G5071424 - Lingüística Latina 2 (Maior en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Latina
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecemento teórico-práctico das cuestións máis relevantes pertencentes á fonética e morfología latinas como medio para a comprensión e a análise de textos literarios e epigráficos.
ContidosParte I: Fonética e Fonología
Tema 1. Situación lingüística da lingua latina. Conceptos xerais básicos.
Tema 2. O alfabeto e a súa pronuncia.
Tema 3. O acento. A sílaba.
Tema 4. O sistema vocálico; evolución diacrónica. Timbre, cantidade, diptongación. Diferentes fenómenos vocálicos.
Tema 5. Semiconsonantes e sonantes.
Tema 6. Consonantismo; evolución diacrónica. Consonantismo simple, dobre e múltiple.
Parte II: Morfología
Tema 7. Conceptos xerais básicos. A palabra: evolución diacrónica.
Tema 8 Morfología nominal: temas en ?a; temas en -e/-o; temas en consonante; temas en -u, -i e diptongo; temas en -e. A declinación greco-latina.
Tema 9. Flexión do adxectivo.
Tema 10. Morfología pronominal.
Tema 11. O numeral.
Tema 12. Adverbio, preposición, conxunción.
Tema 13. Morfología verbal: evolución dacrónica; desinencias. Tema de presente; tema de perfecto.
Tema 14. Morfología verbal: formacións temporais e modais.
Tema 15. Morfología das formas nominal-verbais.
Bibliografía básica e complementariaAllen, W. S., Vox latina, Cambridge, 1978.
Baldi, Ph., The foundations of Latin, Berlin/New York, 2002.
Ballester, X., Fonemática del latín clásico. Consonantismo, Zaragoza, 1996.
Bassols de Climent, M., Fonética Latina, con un Apéndice sobre Fonemática Latina, por S. Mariner.
Beltrán, J. A., Introducción a la Morfología Latina, Zaragoza, 1999.
Ernout, A., Morphologie historique du latin, Paris, 1953.
Herrero Llorente, V. J., La lengua latina en su aspecto prosódico, Madrid, 1971.
Leumann, M., Lateinische Laut- und Formenlehre, München, 1977.
Meiser, G. Historische Laut- und Formenlehre der lateinischen Sprache, Darmstadt, 1998.
Molina Yévenes, J., Estudios Latinos I. Fonética, fonología, morfología, Barcelona, 1968.
Monteil, P., Elementos de fonética y de morfología del latín, Sevilla, 1992 (trad. C. Fernández).
Niedermann, M. Phonétique historique du latin, Paris, 19854.
Palmer, L. R., The Latin Language, Oxford (trad. esp. Introducción al latín, Barcelona, 1984).
Sihler, A. L., New Comparative Grammar of Greek and Latin, Oxford, 1995.
Weiss, M., Outline of the Historical and Comparative Grammar of Latin, Beech Stave Press, Ann Arbor/New York, 2009.
Comentarase en clase a importancia e características de cada un destes traballos; ademais, proporcionarase bibliografía complementaria máis específica a medida que se vaian explicando os distintos temas.
Competencias- Coñecemento teórico-práctico dos contidos fundamentais relativos á fonética e morfología latinas.
- Capacidade de análise fonético e morfológico dos textos latinos, baseado no recoñecemento e a aplicación dos contidos teóricos á interpretación dos textos.
- Capacidade de interrelacionar distintos niveis da lingua latina.
- Aplicación dun método estruturado de razoamento mediante a reflexión sobre a lingua e a aprendizaxe de técnicas de análises.
- Habilidade para utilizar información pertinente de diferentes fontes e ferramentas filológicas.
Metodoloxía da ensinanza A explicación dos contidos teóricos por parte da profesora verase ilustrada e complementada pola análise individual e en grupo de partes de textos basicamente epigráficos que serán proporcionados en clase.
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación activa nas clases: ata un 20% da cualificación.
Exercicios prácticos: ata un 30% da cualificación.
Proba parcial e final (de cada un dos dous bloques de contidos, respectivamente): ata un 50% da cualificación; será necesario aprobar cada parte para aprobar a materia.
Se por algún motivo dos contemplados onde corresponde non se dese a asistencia a clase, ese 20% pasaría formar parte da ponderación que se outorga ás probas parcial e final.
Na segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos, reuníndose nunha soa proba o exame dos contidos das dúas partes.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e traballo persoal depende en boa medida da capacidade de cada alumno. Recoméndase polo menos unha media de 3 horas de estudo e traballo semanais.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase vehementemente que o material explicado en clase sexa obxecto de estudo, revisión e utilización continuada, de modo que se facilite así a aprendizaxe e memorización dos contidos da materia.