G5051443 - Lexicografía e terminografía galegas (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer as particularidades da lexicografía e da terminoloxía como disciplinas lingüísticas, así como as subdivisións que se establecen no seu interior.
Destacar a importancia da lexicografía e da terminografía para a sociedade.
Coñecer a tipoloxía de dicionarios existentes e as particularidades de cada tipo de obra.
Coñecer os pasos que hai que dar para encarar a elaboración dunha obra lexicográfica e terminográfica.
Coñecer a terminoloxía específica da lexicografía e da terminografía.
Coñecer as características fundamentais da macroestrutura, a microestrutura e a megaestrutura das obras lexicográficas.
Coñecer os principais problemas que se presentan á hora de elaborar unha entrada lexicográfica ou unha ficha terminográfica e as alternativas existentes.
Reflexionar criticamente sobre as obras e as entradas lexicográficas, traballando esencialmente con dicionarios de galego.
Coñecer os dicionarios galegos de maior relevancia e as súas particularidades.
Coñecer o traballo terminográfico que se desenvolve en Galicia e as súas particularidades.
Contidos1. Lexicografía e terminoloxía como disciplinas lingüísticas
1.1 A lexicografía
1.2 A terminoloxía e a terminografía
2. A produción lexicográfica e terminográfica. Tipoloxía
3. As fontes das obras lexicográficas e terminográficas
3.1 As fontes primarias
3.1.1 A introspección
3.1.2 Os arquivos de citas
3.1.3 Os córpora
3.2 As fontes secundarias
4. A planificación
5. A macroestrutura dos dicionarios
5.1 A selección do léxico
5.2 A organización dos lemas
5.3 O establecemento dos lemas
6. A microestrutura dos dicionarios
6.1 A ortografía
6.2 A pronuncia
6.3 A etimoloxía
6.4 A información gramatical
6.5 As combinacións de palabras
6.6 O establecemento e ordenación das acepcións
6.7 As definicións dos dicionarios monolingües
6.8 Os equivalentes dos dicionarios bilingües
6.9 Os exemplos
6.10 A marcación diasistemática
6.11 As marcas de transición semántica
6.12 A información paradigmática
7. A megaestrutura dos dicionarios
8. A produción terminolóxica e terminográfica galega
Bibliografía básica e complementariaLEXICOGRAFÍA
Fontenelle, Thierry (ed.) (2008): Practical Lexicography. A Reader. Oxford: Oxford University Press.
González Seoane, E. (2003): "A lexicografía galega moderna", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 165-227 [accesible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/normalizacion_iii.pdf].
González Seoane, E. / A. Santamarina / X. Varela Barreiro (2008): A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da lingua galega.
Haensch, Gunter et alii (1982): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid: Gredos.
Martínez de Sousa, José (2009): Manual básico de lexicografía. Gijón: Ediciones Trea.
Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003): Lexicografía española. Barcelona: Ariel.
Porto Dapena, José-Álvaro (2002): Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco Libros.
Porto Dapena, José-Álvaro (2009): Lexicografía y metalexicografía. Estudios, propuestas y comentarios (Anexo 12 da Revista de Lexicografía). A Coruña: Universidade.
Santamarina, A. (dir.) (2003): “Introdución”, Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 2000 [accesible en http://sli.uvigo.es/ddd/index.html, “Limiar do Dicionario de dicionarios”].
Sue Atkins, B. T. / M. Rundell (2008): The Oxford Guide to Practical Lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Sterkenburg, P. van (2003): A Practical Guide to Lexicography. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins.
Svensen, B. (2009): A handdbook of Lexicography. The Theory and Practice of Dictionary-Making. Cambridge: Cambridge University Press.
TERMINOGRAFÍA
Barros, L. Almeida (2004): Curso básico de terminologia. São Paulo: EDUSP.
Cabré, M. Teresa (1992): La terminologia: la teoria, els mètodes, les aplicacions. Barcelona: Editorial Empúries (trad. ao castelán La terminología. Teoría, metodología, aplicaciones. Barcelona: Antártida / Empúries, 1993).
Felber, H. / H. Picht (1984): Métodos de terminografía y principios de investigación terminológica. Madrid. CSIC.
Finatto, M. J. B. / M. G. Krieger (2004): Introdução à terminologia: teoria e prática. São Paulo: Contexto.
Franquesa i Bonet, E. (2008): La terminologia: un mirall del món. Barcelona: UOC.
Galanes Santos, I. (2003): "A terminoloxía en Galicia", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 229-288 [accesible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/normalizacion_iii.pdf].
Pavel, S. et al. (2011): Tutorial Pavel de Terminología. Oficina de Traducións do Ministerio de Obras Públicas e Servizos Gubernamentais de Canadá. [dispoñible en http://www.btb.termiumplus.gc.ca/didacticiel-tutorial/lecon-lesson-1/index-spa.html (última actualización 06 / 06 / 2011)]
Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega (dispoñible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/metod_terminoloxia.pdf).
S. E. Wright, G. Budin (1997-2001): Handbook of terminology management. Amsterdam: John Benjamins, 2 vol.
Competenciaso Elaborar entradas lexicográficas de diferentes tipos.
o Comentar a microestrutura dunha entrada lexicográfica, empregando a terminoloxía específica.
o Valorar criticamente un dicionario e unha entrada lexicográfica, desde perspectivas diferentes e complementarias.
o Situar unha entrada lexicográfica nun determinado período da lexicografía galega e xustificar a súa forma.
Metodoloxía da ensinanza O proceso de ensino / aprendizaxe vehicularase a través das seguintes vías:
o Clases expositivas e interactivas: a profesora introducirá conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en exercicios, comentarios... que se utilizarán para traballar de forma aplicada algúns dos contidos expostos, para solucionar dúbidas e fixar coñecementos, así como para introducir de maneira práctica algúns conceptos do programa. Na realización das actividades empregaranse técnicas grupais, individuais e cooperativas.
o Titorías programadas: como o resto das actividades, serán de asistencia obrigatoria. Estarán destinas a preparar e facer un seguimento dalgúns dos traballos que debe realizar o alumno, así como á resolución de dúbidas e preparación do exame.
o Actividades de curso: trátase de exercicios, traballos ou comentarios que serán recollidos pola profesora. Algunhas destas actividades terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen, mentres que outros se desenvolverán exclusivamente na clase.
o Lecturas: ao longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Estas lecturas poderán ser precisas para a realización de traballos ou simplemente para a adquisición de contidos incluídos no programa da materia.
Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles nas aulas virtuais.
Sistema de evaluaciónA avaliación da consecución das competencias realizarase a partir dos seguintes ítems:
SISTEMA PRESENCIAL
OPORTUNIDADE ORDINARIA (MAIO)
Actividades do curso (40% da cualificación global): ao longo do curso, a profesora cualificará diversos traballos, exposicións e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo.
Valorarase a calidade dos contidos presentados e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño, a corrección lingüística e a presentación (formato, redacción ou claridade expositiva...). En todos os traballos entregados que requiran un mínimo de desenvolvemento escrito, reservarase 1 punto (sobre 10) para avaliar aspectos de redacción e, no seu caso, formato. A este último respecto, estará depositado na platarforma virtual un documento con indicacións sobre o estilo apropiado para un traballo académico escrito (presentación de bibliografía, formas de citar...).
Os alumnos que non presenten ou realicen estas actividades no día ou prazo indicado pola profesora serán cualificados cun 0, agás que documenten unha causa xustificada. Nesta última circunstancia, indicarase no seu caso un novo prazo.
Exame escrito dos contidos da materia (60% da cualificación global): realizarase un exame escrito na data oficial indicada no calendario. Valorarase o dominio dos contidos teórico-prácticos, pero tamén do código normativo e da coherencia e cohesión textual. Cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4 (sobre 10) no exame para optar a superar a materia.
Asistencia e participación: Farase unha valoración cuantitativa e cualitativa da participación e intervencións dos alumnos nas clases (comentarios, dúbidas, preguntas, respostas...). Os alumnos que destaquen neste ítem poderán beneficiarse dun incremento de como máximo o 10% da nota obtida entre exame e traballos.
OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (XULLO):
Actividades do curso (40% da cualificación global): o alumno poderá decidir que actividades vai repetir (ou realizar de novo, no caso de que non o fixera previamente) de entre aquelas nas que obtivo unha cualificación inferior a 5 (ou non obtivo cualificación ningunha). Todas as actividades terán que ser realizadas por escrito e deberán ser entregadas o día do exame oficial. As actividades que non se entreguen este día serán valoradas coa mesma nota obtida na primeira oportunidade.
Exame escrito dos contidos da materia (60% da cualificación global): deberán presentarse aqueles alumnos que non obtiveron un 4 (sobre 10) na oportunidade de maio. De novo, é preciso obter un mínimo de 4 (sobre 10) para poder alcanzar o aprobado global. Os alumnos suspensos na materia que non se presenten a este exame serán cualificados neste ítem coa mesma nota que alcanzaron na primeira oportunidade.
Opcionalmente, tamén se poden presentar aqueles alumnos que, alcanzando a nota mínima de 4 no exame na primeira oportunidade, non superaron a materia por razón das baixas cualificacións nas actividades de curso. No entanto, estes alumnos poden optar tamén por entregar só os traballos, conservándoselles a nota do exame obtida en maio.
Asistencia e participación: é aplicable o indicado para a oportunidade ordinaria.
SISTEMA NON-PRESENCIAL
Os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da xunta do centro e a acrediten debidamente (tamén os alumnos repetidores que así o desexen ou aqueles que non poidan asistir a clase por razóns debidamente xustificadas sobrevidas ao longo do curso) rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na oportunidade de maio como na de xullo:
Exame escrito dos contidos da materia (70% da cualificación global): no exame escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados para os alumnos que asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 (sobre 10) para optar a superar a materia.
Actividades (30% da cualificación global): os estudantes que opten por este sistema extraordinario deberán concertar unha cita coa profesora antes do 30 de febreiro para que esta lles indique os traballos que deben realizar, así como os prazos de entrega.
Os parámetros xerais de valoración do exame e das actividades coinciden cos indicados para os alumnos que asisten ás clases.
Os alumnos que, tendo aprobado o exame na oportunidade de maio, non superaron a materia por razón das baixas cualificacións nas actividades de curso poderán optar na oportunidade de xullo por repetir o exame ou por entregar só os traballos, conservándoselles entón a nota do exame obtida en maio.
OBSERVACIÖNS
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os alumnos que conten con dúas ou máis cualificacións non serán avaliados como Non-Presentados, independentemente de que non asistan ao exame final. Isto tamén é aplicable aos alumnos que seguen un sistema non-presencial e teñan entregados dous ou máis traballos dos requiridos.
2. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. Daquela, na cualificación tanto dos exames como dos traballos e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico...) (-0'2 por falta).
3. No caso de que os alumnos superen algunhas das partes da materia obxecto de avaliación (asistencia e participación / actividades de curso), pero obteñan no exame escrito unha cualificación inferior a 4, é posible que o resultado numérico que se obteña ao sumar a cualificación das distintas partes sexa igual ou superior a 5. Non obstante, dado que para superar a materia é requisito imprescindible obter un mínimo de 4 no exame, o alumno non estará suspenso. En tales casos, a nota que se asignará na acta correspondente será 4,9.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 32
Sesións interactivas: 16
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 54
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 15
Preparación directa de contidos: 47
Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 34
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 96
TOTAL HORAS: 150