Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5061222 - Introdución á literatura norteamericana (Maior en Lingua e Literatura Inglesas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FRA LOPEZ, PATRICIA.NON
MIGUEZ BEN, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-C)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (D-F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (G-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (M-O)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (P-R)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (S-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Percorrido introdutorio da historia da literatura norteamericana, que inclúe a obra de ficción dalgúns dos seus escritores máis representativos, tanto en relato curto como en poesía ou en teatro. Nas primeiras seccións do programa, reflexionaremos sobre os acontecementos literarios máis importantes ocorridos en Norteamérica dende o establecemento das primeiras colonias británicas, e así leremos tanto sermóns escritos polos Puritanos como textos pertencentes á tradición oral nativo-americana ou ensaios e cartas que describen a era da Revolución. Das unidades 3 á 7, centrarémonos nos diversos movementos literarios que aterraron na cultura norteamericana, dende a “New England Renaissance” e o Romanticismo, ao Realismo e ao Naturalismo no século XIX, así como a literatura escrita por mulleres ou a literatura de entreguerras. O obxectivo principal é proporcionarlles aos estudantes un espectro amplo do que se coñece como “Literatura Norteamericana”, e que conforma unha base esencial de preparación para a comprensión das obras e movementos incluídos nos programas das materias “Literatura Norteamericana I e II”.
    Contidos
    UNIDADE 1. INTRODUCCIÓN Á LITERATURA NORTEAMERICANA

    UNIDADE 2. O PERÍODO COLONIAL ATA 1776
    - JOHN SMITH'S
    - ANNE BRADSTREET:
    -MARY ROWLANDSON.

    UNIDADE 3. AS ORIXES DEMOCRÁTICAS E OS ESCRITORES DA REVOLUCIÓN (1776-1820)
    - BENJAMIN FRANKLIN,
    - OLAUDAH EQUIANO.
    - PHILLIS WHEATLEY,

    UNIDADE 4. ROMANTICISMO E TRANSCENDENTALISMO
    - WASHINGTON IRVING,
    - RALPH WALDO EMERSON,
    - EDGAR ALLAN POE,
    - NATHANIEL HAWTHORNE,
    - WALT WHITMAN,
    -FREDERICK DOUGLASS.
    -HARRIET JACOBS.
    - EMILY DICKINSON,

    UNIDADE 5. REALISMO E NATURALISMO
    - HENRY JAMES,

    UNIDADE 6. MULLERES ESCRITORAS DE FINAIS DO SÉCULO XIX
    - MARY WILKINS FREEMAN,
    - CHARLOTTE PERKINS GILMAN,

    UNIDADE 7. LITERATURA DE ENTREGUERRAS 1914-1945
    - SUSAN GLASPELL.
    - WILLIAM FAULKNER.

    UNIDADE 8. A FICCIÓN EN NORTEAMÉRICA A FINAIS DO SÉCULO XX
    - ALICE WALKER,
    - BOBBIE ANN MASON
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    -BAYM, Nina (ed) "The Norton Anthology of American Literature" New York: Norton, 2008 (5th ed.) 84 NORTO 1 & 2
    -BERCOVITCH Sacvan (ed), The Cambridge History of American Literature, vol. 1: 1590-1820, vol. 2: 1820-1865, Cambridge U.P., Cambridge, 1994. 82(73).09 BER 1; 82(73).09 BER 2
    - CONN, Peter, Literature in America: An Illustrated History, Cambridge UP., Cambridge, 1989.
    - ELLIOTT, Emory (ed.), Columbia Literary History of the United States, Columbia University Press, Nova York, 1988.
    -LAUTER, Paul (gral. ed.) The Heath anthology of american literature. Lexington, Massachusetts : Heath and Company, cop. 1990. 82 HEAT 1 1 & 2
    - RULAND, Richard e Malcolm BRADBURY, From Puritanism to Postmodernism: A History of American Literature, Routledge, Londres e Nova York, 1991.
    Bibliografía complementaria:
    - ABEL, Darrel, The Moral picturesque: studies in Hawthorne's fiction West Lafayette, Purdue University Press, Indiana, 1990 [82(73).09 ABE-2]
    - ADERMAN, Ralph M. (ed.), Critical Essays on Washington Irving, G. K. Hall, Boston, 1990.
    - ALLEN, Gay Wilson, The Solitary singer: a critical biography of Walt Whitman, The University of Chicago Press Chicago, 1985 [82.09 ALLEN-1]
    - AMMONS, Elizabeth , "Writing Silence: 'The Yellow Wallpaper.'" Conflicting stories: American women writers at the turn into the twentieth century, pp. 34-43 e 207-208, Oxford University Press, Nova York, 1992 [82(73).09 AMM-1]
    - AUERBACH, Jonathan, The Romance of failure: first-person fictions of Poe, Hawthorne, and James, Oxford UP, Nova York, 1989.
    - BEER, Janet, Kate Chopin, Edith Wharton and Charlotte Perkins Gilman: Studies in Short Fiction, St. Martin’s, Nova York, 1997.
    - DEVOTO, Bernard, Mark Twain's America, University of Nebraska Press, Lincoln, 1997 [82(73).09 DEVO-1]
    - DEWEY, Joseph e Brooke HORVATH (eds. lits.), The Finer thread, the tighter weave : essays on the short fiction of Henry James West Lafayette, Purdue, University Press Indiana, 2001.
    -FERGUSON, James Faulkner’s Short Fiction. Knoxville: The U of Tennessee P. (1991) [82(73).09 FERG 1]
    - FREEDMAN, Jonathan (ed.), The Cambridge Companion to Henry James, Cambridge UP, Cambridge, 1998.
    - GOLDEN, Katherine (ed.), The Captive Imagination: A Casebook on “The Yellow Wallpaper”, The Feminist Press, Nova York, 1992.
    -HAYES, Kevin J. The Cambridge companion to Edgar Allan Poe Cambridge ; New York : Cambridge UP, 2002 [82(73).09 HAY 1]
    JOHNSON, Ivonne. The voices of African American women: the use of narrative and authorial voice in the Works of Harriet Jacobs, Zora Neale Hurston and Alice Walker. New York: Peter Lang, 1998. [82(73).09 JOH.Y 1]
    - KILCUP, Karen L. (ed. lit.), Nineteenth-century American women writers: a critical reader, Blackwell, Oxford, 1998.
    - MARTIN, Wendy (ed), The Cambridge companion to Emily Dickinson, Cambridge University Press, Cambridge, 2002 [82(73).09 MAR 2]
    - MAY, Charles E., Edgar Allan Poe: A Study of the Short Fiction, Twayne, Boston, 1991 [82(73).09 MAY-1]
    - MACINTOSH, James (ed.), Nathaniel Hawthorne's tales: authoritative texts, backgrounds, criticism, W. W. Norton & Company, 1987 [82 HAW-15]
    - PAPKE, Mary E., Verging on the abyss: the social fiction of Kate Chopin and Edith Wharton, Greenwood, Nova York, 1990 [82(73).09 PAP-1]
    - PEEPLES, Scott , Edgar Allan Poe Revisited, Twayne, Nova York, 1998 [82(73).09 PEE-1]
    - PETRY, Alice Hall, “Freeman's New England Elegy” Studies in Short Fiction 21.1, 1984, pp. 68-70.

    Competencias
    - Dominio dos rexistros culturais utilizados na literatura en Norteamérica dende o establecemento das colonias ata finais do século XX.
    - Dominio das técnicas utilizadas para a análise de textos.
    - Fomento da discusión e defensa das diferentes interpretacións dos textos mediante a análise detallada de relatos/poemas concretos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Unha combinación de clases maxistrais nas sesións teóricas e das prácticas de análise de textos nas sesións interactivas.
    Tamén empregaremos materiais audiovisuais para as presentacións na clase.
    Fomentaremos a participación activa nas discusións e a interpretación individual mediante a lectura da bibliografía complementaria e a preparación e entrega de preguntas chave sobre os textos que haberá que analizar.
    Así mesmo, fomentarase a toma de responsabilidade dos estudantes mediante a presentación oral de traballos na clase.
    Sistema de evaluación
    O mesmo sistema de avaliación será aplicado nas dúas convocatorias ordinarias (xaneiro e xullo)

    Teránse en conta os seguintes criterios

    -Asistencia e Participación activa (10 % da nota, ata 1 punto). Na avaliación final dos alumnos terase en conta a súa participación activa durante as clases. A valoración deste aspecto realizarase sobre a base dos exercicios e probas de comentario que se realicen oralmente ou por escrito durante o curso.

    -Traballo escrito obrigatorio/ actividades (20% da nota, ata 2 punto) sobre algún dos textos analizados no programa do curso. Estes traballos faranse, ou individualmente ou en grupos de ata tres alumnos, baixo a estreita supervisión do profesor e deberán ser entregados ao remate do primeiro cuadrimestre (derradeira semana de xaneiro). Estes traballos son de carácter obrigatorio e a obtención dunha cualificación de “apto” é un requisito indispensable para a superación da materia.

    - Exame escrito final (ata 7 puntos). O grao de asimilación dos contidos do curso por parte dos alumnos avaliarase por medio dunha proba escrita final que se celebrará nas datas fixadas de forma oficial polo centro para as convocatorias de xaneiro e xullo.

    Todos os exercicios e probas realizaranse en inglés, alomenos os alumn@s do grao en lingua e literatura inglesa. Valorarase positivamente a capacidade crítica e de síntese, a estruturación adecuada dos ensaios e a claridade no manexo dos conceptos. Valorarase, asímesmo, globalmente a corrección no uso da lingua. A acumulación de erros gramaticais, ortográficos, etc. suporá unha penalización na nota final de ata 3 puntos.
    Estudantes con dispensa de asistencia exame final 100% da nota
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - De 4 a 6 horas á semana para a lectura das obras incluídas no programa e a bibliografía recomendada.
    -Recoméndase que os grupos se formen durante a primeira semana de curso, de ser posible, e que se reúnan frecuentemente para preparar os traballos, as presentacións, etc. Todas as incidencias do grupo serán anotadas na avaliación do traballo
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia regular ás clases e participación activa nelas. Recoméndase a lectura dos textos previamente á explicación e discusión na clase.
    - Preparación do traballo e presentación na clase, mediante a lectura da bibliografía complementaria recomendada pola profesora e a asistencia ás titorías personalizadas e en grupo.