De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais, 1984.
Rodríguez Fer, C., Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Xerais, 1989.
Tarrío, A. (coord.), Galicia. Literatura. Vol. XXXIII: "A literatura desde 1936 ata hoxe. Poesía e teatro" (2001). A Coruña: Hércules Ed.
Vilavedra, D. (coord.). Diccionario da literatura galega.I. Autores. Vigo: Xerais, 2001.
CompetenciasConseguir que o alumnado teña a máis completa visión dos textos a estudar.
Garanti-la capacidade do estudante para interpreta-los trazos que definen a poética dos autores obxecto de estudo.
Ser quen a identifica-la singularidade poética dos poemas designados.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as sesións expositivas co comentario dalgúns textos literarios nas sesións prácticas
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases a fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula
Nos inicios de curso fixaranse as titorías personalizadas. Nelas o profesor fará un seguimento do proceso de aprendizaxe, o alumnado terá que demostra-lo seu grao de aproveitamento e expoñe-las súas dúbidas.
Sistema de evaluaciónExame final (70%)
Valoración da participación na aula (30%)
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso.
Os criterios expostos manterán validez nas cualificacións de maio e nas de xullo.
Aqueles alumnos que por diferentes motivos tivesen debidamente acreditada a exención ás sesións presenciais, deberán entregar un traballo que será proposto polo profesor ó comezo de curso, a fin de substituí-la porcentaxe da nota que lles correspondería de teren participado na aula.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais do tempo de docencia presencial (54 hs.) -sesións expositivas + seminario + titorías programadas-, o alumno debe dedicar ó traballo persoal o tempo seguinte:
26 hs. de lecturas programadas.
70 hs. de estudo.
Recomendacións para o estudo da materiaResulta moi conveniente que o alumno repare con atención nos textos e nas indicacións que sobre eles vaia facendo o profesor, no día a día, ó longo do curso.