G5061444 - Romanticismo inglés e norteamericano (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Proporcionar ao estudante coñecementos sobre o contexto social, cultural e político do Movemento Romántico nas Islas Británicas e nos Estados Unidos.
-Estudar as innovacións ideolóxicas e estéticas propiciadas polos artistas románticos.
-Aprender a distinguir as características principais do Movemento Romántico nas Islas Británicas das peculiaridades do Romanticismo nos Estados Unidos.
-Familiarizar ao estudantado cos principais xéneros e autores Románticos e coas obras máis representativas da literatura inglesa e norteamericana.
ContidosIntroducción: Contexto socio-histórico e cultural nas Islas Británicas e nos Estados Unidos.
1. Innovacións ideolóxicas e estéticas.
2-O Romanticismo na tradición literaria en lingua inglesa
3-Xéneros, autores e obras representativas do Movemento Romántico nas Illas Británicas.
4-Xéneros, autores e obras representativas do Movemento Romántico nos Estados Unidos.
5-Diferenzas e similitudes entre o Romanticismo Británico e o Estadounidense
Bibliografía básica e complementariaButler, Marilyn. Romantics, Rebels and Reactionaries: English Literature and Its Background 1760-1830. Oxford University Press, 1981.
Curran, Stuart, ed. The Cambridge Companion to British Romanticism. Cambridge University Press, 2000.
Ferber, Michael, ed. A Companion to European Romanticism. Blackwell Publ., 2005.
Ferguson, Frances. Solitude and the Sublime: Romanticism and the Aesthetics of Individuation. Routledge, 1992.
Newman, Lance, Joel Pace and Chris Koenig-Woodyard, eds. Transatlantic Romanticism: An Anthology of British, American and Canadian Literature, 1767-1867. Longman, 2006.
Peer, Larry H., Diane Long Hoeveler, eds. Romanticism: Comparative Discourses. Ashgate, 2006.
Rogier, Alexander. Fracture and Fragmentation in British Romanticism. Cambridge University Press, 2010.
Wu, Duncan, ed. Romanticism: An Anthology. Blackwell, 2000.
Wu, Duncan, ed. Romanticism: A Critical Reader. Blackwell, 1996.
Competencias-Coñecemento do contexto social, cultural e político da literatura en lingua inglesa.
-Dominio de terminoloxía crítica e da súa aplicaión ao análise de textos artísticos.
-Competencia na organización, defensa e resumo de ideas.
-Habilidade de entender as connotacións e o senso histórico das palabras.
-Fluidez na escrita en lingua inglesa
-Habilidade de resumir, tomar notas e organizar os datos.
Metodoloxía da ensinanza Os estudantes reciben CLASES EXPOSITIVAS, participan en SEMINARIOS INTERACTIVOS, e en TITORÍAS (en grupo e individuais). Nas sesións expositivas introdúcese o contexto ideolóxico, social e literario do período a estudar. Os seminarios están adicadas a comentarios orais e por escrito nos que os estudantes han de participar activamente. Nas titorías os estudantes avalían o traballo feito e teñen a oportunidade de consultar e aclarar dúbidas.
Posibilidade de uso da PLATAFORMA VIRTUAL que oferta a USC para o ensino e a aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua (30%) e exame final (70%). Polo tanto, a asistencia e a participación nas diferentes actividades é moi importante.
Cada actividade na que participe o estudante será tida en conta para a calificación final.
Tódolos estudantes deben entregar as actividades en tempo e forma. De non ser así estarían renunciando ao 30% da nota final.
O sistema de avaliación aplícase ás convocatorias de xuño e xullo.
A asistencia e participación na clase son obligatoria e se teñen en conta para a avaliación final. Os estudantes deben ter en conta a Normativa de Asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Tempo de estudo e traballo persoalAnímase ao estudantado a adicar como mínimo unha hora antes de cada clase á revisión dos principais puntos tratados en sesións previas. Ocasionalmente tamén terán que facer unha serie de lecturas obligatorias que se comentarán nos seminarios como exemplo dos aspectos teóricos tratados en clase.
A profesora anima ao estudantado a adicar unhas tres horas semanais a preparar a asignatura -lecturas, actividades, revisións.
Recomendacións para o estudo da materiaAnímase aos estudantes a asistir e participar activamente en clase, a revisar e completar as súas notas, e a traballar en grupo.
ObservaciónsA "Guía Docente e Material Didáctico" da asignatura proporcionará unha información moito máis detallada e o estudantado poderá consultala na páxina web da Facultade de Filoloxía da USC.