Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5061346 - Cultura e tradición en USA e Commonwealth (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FRA LOPEZ, PATRICIA.SI
MOURON FIGUEROA, CRISTINA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo central deste curso é proporcionar ós estudantes una perspectiva xeral da cultura dos EEUU a través do estudo dunha serie de conceptos básicos que teñen contribuido na creación dunha tradición norteamericana propia. Intentaremos situar estes conceptos no seu contexto histórico coa finalidade de mellorar o noso coñecemento da mentalidade dos habitantes dos EEUU deixando atrás prexuizos inútiles.
    Contidos
    1. Historia de EEUU. Revisión
    2. O soño americano
    3. Norte e Sur
    4. Hollywood e música
    5. Nativos americanos
    6. Inmigrantes: 'The Melting Pot'. Grupos minoritarios
    7. Xogos
    8. Gastronomía
    9. Entretementos e festividades
    10. Tradicións, costumes e crenzas
    11. Heroes, heroínas e personaxes lendarios
    12. Cultura e tradición na Commonwealth




    Bibliografía básica e complementaria
    Boorstin, Daniel Jr. (ed) Estados Unidos. Una civilización. Barcelona: Labor, 1974.

    Brogan, Hugh. Longman History of the United States. Nueva York: Longman, 1985.

    Brogan, Hugh. The Penguin History of the United States of America. Londres: Penguin, 1985.

    Burns, M. John et al. The National Experience. A History of the United States of America. Nueva York: Harcourt, Brace and World, 1963.

    Caughney, John W. and Ernest R. Man. A History of the United States of America. Chicago: McNally, 1964.

    Cook, Chris. Longman Handbook of Modern American History 1763-1996. Londres: Longman, 1994.

    Crothers, George. American History. Nueva Cork: Holt, Rinehart and Wnston, 1964.

    Fawcet, Edmund and Tony Thomas. America, Americans. Londres: Collins, 1983.

    Forner E and J. A. Garraty (eds). The Reader’s Companion to American History. Boston: Houghton/Mifflin, 1991.

    Johnson, Paul. A History of the American People. Londres: Phoenix Press, 1997.

    Johnson, Thomas H. The Oxford Companion to American History. Nueva York: Oxford UP, 1966.

    Jones, Maldwyn A. The Limits of Liberty. American History 1607-1992. Nueva York: Oxford UP, 1995.

    Mauk, David and John Oakland. American Civilization. An Introduction. Londres y Nueva York: Routledge, 1997.

    Morrison, Samuel Eliot. The Oxford History of the American People. Nueva York: Oxford UP, 1965.

    Nevins, Allan. A History of the American People from 1492. Londres: Oxford UP, 1970.

    Purvis, Thomas. A Dictionary of American History. Cambridge, Ma: Blackwell, 1997.

    Silverman, Jason. American History Befote 1877. Nueva York: McGraw-Hill, 1989.

    Zeuske, Max. A Short History of the United States of America. Leipzig: Verlag, 1989.

    Competencias
    Perseguimos o desenrolo das seguintes competencias e habilidades:

    -Capacidade de lectura e análise de textos históricos e literarios.
    -Capacidade de relacionar feitos históricos e o desenvolvemento cultural.
    -Capacidade de debate.
    -Responsabilidade no traballo.
    -Estimulación so pensamento crítico e independente.
    -Aceptación da diversidade cultural.
    -Creatividade.
    -Práctica e consolidación da lingua inglesa escrita e oral.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía a empregar ten sempre como alicerce fundamental ó/á alumno/a polo que se tratará de fomentar a súa participación, que é básica para o funcionamento da clase, mediante actividades, ilustracións e explicacións prácticas.
    Aínda que é certo que os contidos da materia préstanse máis a unha explicación principalmente teórica, procurarase combinar o enfoque teórico cunha aproximación de carácter máis práctico. Para conseguir este fin, contaremos co apoio de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias de documentos históricos, proxección de películas e/ou documentais, retratos e biografías dos principais personaxes e personalidades da época a tratar, artigos, etc.
    En xeral, a nosa estratexia didáctica segue o modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (2 horas teóricas á semana), o/a profesor/a ofrece unha aproximación ós contidos esencialmente teórica (apoiándose sempre en ilustracións prácticas como fotocopias, mapas, documentos históricos, etc.). Para a fase práctica, os/as alumnos/as realizarán diversas actividades relacionadas cos temas. Finalmente, dentro da fase de produción, o/a alumno/a deberá acometer tarefas de corte máis autónomo que terán un peso importante na avaliación continua da materia.
    A avaliación continua desenvolverase tendo en conta as seguintes actividades vencelladas á parte práctica da materia: tests sobre películas, debates, lectura e/ou resumo de textos e/ou artigos ou respostar á preguntas sobre os mesmos, presentacións (individuais ou en grupos pequenos) sobre un tema a elexir da lista dos contidos. A profesora pode suxerir outro tipo de actividades.
    Todas estas tarefas deben ser entregadas á profesora en clase e polo propio/a alumno/a antes do prazo indicado pola mesma. Doutro xeito, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
    Todas as tarefas incluiranse no dosier persoal do/da alumno/a e serán tidas en conta para a avaliación continua. Deste xeito, incídese na competencia da responsabilidade xa que o/a alumno/a participa no proceso da avaliación continua porque se fai responsable do seu propio traballo.
    A profesora controlará a asistencia e a participación.
    Sistema de evaluación
    Exame final: 60%
    Avaliación continua: 40%

    IMPORTANTE: É ABSOLUTAMENTE NECESARIO acadar mínimo un 3 (de 6 = 5 de 10) no exame final para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo, a materia está suspensa.

    Os/as estudantes que están oficialmente exentos da asistencia a clase ou aqueles/aquelas que repitan a materia poden entregar as tarefas da avaliación continua noutras datas tamén a determinar pola profesora. Sen embargo, deberán presentarse igualmente ao exame en maio e/ou xullo. A porcentaxe da cualificación para estes estudantes será de 60% para o exame final e 40% para a avaliación continua

    A nota da avaliación continua gárdase para o exame de xullo.

    O sistema de avaliación será o mesmo en maio e en xullo.





    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia abrangue 15 semanas:

    Semana 1: Tema 1
    Semana 2: Tema 2
    Semana 3: Tema 3
    Semana 4: Tema 3
    Semana 5: Tema 4
    Semana 6: Tema 5
    Semana 7: Tema 5
    Semana 8: Tema 6
    Semana 9: Tema 7
    Semana 10: Tema 8
    Semana 11: Tema 9
    Semana 12: Tema 10
    Semana 13: Tema 11
    Semana 14: Tema 12
    Semana 15: Tema 12


    Xa que esta é unha materia ECTS, calcúlase que o/a estudante necesita 150 horas (presenciais e non presenciais) para superala

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase moi especialmente a asistencia a clase así como a complementación dos contidos dados en clase coa bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, o/a alumno/a accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final en maio e/ou xullo.
    Tamén se animará aos/ás alumnos/as a asistir a calquera tipo de actividade que lles poida pór en contacto con aspectos históricos, sociais ou culturais da historia de EEUU e Commonwealth (representacións teatrais, películas históricas, etc.), por exemplo, estreas de películas históricas no cine. Pódese propor tamén a lectura opcional de libros de ficción enmarcados nunha determinada época da historia americana. Poderánse proporcionar outros títulos previa petición do/ da alumno/a.

    Observacións
    A materia impartiráse preferiblemente en inglés, ainda que ocasionalmente se poderá usar o galego e o castelán
    Non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet. Estas irregularidades darán como resultado o suspenso inmediato da materia.