Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071112 - Lingua Latina 2 (Formación Básica (elixir 1 lingua, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Latina
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Gómez Fariña, Lucía.NON
PUENTES ROMAY, JOSE ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia forma parte do módulo de Formación Básica, común a todos os graos da Facultade de Filoloxía da USC e ofrece coñecementos xerais aos alumnos para que poidan abordar con éxito o estudo instrumental lingüístico e literario das linguas. Este módulo común ten por finalidade: a)- asentar as bases para afrontar adecuadamente en cursos sucesivos as asignaturas específicas do Maior, do módulo de Materias complementarias e do Minor de cada grao; b)- asegurar que todos os estudantes dos graos ofertados pola Facultade adquiran os mesmos conoñecementos.


    Contidos
    XERAIS:
    - Lectura, comprensión, comentario y traducción de textos latinos de dificultade media.
    - Repaso xeneral de gramática: estudo específico da sintaxe básica
    - Sintaxe nominal. Sintaxe dos casos.
    - Sintaxe verbal.
    - Lecturas obrigatorias



    ESPECÍFICOS:

    I- TEXTOS

    1.- CATULO: Selecta del 'Catulli Veronensis Liber'

    2.- De ser o caso, textos doutros autores.

    II- TEMAS DE GRAMÁTICA

    1.- Tipos de oracions: declarativas, imperativas, interrogativas
    2.- Orden de palabras
    3.- Sintaxe nominal. Sintaxe dos casos.
    4.- Sintaxe verbal
    5.- Subordinación
    6.- Estilo indirecto

    III- LECTURAS OBRIGATORIAS

    1.- Marrou, H.I., Historia de la educación en la Antigüedad, Ed. Akal, Madrid 1985
    Bibliografía básica e complementaria
    MANUAIS

    - Serbat, G., Les structures du latin, Paris, 1994 (4ª edición).
    - Rubio, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona, 1966/1984.
    - Ernout, A. - Thomas, F., Syntaxe latine. Paris 1964
    - Bassols de Climent, M., Sintaxis latina, 2 vols., Barcelona, 1956.
    - Valentí Fiol, E., Sintaxis latina, Barcelona, 1999.

    DICCIONARIOS ESPECIAIS

    - Ernout, A. – A. Meillet, Dictionnaire étymologique de la langue latine, Paris 1985.
    - Gaffiot, F., Dictionaire illustré latin-français, Paris 1999.
    - Glare, P.G.W. (Ed.), Oxford Latin Dictionary, Oxford 1996.
    - Lewis, C.T. - Ch. Short, A Latin Dictionary, Oxford 1975.

    CATULO (ediciones)

    Dolç, M. Barcelona 1963
    Fernández Corte, J.C. – J.A. González Iglesias, Madrid 2006
    Lafaye, G., Collection Budé, Paris 1966
    Lee, G., Oxford University Press, 1991
    Paolicchi, L., Roma-Salerno 1998
    Petit, J., Barcelona 1981


    Competencias
    Un dos aspectos específicos das competencias e resultados que o estudante ten que adquirir é o do dominio básico dunha Lingua Clásica (grego/latín). Polo que se refire ás competencias e resultados que o alumno ten que adquirir unha vez superado o módulo da materia básica Lingua Clásica: Latín, cómpre sinalar que de maneira xeneral o alumno ten que adquirir un dominio básico da Lingua Latina Clásica, fundamentalmente por medio de exercicios de análise gramatical dos textos latinos e do dominio dos recursos máis xenéricos da traducción de textos de dificultade crecente. Coa realización deste módulo o alumno poderá acadar un dominio xeral da gramática do latín e máis adquirir, de maneira progresiva, un vocabulario básico; tamén terá coñecemento do manexo correcto e útil dos instrumentos de traballo e consulta: gramáticas, diccionarios, obras de referencia. Ademáis, exercitará, a un nivel básico, a capacidade de valorar o carácter literario dos textos obxecto de estudo, nas suas características máis salientables de xénero e estilo.
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo sobre os textos consitirá en:

    - lectura comprensión, comentario e traducción dos textos propostos

    - comentario de problemas de transmisión do texto, se os houbese (comprensión do aparato
    crítico do texto)

    - comentario dos aspectos lingüísticos, estilísticos, literarios e de realia

    - consolidación de vocabulario

    - e finalmente traducción do texto

    Sistema de evaluación
    1- Asistencia e participación: Valorarase a asistencia regular á clase e a participación activa nas distintas actividades: 20 %.

    2-Contidos da materia: Dominio dos contidos teóricos e prácticos, mediante a
    superación das probas que se farán ao largo do cuadrimestre e que consistirán en:
    2.1- Traducción con diccionario dun fragmento non visto na clase do autor sinalado no programa: 10% .
    2.2- Exame de vocabulario: 10%
    2.3- Control de lectura da monografía sinalada como lectura obrigatoria: 10%

    3- Examen final: 50%. Consitirá na traducción con diccionario e comentario dun texto do autor programado. O comentario (obrigatorio) tratará sobra aspectos gramaticais e estilísticos, en coherencia co traballo realizado na clase. Se por calquera razón algunha persoa non realizou alguna das probas descritas no apartado 2, deberá realizalas a seguir, contando cada unha delas na mesma proporción indicada. En ningún caso se han de entender estas probas adicionais como mecanismos de recuperación.
    Na convocatoria do mes de xullo se aplicarán os mesmos criterios que na convocatoria de maio-xuño.

    4.- Os alumnos acon dispensa oficial de asistencia á clase realizarán o mesmo exame final, con todas as probas descritas nos apartados 2.2 e 2.3. A incidencia total sobre a cualificación final será do 80%. O 20% restante deberá ser acadado mediante a elaboración dun traballo scerca dun tema do programa teórico, previamente autorizado e supervisado polo Profesor. A data límite para a súa entrega será o día do exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Bo manexo e comprensión dos textos latinos de calquera periodo esixe un traballo continuado día a día

    - É aconsellable que o estudante dedique a lo menos unha hora diaria á preparación das clases
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Lectura en alta voz dos textos latinos

    - Manexo dun bo diccionario etimolóxico

    - Manexo dun manual de tipo histórico de sintaxe latina

    - Memorización do léxico