Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5061224 - Tradución directa e inversa (inglés) (Maior en Lingua e Literatura Inglesas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAL VARELA, MARIO.NON
FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J..SI
FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J..SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral da materia de tradución é a adquisición e consolidación de coñecementos e o desenvolvemento de estratexias e destrezas útiles para a práctica da tradución. De xeito máis concreto, o traballo nesta materia permitirá aos estudantes acadar os seguintes obxectivos específicos.
    - Adquirir coñecementos prácticos básicos sobre as principais diferenzas entre o inglés e o galego/español e tomar conciencia da súa importancia como posibles problemas de tradución.
    - Comprender a importancia de expresarse con precisión e corrección na propia lingua e de converterse en usuarios críticos desta.
    - Tomar conciencia da natureza comunicativa da tradución, é dicir, de que traducir consiste en recrear unha mensaxe preexistente nunha segunda lingua.
    - Adquirir coñecementos prácticos sobre procedementos e estratexias de tradución eficaces.
    - Aprender a analizar e preparar textos con vistas á súa tradución, atendendo especialmente a aspectos importantes tales como a intención comunicativa, as ideas principais, os trazos lingüísticos máis característicos, o estilo, o tipo de texto ou a súa organización xeral.
    - Aprender a manexar de forma eficaz as ferramentas e recursos de apoio necesarios para o tradutor.
    - Desenvolver estratexias de traballo en grupo que axuden aos estudantes a resolver problemas de tradución de xeito colaborativo.
    - Adquirir os coñecementos necesarios para analizar de forma crítica e expor con claridade os aspectos esenciais dun problema específico de tradución.

    Contidos
    Cuestións de vocabulario
    Os falsos amigos; a ambigüidade léxica e o uso do dicionario; as combinacións léxicas (collocations); a fraseoloxía; etc.

    Cuestións de gramática
    Entre outras, a frase nominal (os determinantes; o número gramatical, etc.), a frase verbal (tempo, modo, voz e aspecto verbais; as formas non finitas: o xerundio e o participio ingleses, etc.).

    Cuestións de cohesión e coherencia textual
    A estrutura do texto e o parágrafo; a co-referencia textual: repetición e variación léxicas, a substitución pronominal, a elipse…; os conectores textuais.

    Cuestións de variedades de lingua
    Os rexistros e estilos; as variedades xeográficas e sociais.

    Cuestións de pragmática
    Os actos de fala; as implicaturas e a intertextualidade; os coñecementos culturais e o filtro cultural.

    Bibliografía básica e complementaria
    Non se fará uso de libro de texto. Os profesores da materia darán indicacións sobre como obter ou proporcionarán copias dos materiais do curso.

    Lista básica de dicionarios e manuais de apoio para a tradución xeral inglés-castelán/galego:
    • VV. AA. (2008)Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford: Oxford University Press. (4ª ed.)
    • VV. AA. (2006), Collins Cobuild Advanced Learner’s English Dictionary (Paperback). Harper Collins Publishers. (5ª ed.)
    • Moliner, María (2003),Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos. (2ª ed.)
    • Bosque, I. (dir.) (2004) Redes. Diccionario combinatorio del español actual. Madrid: SM
    • RAE (2006), Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana.
    • Gómez Torrego, L. (1997), Manual de español correcto (I, II). Madrid: Arco Libros. (8ª edición).
    • Fernández Salgado, B. (dir.) (2004), Diccionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    • Pena, X. A. (2005). Gran diccionario Século 21 da Lingua Galega. Vigo: Do Cumio.

    Manuais de tradución do inglés ao español onde poder atopar recomendacións interesantes para a práctica da tradución fóra de clase.
    • Brehm Cripps, Justine (2004), Targeting the Source Text. A Coursebook in English for Translator Trainees. Castellón: Publicaciones de la Universidad Jaume I.
    • Duff, A. (1989), Translation. Oxford: OUP.
    • Hervey, S., I. Higgins & L. M. Haywood (1995), Thinking Spanish translation : a course in translation method, London, Routledge.

    Outros traballos sobre os contrastes entre o inglés e o castelán.
    • García Yebra, V. (1984) Teoría y práctica de la traducción, Madrid, Gredos
    • Vázquez Ayora, V. (1976) Traductología, Washington: Georgetown UP
    • Wandruszka, M. (1976) Nuestros idiomas comparables e incomparables, Madrid, Gredos

    Competencias
    Véxase obxectivos.
    Metodoloxía da ensinanza
    “Tradución” é unha materia de carácter esencialmente práctico. O temario que se pretende desenvolver durante o curso articúlase en torno a cuestións contrastivas de diversa índole (léxica, sintáctica, pragmática e textual) que poden presentar problemas desde o punto de vista da tradución. Os aspectos máis salientables correspondentes a cada unidade temática presentaranse nunha primeira sesión de carácter máis expositivo que incluirá tamén exercicios prácticos intensivos que axuden aos alumnos a tomar conciencia da natureza e do alcance do problema. Esta sesión inicial irá seguida doutras netamente prácticas nas que se fará uso de diferentes tipos de actividades que ofrezan unha perspectiva máis ampla e máis claramente contextualizada do problema a través de textos auténticos extensos. Estas actividades terán como obxectivo profundar na cuestión tratada en cada unidade e ao mesmo tempo exercitar e desenvolver destrezas de tradución de carácter transversal. Entre outras actividades, nestas sesións máis prácticas farase uso das seguintes:

    • Tradución de textos representativos de diferentes rexistros.
    • Tarefas de pre-tradución: análise de textos (contido, estrutura, estilo, etc.), exercicios de comprensión e de síntese (gist translation), etc.
    • Debates sobre temas relacionados directamente co ámbito da tradución e das diferenzas entre as linguas.
    • Análise crítica de textos traducidos.
    • Actividades centradas sobre o manexo das ferramentas do tradutor tales como os distintos tipos de dicionarios ou outros recursos de apoio á tradución.

    Como complemento ás clases presenciais farase un uso frecuente da aula virtual, que constituirá esencialmente unha canle adicional para a titorización dos estudantes, a avaliación continua e a proposta de materiais de utilidade para o traballo autónomo. Permitirá así mesmo dispor dun espazo permanentemente aberto para a interacción cos estudantes, e para que estes participen de xeito activo, compartindo experiencias, dúbidas, opinións, etc. en relación coa materia e co mundo da tradución en xeral.

    Sistema de evaluación
    O 75% da cualificación final dependerá do rendemento do alumno nos exames oficiais da materia, que se realizarán nas datas previstas polo centro. O rendemento medirase en función da capacidade demostrada polo alumno para dar conta dos obxectivos e dos contidos previstos no programa do curso.

    O restante 25 % corresponderá á avaliación continua e determinarase en función da asistencia e participación do alumno nas clases, que se controlará periodicamente, da frecuencia e da calidade da súa participación nas distintas actividades previstas no curso virtual, e da calidade dos traballos e probas que se poderán recoller/realizar ó longo do curso.

    Na segunda oportunidade (xullo), o 25% da cualificación que corresponde á avaliación continua en función da participación activa do alumno no curso manterase, como é lóxico, inalterada con respecto á obtida na primeira oportunidade (maio).

    A avaliación continua dos alumnos con dispensa oficial de asistencia realizarase tendo en conta a súa participación nas actividades establecidas na aula virtual do curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    presenciais/non presenciais/totais

    Sesións expositivas 16/32/48
    Sesións de seminario 32/48/80
    Sesións de titoría 3/9/12
    Sesións de avaliación 3/7/10
    TOTAL 54/96/150