G5061442 - Tradución especializada (inglés) (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIsta materia pretende abordar problemas teórico-prácticos que presenta
a tradución entre o inglés e o castelán/galego, de textos de diferentes
xéneros e rexistros (principalmente: xornalístico, turístico, fílmico, literario, e publicitario).
Utilizaranse preferentemente materiais reais que sirvan para a
práctica da tradución como actividade profesional e non como mero
exercicio académico. Familiarizarase o alumno cos recursos e
ferramentas propios das novas tecnoloxías aplicadas a iste ámbito
concreto.
Contidos1ª Unidade: Estratexias de tradución
2ª Unidade: tradución xornalística
3ª Unidade: tradución turística
4ª Unidade: tradución fílmica
5ª Unidade: tradución literaria
6ª Unidade: tradución publicitaria
Bibliografía básica e complementariaSe informará ós estudantes sobre os materiais que serán utilizados en clase, e a bibliografía.
CompetenciasOs estudantes deben ter un nivel avanzado de inglés (aprox. nivel C1 no Marco Europeo Común de Referencia para Linguas) para beneficiarse da materia.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas e interactivas, de tradución en ambas direccions: inglés - castelán/galego, e castelán/galego - inglés.
Sistema de evaluaciónHaberá un exame escrito en xaneiro, que contará para un 70% da avaliación, sendo o 30% restante para asistencia a clase/traballo en clase/ traballo en casa durante o semestre
(a proporción é provisional).
Tempo de estudo e traballo persoalXa que dependerá do nivel de inglés de cada alumno, e tamén da sua capacidade de progresar na arte da tradución, calquer número de horas de estudo que se propoña sería algo arbitraria e tal vez enganosa.
Recomendacións para o estudo da materiaSuponse asistencia a las clases, e o cumprimento das tareas que o profesor propoña.
Observacións---