G5071422 - Lingüística Grega 2 (Maior en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Grega
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer a Fonoloxía e Morfoloxía da lingua grega antiga con profundidade e de xeito que axude á comprensión dos textos literarios, obxectivo principal da Filoloxía.
ContidosOs contidos mínimos son o coñecemento e análise inmediatos do repertorio básico de formas nominais, pronominais e verbais. Enténdese por repertorio básico o que é central e constante nos textos literarios que constitúen o obxectivo central da formación filolóxica:
-Fonética e Fonoloxía
-Morfoloxía nominal. Sustantivos, adxetivos e pronomes
-Sistema verbal grego. Verbos temáticos, atemáticos e irregulares
Bibliografía básica e complementaria-BRANDENSTEIN, W., Griechische Sprachwissenschaft. I, Einleitung, Lautsystem, Etymologie, 1954, II, Wortbildung und Formenlehre, 1959, III, Syntax I, Einleitung. Die Flexibilien, 1966, Berlin - New York. Traducción española. de I-II por V. García-Yebra, Lingüística Griega, Madrid, 1964.
-CHANTRAINE, P., Morphologie historique du grec, Paris, 1961, 2ª ed. Traducción española por A. Espinosa, Morfología histórica del griego, Reus, 1983, 2ª ed.
-LEJEUNE, M. Phonétique Historique du Mycénien et du Grec Ancien, Paris 1972.
-MEIER-BRÜGGER, M., Griechische Sprachwissenschaft. I, Bibliographie, Einleitung, Syntax. II, Wortschatz, Formenlehre, Lautlehre, Indizes, Berlin-New York, 1992.
-RIX, H., Historische Grammatik des Griechischen, Darmstadt, 1992, 2ª ed.
-SCHWYZER, E., Griechische Grammatik, I, Munich 1939.
A lección maxistral incluirá indicacións bibliográficas específicas da materia explicada.
CompetenciasCoñecemento inmediato e fluído da Fonoloxía e Morfoloxía Grega, con capacidade de identificación de todas as formas constituíntes dos textos literarios que se van comentar e traducir nas materias de Lingua Grega, centrais da formación filolóxica.
Metodoloxía da ensinanza Leccións maxistrais e, ocasionalmente, algunha proba non liberatoria.
Sistema de evaluación-É decisiva a proba final. O labor diario con cursos de tan poucos alumnos chega á fin de curso tendo idea clara das actitudes e mais das aptitudes de cada un.
-Ao longo do curso, poderá haber probas parciais que poderán ter carácter liberatorio. A materia non liberada será obxecto de exame final, que en ningún caso admitirá repeticións ou recuperacións.
-Os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase examinaranse de todo o programa o final do curso.
-Quen non aprobe a materia na convocatoria de xaneiro, examinarase na de xullo de todo o programa, aínda que ao longo do curso liberara parte del.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de traballo persoal do alumno dependerá sempre e fundamentalmente das súas capacidades e afeccións, pero debe ser, como mínimo, equivalente ao tempo das leccións maxistrais e destinado a amplialas e asentalas na bibliografía.
Recomendacións para o estudo da materiaNun estudo vocacional como é o da Filoloxía Clásica non ten sentido recomendar interese pola materia. Recomendar capacidade é ineficaz. Recomendar responsabilidade no alumno non é labor do profesor, que é sempre o principal responsable de que o seu traballo motive ou incentive o do alumno.
ObservaciónsO devalo imparable de coñecementos básicos de Gramática Grega con que os alumnos chegan á Filoloxía Clásica e a esta materia vai facendo cada vez máis irreal a pretensión de ir máis alá da información mínima, sen pretensións histórico-comparadas ou doutros métodos ou coñecementos que finxan presupor que o alumno sabe as declinacións e as conxugacións.