G5061427 - Traballo fin de grao (Traballo fin de grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 44.00
- Horas de Titorías: 132.00
- Total: 176.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Galega, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego, Latín e Grego, Lingua Española, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Catalá, Filoloxía Románica, Filoloxía Italiana, Filoloxía Francesa, Literatura Española, Lingüística Xeral, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Lingua Española, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaSegundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobada no Consello de Goberno do 2 de maio de 2013, o TFG consiste na elaboración dun traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de grao.
No § 2.4 da antedita Normativa especifícase que “os traballos deberán estar orientados á aplicación das competencias asociadas á titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo”.
O TFG, realizado baixo a dirección dun profesor con docencia no Grao en Lingua e Literatura Inglesas (GLLI), serve para a posta en práctica dos coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos no Grao, así como para a comprobación das competencias vinculadas a este.
ContidosO TFG debe ser orixinal e versar sobre un tema relacionado co GLLI. Segundo se recolle no artigo 3 do Regulamento do TFG da Facultade de Filoloxía, tense que adecuar aos contidos do Maior e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
Debe ser redactado e defendido en inglés.
O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas vixente no curso académico 2013-2014. A cada alumno adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e mais un director. Posteriormente, o alumno e o director delimitan o título do TFG, que debe ser aprobado pola Comisión do TFG.
A oferta de liñas temáticas e directores para o curso 2013-2014 está dispoñible en http://www.usc.es/fac_filoloxia/TFG.html desde xullo de 2013.
Bibliografía básica e complementariaO director de cada TFG proporcionaralle ao alumno unha bibliografía inicial que deberá ser completada polo seu traballo autónomo.
Competencias• Ser capaz de definir os obxectivos do traballo.
• Ser capaz de deseñar e organizar as tarefas para alcanzar os obxectivos previstos e desenvolver o traballo de acordo cos mesmos.
• Saber buscar e seleccionar información relevante.
• Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.
• Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.
• Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer suxestións de cara ao futuro.
• Dominar a expresión oral e escrita en distintos contextos
Metodoloxía da ensinanza Segundo se explica no § 5.1 da Normativa, o TFG debe ter un titor que asista ao estudante na realización do mesmo. O titor programará sesións de traballo, nas que establecerá a programación das tarefas e orientará o TFG. Será responsable de asesorar ao estudante no desenvolvemento do traballo e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir un informe preceptivo e confidencial sobre o mesmo antes da súa defensa. Este informe será tido en conta polo tribunal avaliador.
Sistema de evaluaciónA avaliación do TFG realízase por un ou varios tribunais formados por tres profesores da USC que impartan docencia no GLLI, excluído o director. Por esta razón deben nomearse dous suplentes para cada tribunal.
O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios de avaliación publicados na guía docente e axustado ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación conforme á seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
Non Presentado (NP)
0 - 4,9: Suspenso (SS).
5,0 - 6,9: Aprobado (AP).
7,0 - 8,9: Notable (NT).
9,0 - 10: Sobresaliente (SB)
A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a estudantes que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do alumnado matriculado nesta materia no correspondente curso académico. Se o número de alumnos é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. Naquelas titulacións nas que se constituíse un único tribunal en todas as convocatorias, será este o que outorgue as MH que correspondan. No caso de existiren dous ou máis tribunais avaliadores, a atribución desta cualificación corresponderá realizala á Comisión do TFG, oídas as propostas dos diferentes tribunais actuantes.
Este sistema será válido para as dúas oportunidades a que dá dereito a matrícula do TFG.
Tempo de estudo e traballo persoalNa Memoria de verificación do GLLI atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do estudante, polo que ao TFG, materia de 12 créditos, correspóndenlle 300 horas de dedicación
Recomendacións para o estudo da materiaÉ importante a consulta frecuente da páxina http://www.usc.es/fac_filoloxia/TFG.html, onde hai información completa e actualizada sobre todo o proceso de elaboración e defensa do TFG.