Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5061341 - Sociolingüística inglesa (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MENDEZ NAYA, MARIA BELEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia optativa é introducir aos estudantes no campo da variación e cambio lingüístico en inglés. Prestaremos atención aos principais métodos de recollida e análise de datos; aos diferentes factores que teñen un papel importante na variación, tanto na baseada no usuario (clase social, xénero, idade e etnicidade) como no uso (estilo, contexto e rexistro); e á variación rexional, todo esto dende o punto de vista tanto sincrónico coma diacrónico.
    Contidos
    I. INTRODUCIÓN
    1.1. Que é a sociolingüística?
    1.2. Conceptos básicos.
    1.3. Datos e metodoloxía.
    1.4. Exemplos e exercicios.

    II. VARIACIÓN EN COMUNIDADES MONOLINGÜES

    2. VARIACIÓN REXIONAL
    2.1. Introdución.
    2.2.Variedades internacionais.
    2.3. Variedades rexionais.
    2.4. Exemplos e exercicios.

    3. PATRÓNS SOCIAIS
    3.1. Variación dependente do usuario: Etnicidade, clase social, idade e xénero.
    3.2. Variación dependente do uso: Estilo, contexto e rexistro.
    3.3. Exemplos e exercicios.

    4. PATRÓNS LINGÜÍSTICOS
    4.1. Factores e variables fonolóxicos.
    4.2. Factores e variables morfo-sintácticos.
    4.3. Exemplos e exercicios.

    III. VARIACIÓN EN COMUNIDADES MULTILINGÜES
    5.1. Seleción de lingua en comunidades multilingües: dominios, diglosia, code-switching, cambio de linguas e morte de linguas.
    5.2. Contacto de linguas: Pidgins e crioulos
    5.3. Exemplos e exercicios.

    IV. CAMBIO LINGÜÍSTICO
    6.1. Variación e cambio.
    6.2. Causas do cambio lingüístico.
    6.3. Implementación e extensión.
    6.4. Exemplos e exercicios.

    Bibliografía básica e complementaria
    Non hai libro de texto. Os hand-outs para as clases expositivas e as follas de exercicios para as sesións interactivas estarán á disposición do alumnado na plataforma virtual.

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Conde Silvestre, Juan Camilo. 2007. Sociolingüística histórica. Madrid: Gredos.

    Culpeper, Jonathan, Francis Katamba, Paul Kerswill, Ruth Wodack and Tony McEnery (eds.) 2009. English Language. Description, variation and context. Houndmills, Basingstoke: Palgrave MacMillan.

    Holmes, Janet. 2001. An introduction to sociolinguistics. 2nd edn. London: Pearson.
    Meyerhoff, Miriam. 2006. Introducing sociolinguistics. London: Routledge.

    Nevalainen, Terttu and Helena Raumolin-Brunberg. 2003. Historical sociolinguistics. London: Longman.

    Stockwell, Peter. 2002. Sociolinguistics. A resource book for students. London: Routledge.
    Tagliamonte, Sali. 2012. Variationist sociolinguistics: Change, observation, inerpretation. Oxford: Wiley-Blackwell.

    Trousdale, Graeme. 2010. An introduction to English sociolinguistics. Edinburgh: Edinburgh University Press.

    Wardhaugh, Roland. 2010. An introduction to sociolinguistics. 6th edn. Oxford: Blackwell.

    Competencias
    Neste curso os estudiantes se familiarizarán cos principios básicos da sociolingüística aplicados á lingua inglesa. Asimesmo aprenderán á interpretación de gráficos e tablas con datos de estudos sociolingüísticos, e a recoñecer e describir patróns de variación na lingua inglesa.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases impártense en inglés.
    •Fomentar o emprego dunha terminoloxía lingüística rigurosa é dunha notación adecuada.
    •Fomentar a discusión e o traballo en equipo mediante pequenas tarefas a realizar nas clases prácticas.
    •Coa preparación dos exercicios (i) potenciaranse os hábitos de estudo e de traballo individual que permitirán ao alumno lograr unha autonomía progresiva na aprendizaxe; (ii) aprenderán a xestionar o seu tempo e a traballar con datas límite de entrega.

    Sistema de evaluación
    • O curso require PARTICIPACIÓN ACTIVA e TRABALLO CONTINUADO.

    • A avaliación baséase no traballo desenvolvido durante o cuadrimestre (asistencia e participación nas sesións interactivas e tutorías, exercicios e tarefas, algunhas delas realizadas a través da plataforma de ensino virtual (35%). Exame final: 65%.
    Este tipo de avaliación será válida tanto para a oportunidade de xaneiro coma a de xullo.

    Aqueles alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia: exame final 100%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 h/semana
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ningunha