G5051444 - A narrativa galega contemporánea nos seus textos (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaConseguir que o alumnado teña unha visión panorámica da narrativa galega das últimas décadas, que coñeza as principais correntes e modalidades, así como un conxunto de textos canónicos ou que ofrecen determinadas singularidades que permiten unha reflexión máis ampla, a partir da súa relación con correntes sociais e de pensamento. O obxectivo último é que o estudantado poida valorar con pertinencia o extraordinario desenvolvemento experimentado pola narrativa galega no período estudado, que coñeza os fitos máis importantes dese proceso e que sexa quen de interpretalo en relación cos discursos sociais contemporáneos.
Propiciar unha primeira achega do alumnado ao discurso meteliterario e crítico de certo nivel, co fin de que poña a proba a súa capacidade interpretativa.
ContidosContidos: A renovación da narrativa dende 1980
1. Introducción.
Marco cronolóxico: 1975 (morte de Franco)-1980 (referendum pola autonomía galega). Cuestión sistémicas. Grandes fitos do proceso de renovación do discurso narrativo: premios, novos xéneros, etc.
-Dos anxos e dos mortos de Anxo R. Ballesteros (Vigo, Galaxia, 1977; reed. 91). Un texto fundacional ou o peche dunha etapa?
2. ¿Qué foi da NNG? Unha ollada á evolución dalgúns dos seus continuadores:
-X. L. Méndez Ferrín: de Percival e outras historias a “Amor de Artur” (en Amor de Artur, Vigo, Xerais, 1982).
-Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul (Vigo, Galaxia, 1996)
3. Novos autores, novos camiños:
3. 1. Víctor F. Freixanes, O triángulo inscrito na circunferencia (Vigo, Galaxia, 1982).
3. 2. Suso de Toro, Polaroid (Vigo, Xerais, 1986).
3. 3. Darío X. Cabana, Galván en Saor (Vigo, Xerais, 1989).
4. Exocentrismo e endocentrismo.
-O policial: de Carlos Reigosa e Aníbal Malvar a Domingo Villar e Diego Ameixeiras (lectura dunha novela dalgún destes autores a escoller).
-¿Unha literatura bravú?: Jaureguízar, Fridom speak (Vigo, Xerais, 1995).
-A pegada da posmodernidade: Xurxo Borrazás, Eu é (Santiago, Sotelo, 1996).
-A evolución no tratamento da guerra civil: A noite branca (Xerais, 2012) de Fco. Fernández Naval.
Bibliografía básica e complementariaFreixanes, Víctor, "A narrativa galega dos últimos anos: a Nova Fronteira", Colóquio/Letras 137-38, 1995.
Figueroa, Antón, Diglosia e texto, Vigo, Xerais, 1987.
Gaspar, Silvia, "A narrativa excéntrica (1985-95)", Grial 127, 1995.
Gaspar, Silvia, "La novela gallega (1975-1998)", Ínsula 629, 1999.
González Millán, Xoán, "A cuestión dos xéneros na periferia literaria", A trabe de ouro 23, 1995.
González Millán, Xoán, A narrativa galega actual (1975-84). Unha historia social, Vigo, Xerais, 1996.
González Millán, Xoán, Literatura e sociedade en Galicia (1975-90), Vigo, Xerais, 1994.
González Millán, Xoán, Silencio, parodia e subversión, Vigo, Xerais, 1991.
González-Millán, Xoán, "Do nacionalismo literario a unha literatura nacional. Hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega", Anuario de estudios literarios galegos 1994.
Rodríguez, Francisco, Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación), Vilaboa, Cumio, 1990.
Seara, Teresa, "Narrativa breve: un camino de diversidad", Ínsula 629, 1999.
Tarrío, Anxo, "Dez anos de narrativa", Grial 89, 1985.
Tarrío, Anxo, De letras e de signos, Vigo, Xerais, 1987.
Vilavedra Fernández, Dolores, Manual e escolma do relato galego. Unha ollada dende os nosos días, Santiago, Sotelo, 1995.
Vilavedra, Dolores (2001b): “A narrativa galega, ás voltas co presente”. Letras galegas en deusto. Dez anos de estudios galegos 1991-2001. Deusto, Universidade.
Vilavedra, Dolores (2006): “A Guerra Civil na narrativa galega. Un ámbito moral”. Grial 170. 128-33.
Vilavedra, Dolores (2007a). “Unha achega ao discurso narrativo de autoría feminina”. Madrygal 10: 145-151.
Vilavedra, Dolores (2007b). “De, en, sobre…La literatura gallega y la Transición”. Memoria literaria de la Transición española. Javier Gómez-Montero (ed.). Iberoamericana-Vervuert Verlag, 2007. 173-183.
Vilavedra, Dolores, A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010, Vigo, Galaxia, 2010
VVAA, "Dossier Xénero Negro en Galicia", Anima+l 1, 1991.
CompetenciasO alumnado debe, ao remate do curso:
-ter un coñecemento panorámico das principais modalidades narrativas da época estudada
e ser quen de poñelas en relación co contexto socio-histórico
-ter lidos os textos obrigatorios, ser quen de formular propostas interpretativas sobre eles e hipótesis sobre calquera outro texto da época, a partir do seu coñecemento global desta
-ser quen de ler, entender, sintetizar e valorar críticamente textos críticos sobre a narrativa da época
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as sesións expositivas co comentario de textos literarios nas sesións prácticas. Estes serán ben as lecturas que figuran como obrigatorias no programa (vid, supra), ben textos que a profesora entregará ao alumnado como mínimo dous días antes.
Cada estudante terá que preparar ao longo do curso unha exposición centrada nunha das obras ou temas do programa que presentará nunha das sesións de seminario previamente acordada. Ademais, poderá entregar tamén por escrito ese traballo para que sexa obxecto dunha valoración máis axustada por parte da profesora.
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
Ao comezo do curso fixaranse citas de titorías personalizadas co alumnado. Nelas acordarse o artigo que cada estudante ten que comentar e a sesión aproximada en que o fará. Antes de facer a exposición deberá reunirse en titoría coa profesora, para supervisar o proceso, expor dúbidas, etc..
Sistema de evaluaciónAplicable tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.
Exame final. A calificación obtida suporá un 80% da nota final.
Valoración da participación en clase (20% da nota final). Esta terá efectos positivos na calificación final só cando a nota do exame sexa como mínimo un 5. A participación estará encamiñada fundamentalmente a demostrar que se está a facer unha lectura crítica e progresiva dos textos obrigatorios, poñéndoos en relación co que se explica nas sesión expositivas. A profesora valorará especialmente, por medio de controis orais, o feito de que esas lecturas se vaian facendo ao ritmo axeitado. Na valoración da participación inclúese tamén a exposición oral do traballo que cada estudante terá que facer.
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
Excepcionalmente, e sempre que se informa á profesora no seu momento (nunca a posteriori) teranse en conta circunstancias individuais que condicionen o seguimento do curso no día a día. Nese caso pactarase coa profesora unha fórmula de avaliación que combine exame e traballo. Este non será obxecto de exposición na aula senón que se entregará só por escrito e valorarase nun 20% da nota final+80% do exame. Esta fórmula aplicarase tamén ao estudantado que obteña unha dispensa de asistencia a clase.
Máis de tres faltas sen xustificar poderán ter consecuencias negativas na calificación final (un 10% menos da calificación por cada tres faltas non xustificadas) e, en todo caso, anularán a posibilidade de que o estudantado se beneficie do 20% de valoración por asistencia e participación.
Tempo de estudo e traballo persoalTrátase dunha materia de 6 créditos que prevé logo 150 horas de traballo do alumno.
Actividades presenciais:
-sesións expositivas: 2 h. por semana
-sesións de seminario 1 h. por semana
Actividades non presenciais dirixidas (lecturas): 50 h.
Actividades non presenciais libres (estudo): 50 h.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ imprescindible levar as lecturas obrigatorias feitas á aula no momento en que se estea a explicar cada tema para o óptimo aproveitamento das sesións.