Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071327 - Lingüística Indoeuropea 2 (Arte e Pensamento Grecorromanos. Lingüística Indoeuropea) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Lingüística Indoeuropea
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecemento dos principios metodolóxicos que rexen a comparación sistemática das diversas linguas indoeuropeas (IE) entre unhas e outras, especialmente nos seus estadios con máis antigos testemuños escritos.
    2. Comprensión das liñas principais de reconstrución dos sistemas morfolóxico e sintáctico da lingua indoeuropea orixinaria, para poder aplicalas ao coñecemento da evolución das linguas históricas, en especial do grego e do latín.
    3. Coñecemento, nas súas liñas xerais, da lingua e da cultura indoeuropeas que o estado actual da investigación permite reconstruir.
    Contidos
    1. Morfoloxía.— Estrutura da palabra IE. A 'teoría da raíz'.— Morfoloxía nominal. Xénero e número. Sistema casual: constitución e evolución da flexión nominal. Tipos flexivos e desinencias. O adxectivo e a súa gradación. Numerais. Derivación e composición. Sistema onomástico.— Morfoloxía pronominal. Pronomes persoais e posesivos, deícticos e fóricos; relativos, interrogativos e indefinidos.— Morfoloxía verbal. Temas verbais e conxugación. O sistema das desinencias. Temas de presente. Temas de aoristo e perfecto. Consideracións acerca do aspecto. O futuro. Temas modais. Formas nominais do verbo.— Palabras non flexivas: adverbios, partículas e conxuncións.

    2. Sintaxe.— Os casos e as súas funcións. A oración e os seus elementos. Parataxe e hipotaxe. Marcas de subordinación. Orde de palabras na oración e nos sintagmas nominais.
    Bibliografía básica e complementaria
    1. Bibliografía básica:
    -- Adrados, F.R., Bernabé, A. & Mendoza, J. (1995) (1996) (1998), 'Manual de Lingüística Indoeuropea', Madrid, Ed. Clásicas.
    -- Beekes, R.S.P. (2011), 'Comparative Indo-European Linguistics. An Introduction', Second edition, Amsterdam / Philadelphia, John Benjamins.
    -- Clackson, J. (2007), Indo-European Linguistics. An Introduction, Cambridge.
    -- Fortson IV, B.W. (2010), 'Indo-European Language and Culture. An Introduction', Second Edition, Malden, MA / Oxford / Carlton, Wiley-Blackwell.
    -- Gamkrelidze, T.V. & Ivanov, V.V. (1995), 'Indo-European and the Indo-Europeans', Berlín / New York, de Gruyter, 1995.
    -- Meier-Brügger, M. (2010): Indogermanische Sprachwissenschaft, 9., durchgesehene und ergänzte Auflage. Unter Mitarbeit von M. Fritz und M. Mayrhofer, Berlin / New York, Walter de Gruyter [Traducción inglesa da 8ª ed. 2002, a cargo de Ch. Gertmenian [2003]: Indo-European Linguistics, Berlin etc., de Gruyter].
    -- Sihler, A.L. (1995), 'New Comparative Grammar of Greek and Latin', New York / Oxford, 1995.
    -- Szemerényi, O. (1996), 'Introduction to Indo-European Linguistics', Oxford, Clarendon Press [Traducción española da ed. de 1970: 'Introducción a la lingüística comparativa', Madrid, Gredos, 1978].
    -- Villar, F. (1996), 'Los indoeuropeos y los orígenes de Europa. Lenguaje e historia', Madrid, Gredos.

    2. Bibliografía complementaria:
    -- Brugmann, K. & Delbrück, B. (1967), 'Grundriss der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen', reimpr. Berlin / New York (= 2ª ed. Strassburg, 1897-1916).
    -- Mallory, J.P. & Adams, D.Q., eds. (1997), 'Encyclopedia of Indo-European Culture', London / Chicago, Fitzroy Dearborn.
    -- Meillet, A. (1964), 'Introduction à l'étude comparative des langues indo-européennes', reimpr. University of Alabama Press.
    -- Pokorny, J. (1959, 1969), 'Indogermanisches etymologisches Wörterbuch', Bern / München, Francke.
    -- Rix, H. (unter Leitung von) (2011), 'Lexikon der indogermanischen Verben', Wiesbaden, Reichert.
    -- Watkins, C. (1969), 'Indogermanische Grammatik III: Formenlehre. Erster Teil: Geschichte der Indogermanischen Verbalflexion', Heidelberg, Winter.
    Competencias
    -- Coñecemento e valoración crítica das diversas metodoloxías e concepcións teóricas da reconstrución lingüística.
    -- Aplicación do método histórico-comparativo à reconstrución de estadios de lingua non documentados.
    -- Capacidade para aplicar os coñecementos comparativos ao estudo diacrónico e á investigación etimolóxica nas linguas clásicas e outras linguas indoeuropeas antigas e modernas.
    -- Resolución de problemas prácticos de reconstrución nos niveis morfolóxico e sintáctico.
    -- Discernimento dos diversos graos de parentesco das linguas indoeuropeas entre elas e das posibles relacións do grupo indoeuropeo con outros do seu contorno.
    -- Aplicación dos coñecementos tirados da lingüística histórico-comparativa ás diversas disciplinas humanísticas en contacto (antropoloxía, prehistoria e historia antiga, relixión, pensamento antigo, etc.).
    Metodoloxía da ensinanza
    O curso concíbese, en principio, como totalmente presencial. Das tres horas semanais de clase, dedicarase entre media e unha hora á resolución de problemas de tipo práctico (reconstrución dende correspondencias lingüísticas e explicación evolutiva das formas históricas dende as formas reconstruídas).
    O profesor poderá propoñer lecturas obrigatorias e recomendadas. Os estudantes poderán propoñer o afondamento en aspectos concretos do temario que sexan do seu especial interese, tanto se se trata das linguas clásicas como doutras linguas indoeuropeas.
    Os materiais máis importantes e os exercicios estarán dispoñibles na Aula Virtual.
    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación serán os seguintes (válidos para ambas convocatorias):
    1º) Asistencia e participación nas aulas e nas actividades desenvolvidas nelas: 25% da calificación total.
    2º) Realización e exposición de traballos e exercicios propostos: 25% da calificación.
    3º) O exame final suporá o 50% da calificación total. Constará de dúas partes: unha teórica, con desenvolvemento de temas ou conceptos, así como dos contidos das lecturas obrigatorias, e outra práctica, na que se resolverán exercicios de correspondencias e comparación.
    4º) Os alumnos con dispensa oficial de asistencia ás aulas serán avaliados exclusivamente a partir do exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Materia de 6 créditos ECTS (6x25 = 150 h de carga de traballo para o estudante).
    Estos créditos divídense en 3 teóricos e 3 prácticos.
    Traballo dirixido polo profesor: 75 h (50%) [: 42 h (56%) de actividade presencial (tres horas por semana durante o segundo cuadrimestre) e 33 h (44%) de actividade non presencial dirixida]. Traballo autónomo do estudante: 75 h (50%).
    Distribución de horas para cada actividade:
    Clases teóricas: 18 h presenciais e 37 h de traballo autónomo.
    Clases práticas: 18 h presenciais e 37 h de traballo autónomo (incluíndo 3 de traballo dirixido).
    Lecturas + debate: 2 h presenciais e 15 h no presenciais de lectura dirixida.
    Traballo + debate: 2 h presenciais e 15 h no presenciais de traballo.
    Titorías especializadas: 2 h presenciais e 4 h de traballo autónomo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia á clase considérase especialmente necesaria, dada a natureza da materia, na que se expoñen conceptos e se plantexan problemas fundamentalmente novos para o estudante. A revisión e o control diario por parte dos alumnos fanse tamén necesarios para poder ir consolidando de xeito acumulativo os diversos bloques de coñecemento; así, un coñecemento deficiente da parte dedicada á morfoloxía imposibilita o avance en sintaxe. Aconséllase vivamente a participación dos estudantes nas aulas coa exposición de todas as dificultades ou puntos escuros que lles suxiran tanto as explicacións teóricas do profesor como a consulta da bibliografía recomendada.
    Máis alá da indubidable aplicabilidade da materia á Filoloxía Clásica, recoméndase encarecidamente o seu estudo aos estudantes de todas as especialidades de Filoloxía, sobre todo se orientan a súa formación á lingüística diacrónica (gramática histórica, etimoloxía) e á literatura comparada.
    Observacións
    Recoméndase ao estudante que adquira un dominio, polo menos a un nivel básico de lectura, das linguas alemá, inglesa e francesa (imprescindibles para a consulta da bibliografía).