G5071342 - Análise Literaria de Textos Gregos (Materias optativas específicas do grao en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Grega
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia Ofrecer o coñecemento básico do contexto histórico, social e cultural no que xorden e se desenvolven os xéneros dramáticos en Grecia.
Analizar nos textos dramáticos os elementos que permiten facer a reconstrución do aspecto espectacular.
Presentar os principais problemas, autores e obras do teatro clásico para establecer unha evolución dos xéneros.
Contidos1.- Os textos dramáticos como textos espectaculares. A posta en escena
2.- O xénero tráxico: orixe, características e evolución
3.- Esquilo
4.- Sófocles
5.- Eurípides
6.- O drama satírico
7.- O xénero cómico: orixe, caracteríticas e evolución
8.- A Comedia Antiga: Aristófanes
9.- A Comedia despois de Aristófanes
As lecturas obrigatorias indícanse na guía docente
Bibliografía básica e complementariaDover, K. - E.L. Bowie - J. Griffin - M.L. West (eds.), Literatura en la Grecia antigua. Panorama del 700 a.C. al 500 d.C., Madrid 1986.
Easterling, P.- B.M.W. Knox (eds.), Literatura Griega, Madrid (Gredos) l990.
Harvey, P. (ed.), The Oxford Companion to Classical Literature, Oxford U.P. 1984.
Lesky, A., Historia de la literatura griega, Madrid (Gredos) l968.
López Férez, J.A.(ed.), Hª de la literatura griega, Madrid (Cátedra) l988.
Montanari, F., Storia della Letteratura greca, Roma 1998.
Privitera, G.A. & Pretagostini, R., Storia e testi della Letteratura greca, Milano 1997.
Rossi, L.E., Letteratura Greca, Firenze (Le Monnier) 1995.
Saïd, S. & Tréde, M. & Boulluec, A., Histoire de la littérature grecque, Paris 1997.
Para máis información consúltese a guía docente
CompetenciasObter a capacidade de ver os textos dramáticos como textos espectaculares.
Acadar a capacidade de relacionar os textos dramáticos co desenvolvemento da polis e as ideas que lle serven de alicerce.
Manexo dos métodos e técnicas da análise literaria dos textos dramáticos.
Metodoloxía da ensinanza Cada tema ten unha parte de exposición teórica na que se desenvolverán os puntos fundamentais que se indican no programa. Para poder seguila con aproveitamento, o alumno debe ler previamente as lecturas obrigatorias correspondentes ao tema en cuestión.
O profesor fará un control das lecturas obrigatorias de cada tema, que contará para a nota final.
As exposicións teóricas completaranse con actividades prácticas que consistirán en lectura e comentario de textos.
Ao final de cada tema dedicaremos tempo á resolución de dúbidas e problemas. Recoméndae a participación activa dos alumnos.
Sistema de evaluación- Un 10% da nota corresponde aos controis das lecturas obrigatorias (1 sobre 10).
- Un 10% da nota corresponde á participación activa nas aulas (1 sobre 10)
- Un 20 % da nota a un traballo (2 sobre 10).
- Un 60 % ao exame final (6sobre 10).
O examen final consistirá en:
- Preguntas sobre o contido teórico do programa.
- Comentario dun texto.
O sistema de avaliación é o mesmo para as dúas convocatorias.
Os alumnos con dispensa para asistiren a clase, ademais de presentarse ao exame final, deberán elaborar un traballo sobre un dos autores de traxedia ou de comedia. Os temas dos traballos terán que ser previamente acordardos co profesor.
Tempo de estudo e traballo persoal90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaCómpre facer as lecturas obrigatorias antes de comeza a exposición teórica na aula para acadar así un mellor aproveitamento.