Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071341 - Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos I (Materias optativas específicas do grao en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Grega
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRO PARDO, AMELIA DEL CARMEN.SI
RODRIGUEZ PEREZ, JOSE CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia corresponde ao Módulo optativo "Formación avanzada en Filoloxía Clasica". Este módulo ten por finalidade "tanto completar a formación do alumno en aspectos relevantes do ámbito da Filoloxía Clásica que non se contemplan noutros módulos da Titulación, como dar resposta a súas futuras demandas de formación" (Proyecto de Memoria para la Verificación del Título de Grado en Filología Clásica por la Universidade de Santiago de Compostela, p. 42).

    No curso 2013-2014 explicarase o sistema métrico da poesía grega antiga con dous obxectivos principais:

    - Introducir ao alumno no ámbito da produción poética clásica a través do coñecemento das técnicas de versificación da poesía grega.

    - Facer un estudo descritivo da métrica grega, no que primará a aplicación práctica dos contidos teóricos mediante a lectura e a análise dunha selección de textos poéticos que abarquen os principais ritmos da poesía grega.

    Contidos
    Métrica Grega

    1. Introdución
    1.1. Historia da versificación grega
    1.2. Métrica e prosodia grega
    2. Ritmos e unidades compositivas da poesía xonia e do modo recitado e recitativo do drama ático.
    2.1. Versos homométricos (hexámetro dactílico, trímetro iámbico, coliambo, tetrámetro trocaico cataléctico, tetrámetro anapéstico cataléctico e sistemas)
    2.2. Versos asinartetos
    2.3. Estrofas epódicas
    3. Ritmos e unidades compositivas da poesía doria e eolia
    3.1. Construcións "katà métron" (dactílico, anapéstico, trocaico, iámbico, crético, docmíaco, xónico e coriámbico)
    3.2. Construcións "non katà métron" (eolocoriambos e dáctilo-epítritos).


    Bibliografía básica e complementaria
    Indícase unha bibliografía básica de tipo xeral: a máis específica será indicada no seu momento ao longo do curso.

    1. Prosodia e Métrica Grega:

    - Barris, J. S. (2011), Metre and Rhythm in Greek Verse, Wien : Österreiche Akadamie der Wissenschaften.
    - Battezzato, L. (2009), “Metre and Music”, en: F. Budelmann (ed.), Greek Lyric, Cambridge : Cambridge University Press, 130-146.
    - Ceccarelli, L. (1999), Prosodia y métrica del latín clásico. Con una introducción a la métrica griega, Sevilla : Universidad de Sevilla, S.P.
    - Guzmán Guerra, A. (1997), Manual de métrica griega, Madrid : Ediciones Clásicas.
    - Kannicht, R. (1997), "Griechische Metrik", en: H.G. Nesselrath (ed.), Einleitung in die griechische Philologie, Stuttgart / Leipzig : B.G. Teubner, 343-362.
    - Kazazis, J.N. (2007), "Ancient Greek Meter“, en: A.F. Christidis, M. Arapopoulou & M.Chriti (eds.), A History of Ancient Greek from the Beginnings to Late Antiquity, Cambridge, UK / New York : Cambridge UP, 1033-1044.
    - Martinelli, M.Ch. (1995, 6ª reimpr. 2001), Gli strumenti del poeta. Elementi di Metrica greca, Bologna : Cappelli Editore.
    - West, M.L. (1987), Introduction to Greek Metre, Oxford : Clarendon Press.


    Competencias

    - Coñecer e comprender as nocións básicas do sistema métrico e prosódico da poesía grega: o ritmo cuantitativo; elementos rítmicos (a sílaba métrica, as licenzas prosódicas, a pausa e o acento).
    - Coñecer e comprender as unidades e estruturas rítmicas nas que se expresa esta poesía: pé, metro, colon, verso, sistema, período e estrofa.
    - Manexo da bibliografía básica.
    - Aplicar estes contidos teóricos básicos ao comentario literario e lingüístico dos textos poéticos.





    Metodoloxía da ensinanza

    A materia consta de 6 créditos (6 x 25= 150 horas de traballo do alumno) das que 51 horas son presenciais. Estas horas están programada en 16 sesións Interactivas de Seminario, 32 sesións Expositivas e tres Titorías programadas.

    A pauta de traballo será a seguinte:

    - Exposición teórico-práctica das nocións básicas de cada tema por parte da profesora nas horas Expositivas.
    - Nas horas de Seminario o alumno traballará con textos nos que deberá aplicar os métodos de análise métrico explicados previamente.
    - Realización dun traballo persoal que consistirá na análise métrica e prosódica dun texto.

    Para apoio á docencia e titoría, contarase cunha aula virtual no Campus Virtual da USC.

    -

    Sistema de evaluación
    - Valorarase o traballo realizado polo alumnado na aula ao longo do cuadrimestre no que ten de esforzo, progreso na aprendizaxe, participación activa nas tareas a realizar. Esta valoración constitúe o 20% da cualificación final.

    - Traballo que consistirá na análise métrica dun texto poético. Valorarase a asimilación e aplicación no comentario das explicacións expostas na aula, e a súa presentación formal. Este traballo suporá o 10% da cualificación.

    - Exame final que representará o 70% da cualificación na que se avaliará o coñecemento e a comprensión por parte do alumno dos contidos teóricos básicos e a súa aplicación na análise métrica-prosódica dos textos poéticos. Esta proba realizarase ao final do primeiro cuadrimestre na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade.

    - Na segunda convocatoria de avaliación, respetaranse os criterios de cualificación aplicados na convocatoria de final do Cuadrimestre. A data do examen será a fixada pola Secretaría da Facultade.

    O exame final tanto na convocatoria de final do primeiro cuadrimestre como na segunda convocatoria terá unha duración máxima de tres horas.

    Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente, a parte da realización do exame final, deberan presentar o traballo que supón o 10% de cualificación e entregar a través da aula virtual o análise métrico dos textos poéticos que se traballen na aula presencial.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tendo en conta que as horas presenciais son 51 horas (16 S + 32 E + 3 T), quedan en mans do alumno 99 horas. Recoméndase que esas horas de estudo persoal o alumno as distribúa ao longo das semanas lectivas, deixando un número maior de horas para as semanas que terá que realizar o traballo. Na guía docente presentarase unha proposta de horas de distribución de traballo.


    Recomendacións para o estudo da materia

    Recoméndase a asistencia á docencia impartida nas horas presenciais, dado o carácter eminentemente práctico e progresivo dos contidos desta materia.