G5071225 - Textos Gregos 2 (Maior en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Seminario: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Grega
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDominar a tradución das partes de dificultade moderada da obra de Eurípides, o que supoñera tamén un coñecemento do vocabulario máis frecuente na súa obra.
Coñecer os aspectos literarios e estilísticos xerais da obra de Eurípides e das características propias da súa obra teatral.
ContidosLectura, tradución e comentario filolóxico (lingüístico e literario) da Medea de Eurípides
Bibliografía básica e complementariaEdicións e Comentarios:
-Diggle, J. (ed.), «Euripidis Fabulae. I Cyclops ; Alcestis ; Medea ; Heraclidae ; Hippolytus ; Andromacha , Oxford, 1988 [edición: texto base].
- Euripides, Medea, edited by Donald J. Mastronarde, Cambridge 2008 (texto griego con comentarios).
- Euripides, Medea, the text edited with introduction and commentary by Denys L. Page, Oxford-N. York 2001.
Traducións:
- Medina González, A. & J. A. López Férez (eds.), Eurípides / Tragedias (vol. I), Madrid : Gredos 1991.
- Melero Bellido, A. (ed.), Cuatro tragedias y un drama satírico / Euripides, Madrid : Akal, D.L. 1990.
Monografía:
- Allan, W., Euripides, Medea, London 2008.
CompetenciasDominio da lectura, tradución e comentario filolóxico (lingüístico e literario) de textos de Eurípides
Dominar a gramática do grego clásico.
Coñecer un vocabulario dabondo para traducir sen axuda de dicionario textos de Eurípides de dificultade media.
Dominar os recursos de selección semántica para a realización de traducións correctas.
Dominar o uso do dicionario como instrumento de tradución.
Familiarizarse cós principais rasgos estilísticos de Eurípides e coñecer os principais aspectos literarios da súa obra teatral.
Metodoloxía da ensinanza En adición á exposición dos trazos estilísticos e dos principais aspectos literarios da obra dramática de Eurípides e da mencionada “sistematización de vocabulario”, o groso das clases dedicaránse á tradución de textos preparados previamente polos alumnos.
Tamén, ao fío dos textos, iráse facendo un repaso de aspectos concretos da gramática grega, pero correspóndelles aos alumnos, repasala completamente como parte do seu traballo persoal.
Sistema de evaluaciónTraballo na aula: 15% da nota
Exame final: 85% da nota
O exame final consistirá en:
- Un texto SEN dicionario da Medea de Eurípides non visto na aula.
- Un texto CON dicionario dun texto de Eurípides non visto.
Na 2ª convocatoria os criterios de avaliación serán os mesmos.
Para os alumnos con dispensa de asistencia, o exame final será o único criterio de cualificación.
Tempo de estudo e traballo persoalPolo menos una hora diaria de promedio de traballo persoal de tradución.
Polo menos tres horas semanais de repaso de gramática.
Recomendacións para o estudo da materiaE moi importante a constancia diaria na tradución.