Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5061121 - Historia e cultura dos países de fala inglesa (Maior en Lingua e Literatura Inglesas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA.NON
MOURON FIGUEROA, CRISTINA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-C)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (D-F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (G-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (M-O)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (P-R)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (S-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O principal obxectivo da materia Historia e cultura dos países de fala inglesa é ofrecer ó estudante de Filoloxía Inglesa unha visión o máis completa posible non só dos principais acontecementos históricos máis importantes dos distintos períodos que conforman a historia das Illas Británicas, a Commonwealth a os Estados Unidos desde as súas orixes ata a actualidade senón tamén das características socioculturais máis relevantes de cada un deles co fin de profundar na formación humanística do estudante e favorecer a súa identificación coa cultura das Illas Británicas, dos Estados Unidos e da Commonwealth.
    Un segundo obxectivo será que o/a alumno/a asimile con éxito os contidos que se detallan na seguinte sección

    Contidos
    Esta materia ofrece unha perspectiva xeral da historia das illas británicas desde o período prehistórico ata o momento contemporáneo, prestando especial atención a aqueles aspectos económicos, sociais e culturais que teñen contribuido a que a cultura británica acadara un papel destacado no contexto mundial actual. Esta materia ofrecerá ademáis aos estudantes unha perspectiva xeral da historia dos Estados Unidos de América desde o período precolonial ata os acontecementos máis salientables do século XXI, centrándose nos aspectos que sentaron as bases do que hoxe chamamos cultura dos Estados Unidos. O programa se completa cunha perspectiva da historia da Commonwealth británica.
    UNIDADES

    1.- Prehistoria. Introducción xeral
    2.- Celtas e Romanos
    3.- Saxóns, Daneses e Normandos
    4.- A Idade Media
    5.- O Renacemento
    6.- O século XVIII
    7.- A Revolución Industrial e o Imperio Británico
    8.- O Século XX en Gran Bretaña e Irlanda. Perspectivas do Século XXI
    9.- Norteamérica Pre-colonial e Colonial. A Revolución Americana
    10.- O Século XIX: A Conquista do Oeste e o Conflicto Norte-Sur
    11.- O Século XX en EE. UU. Perspectivas do Século XXI
    12.- A Commonwealth Británica





    Bibliografía básica e complementaria
    Esta lista bibliográfica concíbese como unha guía xeral. Para cada un dos temas proporcionarase bibliografía máis específica en clase.

    As Illas Británicas

    Arnold-Baker, Charles. The Companion to British History. (Routledge, London & New York, 2001).
    Black, J. A. A History of the British Isles. (MacMillan Press Ltd., London, 1996).
    Black, J. A. A New History of England. (Sutton Publishing, Reading, Berkshire, 2000).
    Bradshaw, B & Roberts, P. British Consciousness and Indentity. (Routledge, 1998).
    Briggs, A. A Social History of England. (Penguin Books, 1991).
    Cannon, J. and Griffiths. The Oxford Illustrated History of the British Monarchy. (Oxford University Press, Oxford, 1988).
    Cannon, J. The Oxford Companion to British History. (Oxford University Press, Oxford, 2002).
    Cunliffe, B. Facing the Ocean. The Atlantic and its People (Oxford University Press, Oxford, 2001).
    Fry, S. & Plantagenet, P. A History of Ireland. (Routledge, London & New York, 1993).
    Gardiner, J. ed. Who's Who in British History. (Collins & Brown, London, 2000).
    Gusdorf, F. & John Wisdom. 2008. Anglofun Great Britain. Ellipses.
    Kearny, H. The British Isles. A History of Four Nations. (Cambridge University Press, Cambridge, 1995).
    Kramer, J. Britain and Ireland. A Concise History. (Routledge, London & New York, 2007).
    Lindop, C. and Fisher, D. Discover Britain. A Practical Guide to the Language, Country and People. (Cambridge University Press, Cambridge,1986).
    Longman. Longman Dictionary of English Language and Culture. (Longman, 1993).
    MacDowall, D. Britain in Close-up. (Longman, Essex, 1997).
    Marshall, P. J. ed. The Cambridge Illustrated History of the British Empire. (Cambridge University Press, Cambridge, 1996).
    Miles, D. The Tribes of Britain (Phoenix, London, 2006).
    Morgan, D. A Short History of the British people. (Verlag Enzyclopädie, Leipzig, 1989).
    Morgan, K.O. ed. The Young Oxford History of Britain and Ireland. (Oxford University Press, Oxford, 1996).
    Morgan, K.O. ed. The Oxford Illustrated History of Britain. (Oxford University Press, Oxford, 1997, 2009).
    Norman, E. A History of Modern Ireland. (Penguin, Suffolk, 1971).
    O' Hegarty, P.S. A History of Ireland under the Union. (Methuen, London, 1952).
    Oakland, J. British Civilization. (Routledge, London, 1991).
    Pounds, N. J. G. The Culture of the English People. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
    Pryor, F. Britain B.C. Life in Britain and Ireland before the Romans. (Harper Perennial, London, 2004)
    Ranelagh, J. O´Beirne. A Short History of Ireland. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
    Seymour, J. The Countryside Explained. (Penguin Books, 1979).
    Speck, W.A. Historia de Gran Bretaña. (Cambridge University Press, Cambridge, 1996).
    Stamp, L.D. The British Isles: A Geographic and Economic Survey. (Ekos & Stanley H. Beaver, 1963).
    Trevelyan, G.M. A Shortened History of England. (Penguin, London, 1987).
    Turner, G. British Cultural Studies: an Introduction. (Unwin Hyman, Boston, 1990).
    Valdés Miyares, J.R. & Tazón Salce, J.E. A Sourcebook of British Civilization. (Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones, 1996).
    Wales, Prince of. A Vision of Britain. (Doubleday, London, 1989).
    Wood, E. S. Historical Britain. (The Harvill Press, London, 1997).


    As páxinas web que se mencionan a continuación poden ser tamén de gran axuda e interese para o/a alumno/a: Generales:

    www.britannia.com
    www.royal.gov.uk
    http://www.bbc.co.uk/history/
    www.wikipedia.org

    Específicas:
    Los celtas: http://www.historyworld.net/
    La Britannia romana: http://www.roman-britain.org/
    La Inglaterra anglosajona:
    http://www.britainexpress.com/History/dark_ages_index.htm and
    http://www.regia.org/history/history.htm
    Los vikingos en Inglaterra: www.viking.no/e/england/index.html
    El tapiz de Bayeaux: http://www.bayeuxtapestry.org.uk/
    Ricardo I y las Cruzadas: http://www.templarhistory.com/richard.html
    Inglaterra y las Cruzadas: http://wwwcrusades.boisestate.edu/Europe/england/
    Economía y sociedad en las ciudades medievales:
    http://www.trytel.com/~tristan/towns/townint7.html
    Economía y sociedad en la Inglaterra medieval:
    http://history.wisc.edu/sommerville/123/123%2013%20Society.htm
    Inglaterra en la Edad Media:
    http://www.historylearningsite.co.uk/england_medieval.htm
    Las Guerras de las Rosas y Ricardo III: www.richardiii.net
    La era victoriana: http://www.victorianweb.org/
    La Commonwealth: http://www.thecommonwealth.org/
    Oliver Cromwell: www.olivercromwell.org
    Guerra civil en el período de los Estuardo: www.british-civil-wars.co.uk
    La Iglesia Anglicana: www.cofe.anglican.org
    Acontecimientos históricos y características socioculturales de Gran Bretaña desde la Edad Media hasta la actualidad: http://www.historylearningsite.co.uk/

    EE. UU y Commonwealth

    Boorstin, Daniel Jr. (ed) Estados Unidos. Una civilización. Barcelona: Labor, 1974.
    Brogan, Hugh. Longman History of the United States. Nueva York: Longman, 1985
    Brogan, Hugh. The Penguin History of the United States of America. Londres: Penguin, 1985.
    Burns, M. John et al. The National Experience. A History of the United States of America. Nueva York: Harcourt, Brace and World, 1963.
    Caughney, John W. and Ernest R. Man. A History of the United States of America. Chicago: McNally, 1964.
    Cook, Chris. Longman Handbook of Modern American History 1763-1996. Londres: Longman, 1994.
    Crothers, George. American History. Nueva Cork: Holt, Rinehart and Wnston, 1964.
    Fawcet, Edmund and Tony Thomas. America, Americans. Londres: Collins, 1983.
    Forner E and J. A. Garraty (eds). The Reader’s Companion to American History. Boston: Houghton/Mifflin, 1991.
    Johnson, Paul. A History of the American People. Londres: Phoenix Press, 1997.
    Johnson, Thomas H. The Oxford Companion to American History. Nueva York: Oxford UP, 1966.
    Jones, Maldwyn A. The Limits of Liberty. American History 1607-1992. Nueva York: Oxford UP, 1995.
    Morrison, Samuel Eliot. The Oxford History of the American People. Nueva York: Oxford UP, 1965.
    Nevins, Allan. A History of the American People from 1492. Londres: Oxford UP, 1970.
    Purvis, Thomas. A Dictionary of American History. Cambridge, Ma: Blackwell, 1997.
    Silverman, Jason. American History Befote 1877. Nueva York: McGraw-Hill, 1989.
    Zeuske, Max. A Short History of the United States of America. Leipzig: Verlag, 1989.


    Competencias
    Requisitos previos:

    Requírese que os/as alumnos/as teñan coñecemento previo da lingua inglesa (nivel medio-alto), español e galego. Así mesmo, terán que posuír unha certa base de coñecementos históricos xenerais adquirida na educación secundaria.


    As competencias, destrezas e habilidades a desenvolver polo/a alumno/a nesta materia son os seguintes:

    - lectura comprensiva de textos e análises dos mesmos
    - capacidade para relacionar os diversos acontecementos históricos dunha determinada época cos doutra
    - debate
    - responsabilidade do seu propio traballo
    - estimulación do pensamento crítico e independente
    - aceptación da diversidade cultural
    - creatividade
    - Práctica e consolidación da lingua inglesa escrita

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía a empregar ten sempre como alicerce fundamental ó/á alumno/a polo que se tratará de fomentar a súa participación, que é básica para o funcionamento da clase, mediante actividades, ilustracións e explicacións prácticas.
    Aínda que é certo que os contidos da materia préstanse máis a unha explicación principalmente teórica, procurarase combinar o enfoque teórico cunha aproximación de carácter máis práctico. Para conseguir este fin, contaremos co apoio de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias de documentos históricos, proxección de películas históricas e/ou documentais, retratos e biografías dos principais personaxes e personalidades da época a tratar, artigos, etc.

    En xeral, a nosa estratexia didáctica segue o modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (2 horas teóricas á semana), o/a profesor/a ofrece unha aproximación ós contidos esencialmente teórica (apoiándose sempre en ilustracións prácticas como fotocopias, mapas, documentos históricos, etc.). Para a fase práctica, os/as alumnos/as realizarán diversas actividades relacionadas co tema. Finalmente, dentro da fase de produción, o/a alumno/a deberá acometer tarefas de corte máis autónomo como por exemplo resumos, tests ou participación nos debates que terán un peso importante na avaliación continua da materia.


    Para a avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as seguintes actividades:

    1. Previamente á explicación de cada tema, o/a alumno/a lerá a sección correspondente no manual Lang, S. 2011. British History for Dummies. Wiley (John Wiley & Sons Ltd Publication) e outras fotocopias. Non se recomenda ningún libro de texto. Con todo, estas lecturas axudarán ao estudante a obter unha visión xeral dos contidos de cada tema. Desta forma, poderá asimilalos máis facilmente e achegarse a eles con espírito crítico. Ademais, foméntase a participación porque o/a alumno/a posuirá, deste xeito, o coñecemento suficiente como para facer comentarios e preguntas sobre cuestións que non entenda. En cada tema incluirase, ademais, bibliografía máis específica.
    2. O/a alumno/ou deberá realizar uns tests relacionados coa cultura e civilización británicas (tests Anglofun) e/ou ler textos e/ou artigos relacionado cos principais acontecementos históricos explicados na clase e facer uns resumos ou contestar a unhas preguntas sobre os contidos. As tarefas deben ser entregadas á profesora en clase e polo propio/a alumno/a antes do prazo indicado pola mesma. Doutro xeito, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
    3. Proxectaranse escenas de películas e/ou documentais de relevante contido histórico. Durante a proxección, o/a alumno/a deberá tomar notas. Na hora seguinte o/a alumno/a reponderá a algunhas preguntas sobre as escenas. A tarefa será entregada á profesora na clase. Esta actividade determina se o estudante asimilou ou non os contidos teóricos.

    4. Farase un debate nas sesións interactivas. Os/as alumnos/as, guiados/as pola profesora, discutirán temas controvertidos que se deriven da explicación dos contidos. O debate axuda a reforzar a capacidade crítica coa que o/a alumno/a se enfrónta ós feitos históricos, a súa creatividade e a competencia do debate. A profesora controlará a asistencia e a participación.

    Todas as tarefas incluiranse no dossier persoal do/da alumno/a e serán tidas en conta para a avaliación continua. Deste xeito, incídese na competencia da responsabilidade xa que o/a alumno/a participa no proceso da avaliación continua porque se fai responsable do seu propio traballo.



    Sistema de evaluación

    Os/as alumnos/as terán que ler e resumir os textos e/ou artigos (ou responder a algunhas preguntas sobre o mesmo), facer os tests Anglofun, asistir ás películas e facer os correspondentes tests, asistir e participar nos debates e facer o exame final en xaneiro e/ou xuño. A nota da avaliación continua conta un 40% da nota final e o exame final conta un 60%. IMPORTANTE: É absolutamente necesario acadar mínimo un 3 de 6 (= 5 de 10) no exame para que faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, suspéndese a materia.

    Os/as estudantes que están oficialmente exentos da asistencia a clase ou aqueles/aquelas que repitan a materia poden entregar as tarefas da avaliación continua noutras datas tamén determinadas pola profesora. Sen embargo, deberán realizar igualmente o exame en xaneiro e/ou xuño.

    A nota da avaliación continua gárdase para o exame de xuño.

    O sistema de avaliación é o mesmo para xaneiro que para xuño.

    O que segue indica as actividades, os criterios utilizados para a avaliación e as porcentaxes das actividades da avaliación continua:

    -Exame: Coñecemento dos contidos teóricos 60%
    O restante 40% da nota corresponderá á elaboración das seguintes actividades:
    -Tests Anglofun: Entrega dentro do prazo estipulado, calidade, corrección na expresión de ideas, capacidade para a análise crítica, capacidade de relacionar contidos, corrección na expresión escrita
    -Tests sobre as películas: asistencia ás proxeccións, calidade, corrección na expresión de ideas, capacidade de relacionar contidos, corrección na expresión escrita
    -Debates: asistencia ao debate, corrección na expresión oral, corrección na expresión de ideas, capacidade para a análise crítica, participación activa



    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia abrangue 15 semanas:

    Semana Sesión expositiva Sesión expositiva Sesión interactiva
    1 Unidade 1 Unidade 2 Textos/documentos
    2 Unidade 2 Unidade 2 Película
    3 Unidade 3 Unidade 3 Test da película
    4 Unidade 3 Unidade 3 Textos/documentos
    5 Unidade 4 Unidade 4 Tests/Textos/documentos
    6 Unidade 4 Unidade 4 Textos/documentos
    7 Unidade 4 Unidade 5 Película
    8 Unidade 5 Unidade 5 Test da película
    9 Unidade 6 Unidade 6 Película
    10 Unidade 7 Unidade 7 Test da película
    11 Unidade 8 Unidade 8 Textos/documentos
    12 Unidade 9 Unidade 9 Textos/documentos
    13 Unidade 10 Unidade 10 Película
    14 Unidade 11 Unidade 11 Test da película
    15 Unidade 12 Unidade 12 Debate


    Xa que esta é unha materia ECTS, o/a estudante necesitará 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase moi especialmente a asistencia a clase así como a complementación dos contidos dados en clase coa bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, o/a alumno/a accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final en xaneiro e/ou xuño.
    Tamén se animará aos/ás alumnos/as a asistir a calquera tipo de actividade que lles poida pór en contacto con aspectos históricos, sociais ou culturais da historia de Gran Bretaña, Irlanda, EEUU e Commonwealth (representacións teatrais, películas históricas, etc.), por exemplo, estreas de películas históricas no cine. O profesor/a pode propor tamén a lectura opcional de libros de ficción enmarcados nunha determinada época da histórica británica como The Pillars of the Earth ou World without End de Ken Follet ou The Sunne in Splendour de Sharon Penman sobre a Guerra das Rosas. Poderánse proporcionar outros títulos previa petición do/ da alumno/a.

    Observacións
    A materia impartiráse preferiblemente en inglés, ainda que ocasionalmente se poderá usar o galego e o castelán
    Non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet