G5061102 - Lingua inglesa 1 (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDende o punto de vista lingüistico-comunicativo, con este módulo o estudante deberá acadar un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.
Comprensión oral:
Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc.
Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
Comprensión de lectura:
Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo.
Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.
Interacción oral:
Desenvolver[se] en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa.
Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).
Expresión oral:
Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, soños, esperanzas e ambicións.
Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos.
Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película
Describir as reaccións propias.
Expresión escrita:
Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal.
Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
ContidosGramática e léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel B1, necesarios para a realización de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como: a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, as tecnoloxías de uso cotiá, o fogar e a vida familiar, etc. No que toca á gramática, abordaranse cuestións relativas ao uso correcto dos tempos verbais, os verbos modais, as estructuras condicionais ou a expresión da negación, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras. Ademais, ao longo do curso porase unha énfase especial no estudio dos medios dos que dispón o inglés para a realización de funcións comunicativas básicas relacionadas co uso da lingua en contextos da vida diaria, tales como: a expresión de opinións (apreciación e desconformidade ou desgusto), de preocupación, como dar ou pedir consellos, expresar unha necesidade, emitir e entender unha advertencia, explicar e pedir axuda para resolver un problema persoal, pedir e conceder permiso, dar conta das opinións e das ideas de terceiras persoas, narrar acontecementos ocorridos na vida diaria, etc.
Bibliografía básica e complementariaMateriais de uso obrigatorio
Manual correspondente ao nivel B1 do MCER
Gramática correspondente ao nivel B1 do MCER
Libro de lecturas obrigatorias
Diccionarios recomendados
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Recursos en liña de consulta e autoaprendizaxe:
Dicionarios (inglés e inglés-español)
http://www.thefreedictionary.com/ (inglés)
http://www.ldoceonline.com/ (inglés)
http://dictionary.cambridge.org/ (inglés)
http://www.wordreference.com/ (inglés e inglés-español)
http://www.learnersdictionary.com/ (inglés)
http://dictionary.reference.com/ (varios, en inglés)
http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html (inglés-galego)
http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)
Sinónimos, antónimos etc.
http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
(con exercicios)
http://www.englishpage.com/grammar/
(con exercicios)
Miscelánea (actividades, tests, lectura, podcasts...):
English Test Net
http://www.english-test.net/
About.com:
http://esl.about.com/
Easy English:
http://www.easyenglish.com/
A4esl.org:
http://a4esl.org/
UsingEnglish.com:
http://www.usingenglish.com/
English Page
http://www.englishpage.com/
(gramática, exercicios, vocabulario, escritura...)
BBC Learning English
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
(gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...)
British Council - Learning English
http://www.learnenglish.org.uk/
(gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...)
University of Victoria - Language Center
http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm
CompetenciasAdemais dos obxectivos específicos relativos ao nivel de lingua que se deberá acadar, as actividades prácticas realizadas no marco desta materia permitirán aos estudantes pór en práctica e desenvolver unha serie de destrezas de carácter transversal:
- A través da utilización dos medios e recursos suxeridos ao longo do curso, os estudantes consolidarán as súas destrezas no manexo dunha serie de ferramentas de autoaprendizaxe dispoñibles libremente a través da rede, demostrando e mellorando así as súas capacidades para a aprendizaxe autónoma.
- A realización de pequenos proxectos centrados na resolución de problemas concretos permitiralles aos estudantes desenvolver as súas destrezas de investigación, en concreto as relativas á localización de fontes de información e á extracción, valoración crítica e utilización adecuada dos datos obtidos.
- Os estudantes desenvolverán tamén a súa capacidade para argumentar e expor con claridade os seu puntos de vista, ao tempo que adquiren flexibilidade para admitir perspectivas distintas, mellorando deste xeito as súas habilidades para participar de forma construtiva en debates.
- A interacción habitual en grupos pequenos axudaralles aos estudantes a mellorar as súas destrezas interpersoais, necesarias para a toma de decisións e a organización do traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza As clases teórico-expositivas combinarán breves presentacións por parte do profesor, particularmente de cuestións de índole gramatical, léxica e de uso do inglés, coa realización de actividades prácticas na aula por parte dos alumnos, individualmente ou en grupo. O profesor encargado da parte teórico-expositiva regularmente proporá como complemento a realización fóra da aula por parte dos alumnos de actividades sobre cuestións lingüísticas que requiran, pola súa complexidade, unha práctica intensa e reforzada, pequenas actividades de investigación sobre cuestións de índole lingüística ou non relacionadas cos temas que se abordan na aula ou participación en actividades de grupo tales como debates a través das cales se busca que o alumno poña en práctica as súas competencias comunicativas en inglés. Para a realización de todas estas actividades fóra da aula está previsto que se empregue o Campus Virtual da USC. Este instrumento servirá tamén como canle adicional para o seguimento e titorización dos estudantes.
As clases interactivas serán impartidas en grupos reducidos (máximo 20 alumnos) nunha aula-seminario ou no laboratorio de idiomas. O número reducido de participantes nestas sesións pretende unha participación activa dos estudiantes nas actividades da aula, particularmente centradas no desenvolvemento das competencias orais e escritas do alumno. Parte destas sesións serán impartidas polos mesmos profesores encargados das clases expositivas e terán como obxectivo complementar e desenvolver cunha orientación máis práctica os contidos abordados naquelas, mellorar a comprensión oral e a pronuncia con exercicios específicos nos que se empregarán as tecnoloxías dispoñibles no centro. Os alumnos terán ademáis unha sesión semanal cun profesor-lector falante nativo de inglés co que traballarán específicamente as competencias activas de presentación e interacción oral e escrita.
As titorías personalizadas levaránse a cabo a través do campus virtual da USC ou serán impartidas en grupos moi reducidos dun máximo de dez alumnos. O profesor encargado será o mesmo ca o das clases teórico-expositivas. As titorías serán unha ocasión propicia para manteren profesor e alumno un contacto directo que permita monitorizar o progreso do alumno no curso, incluído o seu grao de adquisición dos coñecementos e habilidades que son obxecto de tratamento nas sesións “de aula” e no campus virtual, e de poder xa que logo ulteriormente solicitar/ofrecer un consello personalizado que lle permita acadar mellor os obxectivos do curso. O profesor aproveitará ademais as titorías para comprobar a realización por parte do alumno das tarefas complementarias e de reforzo previstas para a súa realización fóra da aula. Por último, proporase nas primeiras semanas do curso a realización de lecturas (de artigos ou libros) que poderían ir acompañadas dalgunha activade complementaria de comprensión de texto, investigación, etc. das que se daría conta específicamente durante as sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónO grao de consecución dos obxectivos da materia por parte do estudante valorarase por medio de varios procedementos combinados tal e como se recolle a continuación:
- Exame escrito final: 4 puntos
- Avaliación continua por medio de actividades supervisadas a través do curso virtual e as titorías personalizadas: 1,5 puntos
- Exame de composición escrita: 2,5 puntos
- Exame oral: 2 puntos
Os exames escritos realizaranse na data establecida oficialmente polo centro e constituirán, xunto coa avaliación das actividades realizadas ao longo do curso, un único bloque ao que corresponderá o 80% da cualificación final. O restante 20% da nota corresponderá ao resultado obtido nun exame oral, a data do cal se anunciará coa suficiente antelación. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente. A superación da parte escrita será un requisito previo para a realización posterior da proba oral. No caso de non superar esta última, na segunda oportunidade de xullo manteranse: a cualificación obtida para a parte escrita no exame de xaneiro e a nota da avaliación continua correspondente ás actividades realizadas durante o período de docencia.
A avaliación continua dos alumnos con dispensa oficial de asistencia realizarase tendo en conta a súa participación nas actividades establecidas na aula virtual do curso.
Tempo de estudo e traballo persoal150 horas, das cales 54 corresponden a horas de presencia na aula (clases expositivas, prácticas e titorías) e 96 a traballo persoal do alumno fóra da aula.