Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071344 - Curso Monográfico de Latín 1 (Materias optativas específicas do grao en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Latina
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Conseguir que os alumnos coñezan autores e obras representativos da Literatura latina da Idade Media.
    Discutir e reflexionar arredor dos conceptos de literatura latina, literatura vulgar, estados nacionais e cultura escrita transnacional.
    Coñecer as dinámicas da transmisión das culturas antigas, de índole pagá e de índole cristiá, na Europa dos séculos VII a XV a partir de exemplos e de situacións seleccionados.

    Contidos
    Tema 1: Introdución: problemas metodolóxicos no estudo da Literatura Latina Medieval. Xustificación da nosa escolla.

    Tema 2: Literatura e cultura na Hispania visigoda

    Tema 3: Arredor de Carlomagno: vida cultural e xéneros literarios na corte carolinxia

    Tema 4: Poesía europea dos séculos XI e XII: o sacro e o profano.

    Tema 5: Profecías e apocalipses na Literatura Latina Medieval

    Bibliografía básica e complementaria
    BERTINI, F., Letteratura latina medievale in Italia (secoli V- XIII), Busto Arsizio 1988.
    BRUNHOLZL, F., Histoire de la littérature latine du Moyen Âge, Tome I: De Cassiodore à la fin de la Renaissance carolingienne, vol. 1: L' Époque mérovingienne; vol. 2: L' Époque carolingienne; Tome II: De la fin de l' époque carolingienne au milieu du XI siècle, Turnhout 1990- 1996.
    CODOÑER, C. (coord.), La Hispania visigótica y mozárabe. Dos épocas de su literatura, Universidad de Extremadura-Universidad de Salamanca, 2010.
    HEXTER, R and D. TOWNSEND, The Oxford Handbook of Medieval Latin Literature, Oxford-New York, Oxford University Press, 2012.
    RIGG, A. G., A History of Anglo- Latin Literature (1066- 1422), Cambridge 1992.
    VV.AA., Letteratura latina medievale (secoli VI- XV). Un manuale, Firenze 2002.
    VV.AA., Lo spazio letterario del medioevo, 5 vols., Roma, 1999-
    Competencias
    Coñecemento dos principais autores e obras da literatura latina medieval, así como dos principais temas tratados na mesma.
    Lectura e análise de textos literarios escritos en latín entre os séculos VII e XV.
    Reflexión sobre a recepción das culturas antigas e a súa metamorfose e adaptación ás novas sociedades europeas.
    Metodoloxía da ensinanza
    Os temas expllcaranse en aulas dacordo co programa. Os alumnos lerán pola sua conta algunhas obras (ou partes de obras) representativas que lles serán indicadas ó longo do curso; estas lecturas serán materia de control por parte da profesora.
    O traballo nas aulas terá sobre todo unha dimensión práctica, coa lectura e análise de textos representativos, sempre baixo a guía da profesora.
    Sistema de evaluación
    Asistencia: 20%
    Control de lecturas: 30%
    Exame: 50%
    O exame da convocatoria de xullo terá as mesmas características có exame final de xuño.

    Para os alumnos que de xeito xustificado non asistan ás aulas, a esixencia de resposta escrita elevarase, de xeito que o control de lecturas por escrito contará o 50% da cualificación final e será condición para poder presentarse ao exame oficial.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tendo a conta que os alumnos deben asistir ás aulas, unha media de unha hora á semana debería abondar para levar a materia ao día.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a aulas; a consulta da bibliografía que se vaia citando e a lectura das obras ou partes de obras que se indiquen.