Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071324 - Lingüística Latina 1 (Maior en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Latina
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CABRILLANA LEAL, CONCEPCION.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Coñecer o sistema lingüístico latino nos seus aspectos sintácticos, principalmente nunha perspectiva sincrónica (con especial atención á época clásica), pero tamén desde unha perspectiva diacrónica.
    2) Saber analizar e interpretar as estruturas sintácticas que aparecen nos textos latinos.
    2) Desenvolver a capacidade de teorización lingüística mediante a avaliación crítica de diversas propostas explicativas.
    Contidos
    A) TEORÍA
    1. Introdución: delimitación do concepto “sintaxe”; conceptos básicos; unidades de análise sintáctica; características do corpus latino.
    2. A oración simple: concepto, estrutura, constituíntes e niveis, tipos.
    3. Categorías de xénero, número e caso. A concordancia.
    4. Sintaxe dos casos: nominativo e vocativo; acusativo; xenitivo; dativo; ablativo.
    5. As preposicións.
    6. O adxectivo.
    7. Os pronomes.
    8. Adverbios e partículas.
    9. Categorías do verbo: persoa e número; tempo e aspecto; modo e modalidade; voz.
    10. Formas nominais do verbo.
    11. A oración complexa. Coordinación. Subordinación.
    12. Oracións completivas.
    13. Oracións de relativo.
    14. Oracións temporais e causais.
    15. Oracións finais, consecutivas e comparativas.
    16. Oracións condicionais e concesivas.
    17. Orde de palabras.
    18. Consecutio temporum. Atracción modal.
    19. Discurso indirecto.
    B) PRÁCTICA
    Exercicios de análise sintáctica de textos latinos diversos nos que se poñan de manifesto os distintos aspectos sintácticos estudados.
    Bibliografía básica e complementaria
    1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: MANUAIS DE SINTAXE LATINA
    BALDI, Ph. & CUZZOLIN, P. (eds.), New Perspectives on Historical Latin Syntax. Syntax of the Sentence, 4 vols., Berlin 2009-2011
    BAÑOS, J. M. (coord.), Sintaxis del latín clásico, Madrid 2009
    BASSOLS DE CLIMENT, M., Sintaxis histórica de la lengua latina, 2 vols., Barcelona 1945-1948
    BASSOLS DE CLIMENT, M., Sintaxis latina, 2 vols., Madrid 1956
    BENNETT, CH.E., Syntax of Early Latin, 2 vols., Boston 1910-1914
    BLATT, F., Précis de syntaxe latine, Lyon-Paris 1952
    ERNOUT, A.-THOMAS, F., Syntaxe latine, Paris 1953 (2ª ed.)
    GUILLÉN, J., Sintaxis estructural de la lengua latina, Salamanca 1961
    HAPP, H., Grundfragen einer Dependenz-Grammatik des Lateinischen, Göttingen 1976
    HOFMANN, J. B.-SZANTYR, A., Lateinische Syntax und Stilistik, München 1965
    KÜHNER, R.-STEGMANN, C., Ausführliche Grammatik der lateinischen Sprache. II: Satzlehre, 2 vols., revis. A. THIERFELDER, Darmstadt 1980 (8ª ed.)
    LÖFSTEDT, E., Syntactica. Studien und Beiträge zur historischen Syntax des Lateins, 2 vols., Lund 1962 (4ª ed.)
    PANHUIS, D. G. J., Latin Grammar, Ann Arbor 2006
    PINKSTER, H., Sintaxis y semántica del latín, Madrid 1995
    RUBIO, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona 1989 (3ª ed.)
    SCHERER, A., Handbuch der lateinischen Syntax, Heidelberg 1975
    SERBAT, G., Les structures du latin, Paris 1994 (4ª ed.)
    SIHLER, A. L., New Comparative Grammar of Greek and Latin, Oxford 1995
    TOURATIER, CH., Syntaxe latine, Louvain-la-Neuve 1994
    TOVAR, A., Gramática histórica latina. Sintaxis, Madrid 1946
    TRAINA, A.-BERTOTTI, T., Sintassi normativa della lingua latina, Bologna 1985 (2ª ed.)
    WOODCOCK, E. C., A New Latin Syntax, London-Cambridge 1962
    2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    A bibliografía específica sobre cada tema concreto será facilitada na clase no momento oportuno.

    Competencias
    1) Capacidade de definir e delimitar a “sintaxe” como disciplina de análise lingüística.
    2) Capacidade de identificar e analizar os aspectos sintácticos propios da lingua latina.
    3) Capacidade de traballar cos principais enfoques e metodoloxías da descipción e da análise sintácticas aplicables á lingua latina.
    4) Habilidade na utilización dos “instrumenta philologica” pertinentes.
    Metodoloxía da ensinanza
    Unha parte dos contidos será explicada pola profesora e, eventualmente, outra lida e comentada polos alumnos; especialmente estas últimas contarán con sesións de exposición de dúbidas e comentarios críticos suscitados. Ademais, faranse prácticas (tradución e comentario sintáctico) sobre as construcións e aspectos abordados nas sesións teóricas e nas lecturas individuais.
    Sistema de evaluación
    Aistencia e participación activa nas clases: ata un 20% da cualificación
    Exercicios prácticos: ata un 30% da cualificación
    Proba final: ata un 50% da cualificación.

    Si por algún motivo dos contemplados onde corresponde non se dese a asistencia a clase, ese 20% pasaría a formar parte da ponderación que se outorga ás probas final e parcial.
    Na segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos, reuníndose nunha soa proba o exame dos contidos das dúas partes posibles.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal depende en boa medida da capacidade de cada alumno. Recoméndase polo menos unha media de 5 horas de estudo e traballo semanales.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Véxanse os apartados de "Metodoloxía da ensinanza" e de "Tempo de estudos".
    É conveniente que o estudante teña cursadas as materias de "Lingua Latina 1-2" e "Textos Latinos 1-2", para posuír xa uns coñecementos básicos de sintaxe latina e unha certa familiaridade cos textos latinos.
    Observacións
    Na correspondente Guía docente daranse instrucións máis pormenorizadas