G5071103 - Lingua Grega 1 (Formación Básica (elixir 1 lingua, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Grega
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.- Coñecer e dominar a gramática do grego clásico.
2.- Adquirir un vocabulario básico do grego.
3.- Adquirir destreza na lectura, comprensión e tradución dos textos e autores propostos.
4.- Coñecer as características principais dos autores e obras que se traducen e do xénero no que se encadran as obras, dentro do contexto xeral da literatura grega.
5.- Adquirir unha visión global da materia no conxunto da Titulación de Filoloxía Clásica.
Contidos1. LECTURA E TRADUCCIÓN DE TEXTOS
Entregarase una antoloxia aos alumnos con textos de escasa dificultade para traducir con dicionario.
2. GRAMÁTICA
Fonética e Fonoloxía Básica
Morfoloxía nominal. Sustantivos, adxetivos e pronomes.
Sistema verbal grego. Verbos temáticos, atemáticos e irregulares.
3. LÉXICO
Memorización dos significados das palabras de léxico básico e de uso máis frecuente. Atención a principales tipos de composición e derivación nominal pola súa incidencia na terminoloxía científica, técnica, artística... das linguas actuais.
4. LECTURAS
Haberá unha lectura obrigatoria que será indicada no seu momento.
Bibliografía básica e complementariaJ. Berenguer Amenós, Gramática griega, Barcelona 2005
F. Sebastián Yarza, Diccionario Griego-Español, Barcelona 2002.
J.M. Pabón, Diccionario manual Griego clásico-Español, Barcelona 2007.
Toda esta bibliografía é accesible na Biblioteca da Facultade, apartado de "frecuentes".
O labor de aulas poderá incluír indicación de bibliografía relativa ós temas estudados.
Competencias1.- Capacidade para a análise gramatical dos textos.
2.- Dominio dos recursos da tradución.
3.- Coñecemento dun vocabulario básico e capacidade de ampliar o acervo léxico a partir del.
4.- Dominio dos instrumentos de consulta: gramáticas. Dicionarios.
5.- Desenvolvemento dunha sensibilidade para valorar o carácter literario dos textos.
Metodoloxía da ensinanza Tres horas de clase presencial á semana en dous eixes: análise, comentario e tradución de textos con explicacións teórico-prácticas de gramática.
O alumno deberá facer a lectura e a tradución dos autores propostos; algunhas desas traducións serán corrixidas e matizadas na clase, coas correspondentes explicacións de todo tipo (lingüístico, literario, de realia, etc.), por parte do profesor. Estas explicacións na clase serviranlle ao alumno como punto de referencia para o comentario das outras traducións que ten que facer pola súa conta e que non serán obxecto de explicación na clase, senón que se deixarán á propia capacidade crítica e de reflexión do alumno, e que si serán obxecto de exame.
Sistema de evaluaciónAs probas finaiss serán sobre a totalidade do programa e consistirán en:
A) - examen SEN diccionario dos textos vistos en clase e en casa,
B) - examen CON e SEN diccionario de outros textos.
C) - unha proba sobre ó programa teórico e ás lecturas obrigatorias.
-Ó longo do curso poderá haber probas parciais que non terán carácter eliminatorio pero poderán ter carácter liberatorio.
-A materia non liberada será obxeto de examen final, que en ningún caso admitirá repeticións o recuperaciones.
-Os exercicios das probas A e B non son complementarios entre si, senon que para aprobar esta parte da asignatura é necesario obter un mínimo de 5 (cinco) puntos en cada un dos apartados.
-Quen non aproben a asignatura na convocatoria de xaneiro examinaránse na de xullo de todo o programa, aínda que ó longo do curso liberaran parte dél.
-Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente deberán facer os exercicios propostos polo profesor e presentarse ao exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de traballo persoal do alumno dependerá sempre e fundamentalmente das súas capacidades e afeccións. pero debe ter como norma básica que en traducción a calidad é fruto da cantidade e que aprender unha lingua nos seus textos é unha inmersión na que a cantidade de texto traducido é o único sustituto válido do que é a práctica oral na inmersión en linguas vivas.
Recomendacións para o estudo da materiaNun estudo vocacional como é o da Filoloxía Clásica non ten sentido recomendar interese pola materia, e aínda menos na leitura e disfrute de clásicos universais. Recomendar responsabilidade non é labor do profesor, pois el é sempre o principal responsable de que o seu traballo motive ou incentive o do alumno.
É moi importante a constancia diaria na tradución.
ObservaciónsA queda imparable de coñecementos básicos de Gramática Grega con que os alumnos chegan a Filoloxía Clásica e a esta asignatura vai facendo cada vez mais irreal a pretensión de que a asignatura sexa unha LECTURA e COMENTARIO de TEXTOS, coma foi sempre, e se convirta nun labor curto e pouco grato de rudimentos da tradución, sempre con moi insuficiente cantidade de texto traducido. Nas mans do alumno e do seu interese e do seu esforzo está unha parte moi esencial do remedio das deficiencias nas que o ten posto o sistema pretendidamente "educativo".