G5061223 - Morfosintaxe da lingua inglesa (Maior en Lingua e Literatura Inglesas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia ten un dobre obxectivo: (1) principalmente ofrecer unha introdución á teoría sintáctica en lingua inglesa, prestando especial atención á oración simple e ás súas unidades constituíntes, e (2) introducir ao alumnado aos principios básicos da morfoloxía do inglés, o cal desenvolverá un papel secundario no temario.
Isto levaranos a formular preguntas sobre aspectos destas estruturas que pasan facilmente desapercibidos. Implica tamén o desenvolvemento dunha metodoloxía de análise. E, finalmente, implica que o alumnado sexa capaz de conectar os coñecementos específicos adquiridos cunha reflexión máis ampla sobre a capacidade lingüística humana. Además destas líña xerais, preténdese:
- Que o alumnado lea e resuma adoitadamente a bibliografía científica sobre a gramática e a sintaxe da lingua inglesa.
- Que coñeza e valore axeitadamente a diversidade teórica das diversas aproximacións ao estudo da morfosintaxe inglesa.
- Que desenvolva un interese polo estudo científico da morfoloxía e da sintaxe.
- Que se familiarice coa estructura da frase nominal, frase posesiva, frase adxcetival, frase preposicional e frase adverbial, e que estea en condicións de analizar sintacticamente todas estas construccións.
- Que coñeza a estrutura da oración simple e sexa capaz de analizar sintacticamente secuencias básicas oracionais do inglés.
ContidosOs contidos deste curso teñen que ver directamente coa estrutura da oración simple en lingua inglesa. Esta se describe fundamentalmente en relación aos seus distintos tipos de constituíntes (frases) e ás súas funcións. Por tanto, unha vez que lo alumnado distinga axeitadamente as diferenzas entre o léxico e a gramática e distinga (ie. recoñeza e saiba descubrir científicamente) a estrutura oracional, os constituíntes necesarios (complementos) e accesorios (modificadores), así como as dificultades que hai en trazar esa líña divisoria con precisión, procederán a un estudo detallado da estrutura das distintas frases (nominal, verbal, adxectival, preposicional), especialmente da frase nominal e a frase verbal. Un aspecto fundamental do curso será calibrar a constante relación de forzas existentes entre a codificación formal e a codificación semántica na determinación final da forma das oracións en inglés. O alumnado deberá ser capaz de analizar sintacticamente numerosas secuencias oracioais do inglés. Este curso terá un importante compoñente práctico. A discusión das distintos análises posibles será central.
As unidades serán as seguintes:
1. Introdcción.
2. A estrutura da cláusula: complementos e modificadores. A frase verbal.
3. A frase nominal.
4. A frase adxectival e la frase adverbial.
5. A frase preposicional.
Bibliografía básica e complementaria1. Libros de texto e bibliografía recomendada
Aarts, B. 2001. English Syntax and Argumentation. Basingstoke: Palgrave
Bauer, Laurie. 1983. English Word-formation. Cambridge: Cambridge University Press.
Biber, D. et al. 1999. Longman Grammar of Spoken and Written English. London: Longman.
Biber, D., Conrad, S. & Leech, G. 2002. Longman Student Grammar of Spoken and Written English. Harlow: Longman.
Bloor, Th. & Bloor, M. 1995. The Functional Analysis of English. London: Arnold.
Brown, K. & Miller, J. 1991. Syntax. A Linguistic Introduction to Sentence Structure. HarperCollins.
Burton-Roberts, N. 1997. Analysing Sentences: An Introduction to English Syntax. Second edition. Longman.
* Downing, A. & Locke, P. 2006. English Grammar. A University Course. Second edition. London: Routledge.
Eggins, S. 2005. Introduction to Systemic Function Linguistics. London: Continuum.
Greenbaum, S. & Quirk, R. 1991. A Student´s Grammar of the English Language. London: Longman.
Halliday, M.A.K., & Matthiessen, C. M. I. M. 2004 (3rd ed.). An introduction to functional grammar. London: Arnold.
* Huddleston, R. 1984. An Introduction to the Grammar of English. Cambridge: Cambridge University Press.
* Huddleston, R. 1988. English Grammar. An Outline. Cambridge: Cambridge University Press.
Huddleston, R. & Pullum, G. 2002. The Cambridge Grammar of the English language Cambridge: Cambridge University Press..
Huddleston, R. & Pullum, G. 2005. A Student´s Introduction to English Grammar. Cambridge: Cambridge University Press.
Matthews, P.H. 1991. 2nd edition. Morphology. Cambridge: Cambridge University Press.
Plag, Ingo. 2003. Word-formation in English. Cambridge: Cambridge University Press.
Quirk, R. et al. 1985. A University Grammar of English. London: Longman.
Radford, A. 1988. Transformational grammar. A First Course. Cambridge: Cambridge University Press.
Radford, A. 1997. Syntactic Theory and the Structure of English. A Minimalist Approach. Cambridge: Cambridge University Press.
Radford, A. 2004. Minimalist Syntax. Exploring the Structure of English. Cambridge: Cambridge University Press.
Radford, A. 2004. English Syntax: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
Taylor, J. 2002. Cognitive Grammar. Oxford: Oxford University Press.
Van Valin, R. 2001. An Introduction to Syntax. Cambridge: Cambridge University Press.
Yule, G. 1998. Explaining English Grammar. Oxford: Oxford University Press.
* manuales básicos
2. Enciclopedias e panorámicas da lingüística
Aronoff, Mark & Rees-Miller, Janie (eds.). 2002. The Handbook of Linguistics. Oxford: Blackwell.
Asher, Robert E. (ed.). 1994. The Encyclopedia of Language and Linguistics. Oxford: Pergamon Press.
Brown, Keith (ed.). 2006. Encyclopedia of Language and Linguistics, 2ª ed. Boston: Elsevier.
Crystal, David. 1997. The Cambridge Encyclopaedia of the English Language. Cambridge: Cambridge University Press.
Frawley, William J. 2003. International Encyclopaedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press
Competencias(1) dominio de concetos, terminoloxía básica e métodos que incentivan ao alumnado a desenvolver estratexias para a observación do fenómeno nunha linguaxe científica. (2) utilización dos recursos e fontes de información que permitan ao alumnado adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos de forma independente. (3) Capacidade de avaliar simultaneamente a posibilidade de analizar os feitos lingüísticos a partir de diferentes perspectivas ou incluso en conflicto. (4) Habilidades para a descrición das unidades lingüísticas, e os seus usos e valores de comunicación (5) Dominio das técnicas e métodos de análise que lles permitan analizar e comparar a estrutura da linguaxe en diferentes niveis: sintáctico, semântico, léxico, etc.
Metodoloxía da ensinanza A clases teórico-expositivas utilizaranse preferentemente para presentar o obxecto de estudo do día, discutir conxuntamente como abordalo e, finalmente, expor concretamente os distintos modos de análise. Isto implicará unha avaliación das vantaxes e os inconvenientes de cada proposta. Esta avaliación será tamén conxunta.
As clases prácticas ou seminarios en grupos reducidos (máximo 20 alumnos) abordarán problemas de análises concretas: frases e oracións cuxa estrutura de constituíntes deberá desentrañarse. Así mesmo, nestas clases a miúdo leranse pequenos textos da bibliografía coa intención de promover a súa discusión.
En todo caso, a división entre clases teórico-expositivas e clases prácticas non é total pues tanto nunhas como en outras abordaranse cuestións de carácter teórico e práctico.
Sistema de evaluaciónA asistencia a clase será obrigatoria. A avaliación da aprendizaxe realizarase en función da participación activa do alumnado e, no seu caso, da entrega de exercicios e traballos prácticos ao longo do curso (ata un máximo de un 15%). Ademais os alumnos terán que realizar un exame final que incluirá cuestiós teóricas e prácticas, e cuxa puntuación oscilará do 0 ao 10. Para a convocatoria de xullo e para aqueles que teñan dispensa oficial de asistencia outorgada polo Decanato da Facultade, o alumno será avaliado tomando como referencia unicamente o exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalSESIÓNS EXPOSITIVAS: 24 (horas presenciales) + 48 (horas non presenciales) = Total 72 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 24 (horas presenciales) + 36 (horas non presenciales) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciales) + 3 (horas non presenciales) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALUACIÓN: 3 (horas presenciales) + 9 (horas non presenciales) = Total 12 horas
TOTAL: 54 (horas presenciales) + 96 (horas non presenciaies) = Total 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase ao alumnado ler a bibliografía recomendada, especialmente se consulta a programación das súas lecturas có profesor. Dado o carácter práctico desta materia, é importante que o alumnado leve a cabo un traballo continado repasando periodicamente os contidos das clases e realizando as tarefas e exercicios prácticos que se lle encomenden.