G5061445 - Teatro inglés (Materias optativas específicas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia Introdución aos principais movementos, autores e obras do teatro inglés desde o seus inicios na baixa Idade Media ata o momento presente.
Análise de textos do programa en base ás súas convencións xenéricas e complexidade das súas relacións co contexto histórico (socio-económico, político e cultural).
Contidos 1. O teatro inglés: unha panorámica histórica selectiva
2. Teatro medieval (ss. XIV e XV)
2.1. Contexto histórico
2.2. Xéneros: Mystery Plays, Miracle Plays e Morality Plays
2.3. “Everyman” (selección) (anónimo, s. XV)
3. Teatro renacentista (1575-1640)
3.1. Os precedentes no século XVI
3.2. Desenrolo da actividade teatral: teatros, compañías e público
3.3. Xéneros: Historias ou Dramas Históricos, Comedias e Traxedias
3.4. Autores: os “inxenios universitarios”, Shakespeare e Jonson
3.5. “Hamlet” (W. Shakespeare, c. 1601)
4. Teatro da Restauración (1660-1690) e do Século XVIII
4.1. Continuidade e cambio: teatros, compañías, repertorio, gustos, xéneros e autores
4.2. A “comedia de costumes”: de Wycherley a Goldsmith e Sheridan
4.3. “A School for Scandal” (R. Sheridan, 1777)
5. Teatro no cambio de século (1890-1914): irlandeses en Londres e Dublín
5.1. A escena londinense:
5.1.1. Esteticismo: Wilde
5.1.2. Naturalismo: Bernard Shaw
5.2. A escena dublinesa:
5.2.1. Yeats e o “Irish Literary Theatre”: mito e nación
5.2.2. Synge: costumbrismo traxi-cómico
5.3. “The Playboy of the Western World” (J. M. Synge, 1907)
6. Teatro dese 1950: drama social e teatro do absurdo
6.1. Os precedentes no periodo de entreguerras: O’Casey e Coward
6.2. Contexto histórico e teatral da posguerra
6.3. Crítica social, rebeldía e protesta: Osborne e os “angry young men”
6.4. O teatro do absurdo: Pinter
6.5.“The Birthday Party” (H. Pinter, 1957)
Bibliografía básica e complementariaPode usarse cualqueira edición crítica anotada de: “Everyman”, “Hamlet” de Shakespeare, “A School for Scandal” Sheridan, “The Playboy of the Western World” de Synge, “Look Back in Anger” de Osborne’ and “The Birthday Party” de Pinter.
BALME, Christopher B. The Cambridge Introduction to Theatre Studies. Cambridge: Cambridge UP, 2008.
DILLON, Janette. The Cambridge Introduction to Early English Theatre. Cambridge: Cambridge UP, 2006.
HARP, Richard and Stanley STEWART. The Cambridge Companion to Ben Jonson. Cambridge: Cambridge UP, 2001.
KETTLE, Arnold, ed. Shakespeare in a Changing World. London: Lawrence & Wishart, 1964.
LENNARD, John and Mary LUCKHURST. The Drama Handbook: A Guide to Reading Plays. Oxford: Oxford UP, 2002.
MURRAY, Christopher. Twentieth-Century Irish Drama: Mirror Up to Nation. New York: Syracuse UP, 2000.
NORMINGTON, Katie. Medievan English Drama. Camrbidge: Polity, 2009.
PAVIS, Patrice. Dictionary of the Theatre: Terms, Concepts, and Analysis. Toronto: Univ of Toronto P, 1999.
RABY, Peter, ed. The Cambridge Companion to Harold Pinter. Cambridge: Cambridge UP, 2009.
RICHARDS, Shaun, ed. The Cambridge Companion to Twentieth-Century Irish Drama. Cambridge: Cambridge UP, 2004.
SANDERS, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Clarendon, 1994, 1996. pp. 73-76, 103-106, 144-185, 266-272, 298-301, 475-483, 542-544, 585-592.
SHEPERD, Simon and Mick WALLIS. Drama/Theatre/Performance. Oxford: Routledge, 2004.
SHEPERD, Simon. The Cambridge Introduction to Modern British Theatre. Cambridge: Cambridge UP, 2009.
SMITH, Emma and Garret SULLIVAN, Jr, eds. The Cambridge Companion to English Renaissance Tragedy. Cambridge: Cambridge UP, 2010.
SMITH, Emma. 2007. The Cambridge Introduction to Shakespeare. Cambridge: Cambridge UP.
THOMSON, Peter. The Cambridge Introduction to English Theatre, 1660-1900. Cambridge: Cambridge UP, 2006.
WILSON, Colin. The Angry Years: The Rise and Fall of the Angry Young Men. London: Robson, 2007.
WOMACK, Peter. English Renaissance Drama. Oxford: Blackwell, 2006.
WORTH, Katherine. Sheridan and Goldsmith. London: Palgrave Macmillan, 1992.
Competencias- Resolución de problemas relacionados coa lectura de textos dramáticos da tradición inglesa.
- Dominio das técnicas escritas utilizadas para analisar textos drmáticos.
Metodoloxía da ensinanza -Docencia Expositiva: 32 h. (2 hrs. semanais). O alumnado verá a través do desenrolo destas clases conceptos teóricos, autores, movementos teatrais e contexto social, político e histórico de cada unha das obras seleccionadas no programa.
-Docencia Interactica: 16 h. (1 hr. semanal). O alumnado levará a cabo pequenas presentacións orais sobre un tema relativo aos textos de lectura obrigatoria que o profesor asignou previamente. A estas presentacións seguirá un debate no que han participar o resto dos/-as compañeiros/-as.
-Titorías: as 3 hrs. de titorías empregaranse para a asignación e indicacións pertinentes dos temas e textos das clases interactivas. Asemade, durante as tutorías o alumnado poderá expoñer ao profesor encargado da materia dúbidas e preguntas sobre calquera dos contidos incluidos na programación da materia e sobre a proba final escrita.
Sistema de evaluación-Asistencia e participación activa nas sesións de docencia interactiva: 30%.
-Proba final escrita: 70% (o/a alumno/-a há obter a lo menos a metade deste valor, un 35%, para poder superar a materia).
Notas importantes:
1) Este sistema de avaliación aplicaráse para ambas convocatorias ás que ten dereito o alumnado
2) Se algún/-ha alumno/-a non asiste á sesión de docencia intercativa na que estaba programada a súa presentación sen xustificación documentada (ex. certificado médico) computará como 0, que logo fará media co resto das cualificacións das súas presentacións das clases interactivas e da asistencia para o cálculo do 40% da nota final.
3) Para o caso extraordinario dalgún/-ha alumno/-a que tivera unha dispensa oficial de asistencia a clase, o 40 % da nota avaliarase cun traballo escrito que o profesor lle asignará.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudio estimado (preparación da docencia interactiva, lectura dos textos obrigatorios, titorías e preparación de exames): 100 HORAS
Recomendacións para o estudo da materia-A asistencia ás sesións de docencia expositiva e interactica é OBRIGATORIA.
-Requírese a lectura previa dos textos seleccionados de xeito OBLIGATORIO para cada unha das sesións de docencia interactiva.
-O/A alumno/-a debe tomar notas do que le e utilzar a bibliografía crítica só como apoio e non en sustitución das lecturas obrigatorias.
ObservaciónsPrégase puntualidade na asistencia a clase.