Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071113 - Lingua Grega 2 (Formación Básica (elixir 1 lingua, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Grega
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MARTIN VELASCO, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer a Sintaxe do grego antigo con nivel suficiente para acometer a tradución dos seus textos.
    2. Adquirir a través de ditos textos un vocabulario básico que nos facilite o acceso a outros textos e nos evite ser escravos do dicionario.
    3. Coñecer as características principais dos autores e obras que se traducen dentro do contexto xeral da literatura grega.





    Contidos
    1. TRADUCIÓN E COMENTARIO DE TEXTOS
    Entregarase ós alumnos unha antoloxía con textos para traducir con dicionario.

    2. SINTAXE
    A traducción dos textos atenderá moi especialmente á análise sintáctica como medio de adquirir un coñecemento básico das regras e estructuras da Sintaxe do grego antigo.

    3. LÉXICO
    Memorización dos significados das palabras de léxico básico e uso mais frecuente.

    4. LECTURAS
    Haberá unha lectura obrigatoria que será indicada no seu momento.
    Bibliografía básica e complementaria
    GILDERSLEEVE, B. L., (1900), Syntax of Classical Greek from Homer to Demosthenes, New York [www.perseus. tufts.edu y servidores paralelos de Chicago, Oxford y Berlin]
    GOODWIN, W. W. (1889), Syntax of the Moods and Tenses of the Greek Verb, London [www.perseus. tufts.edu]
    HUMBERT, J. (1993), Syntaxe grecque, Paris
    LASSO de la VEGA, J. S. (1968), Sintaxis Griega I, Madrid
    RIJKSBARON, A. (1994), The Syntax and Semantics of the Verb in Classical Greek, Amsterdam
    RODRÍGUEZ ALFAGEME, I. (1988), Nueva Gramática Griega, Madrid.
    RYDBERG-COX, J. A., Overview of Greek Syntax, Edición electrónica, 2000 [www.perseus. tufts.edu]
    SMYTH, H. W. (1956), Greek Grammar, Cambridge (Mass.)
    BIZOS, M., Syntaxe grecque, Paris.

    Competencias
    1. Competencia sintáctica para acceder á tradución dos textos.
    2. Adquisición de vocabulario que mellore a capacidade para traducir con maior fluidez e textos mais amplos, ademais de con maior complexidade sintáctica que os vistos en Lingua Grega 1.
    3. Dominio dos instrumentos de consulta: gramáticas, diccionarios, etc.
    4. Iniciación na análise e valoración do carácter literario dos textos traducidos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Tres horas de aula presencial na semana en dous eixos: análise, comentario e tradución de textos e explicacións teórico-prácticas de morfoloxía e sintaxe.
    O alumno debe ter intentado, polo menos, a tradución dos textos propostos, tradución que será revisada e ampliada na aula cas correspondentes explicacións de todo tipo (lingüístico, literario, de "realia", etc.) por parte do profesor.


    Sistema de evaluación
    A axistencia e a realización dos traballos propostos é obrigatoria.
    A porcentaxe da cualificación é a seguinte:
    1º Traballo na aula 30% (3 sobre 10)
    2º Lectura 5% (0,5 sobre 10)
    3º Exame final 65% (6,5 sobre 10)
    As probas finais constan das seguintes partes:
    A) - exame SEN diccionario dun texto no visto nas aulas.
    B) - exame CON diccionario dun texto de nivel similar ó dos vistos nas aulas.
    C) - exame sobre cuestiones de Morfoloxía e vocabulario
    .
    Nota importante.- Os exercicios do exame final no son complementarios ou compensatorios entre sí, senón que é necesario obter un mínimo de 5 (cinco) puntos en cada unha das probas.

    Ó longo do curso poderá haber probas parciais que nunca serán liberatorias da materia obxecto de exame nin
    eliminatorias do alumno que non acade nelas a cualificación de aprobado.
    Os que non aproben a asignatura na convocatoria de xaneiro se examinarán na de xullo de todo o programa, con
    independencia de que en xaneiro acadaran nota de aprobado nalgunha das probas de tradución e de cuestións
    morfolóxicas.
    Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente deberán facer os exercicios propostos polo profesor e
    presentarse ao exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    8 horas semanales: 6 de práctica de traducción + 2 de estudio de gramática y vocabulario.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Nun estudo vocacional como é o da Filoloxía Clásica non ten sentido recomendar interese pola materia, e aínda menos na leitura e disfrute de clásicos universais. Recomendar responsabilidade non é labor do profesor, pois el é sempre o principal responsable de que o seu traballo motive ou incentive o do alumno.
    É moi importante a constancia diaria na tradución.
    E, sobre todo, é esencial que o alumno non se refuxie ou desculpe nas causas, nos causantes e no ambiente do seu baixo nivel de formación e información, senón que poña todo o seu esforzo persoal en superalo e en poder seguir con normalidade un Grao universitario en lingua e textos que son para calquera cousa menos para inercias e vagancias.
    Observacións
    É moi importante a constancia diaria na tradución.