Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071444 - Análise Lingüistica de Textos Gregos (Materias optativas específicas do grao en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín e Grego
  • Áreas: Filoloxía Grega
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRO PARDO, AMELIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Materia que corresponde ao módulo optativo "Formación avanzada en Filoloxía Clásica".

    Profundizarase no estudo das variantes diatópicas do grego antigo nos niveis fonético-fonolóxico, morfolóxico, léxico e sintáctico a través da lectura e análise de textos representativos de orixe epigráfica.
    Contidos
    I. Bloque
    1.- Obxectivo, método e fontes para o estudo dos dialectos gregos.
    2.- A Clasificación dialectal e o grego común.

    II Bloque
    3.- O Grego micénico.
    4.- Grupo arcadio-chipriota. O Panfilio.
    5.- Grupo xónico-ático.
    6.- Grupo eólico: tesalio, beocio e lesbio.
    7.- O Grego occidental.



    Bibliografía básica e complementaria
    -. Adrados, F.R. (1999), Historia de la lengua griega: de los orígenes a nuestros días, Madrid : Gredos D.L.
    -. Bakker, E.J. (2010), A Companion to the Ancient Greek Language, Chichester / Malden : Wiley-Blackwell.
    -. Buck, C.D. (1968, 4.ª ed.), The Greek Dialects. Grammar. Selected Inscriptions. Glossary, Chicago / London : Chicago U.P.
    -. Colvin, S. (2007), A Historical Greek Reader. Mycenaean to the Koiné, Oxford : Oxford University Press.
    -. Christidis, A.F. (2007), A History of Ancient Greek. From the Beginnings to Late Antiquity, Cambridge : Cambridge University Press.
    -. Duhoux, Y. (1983, 2.ª ed.), Introduction aux dialectes grecs anciens. Problèmes et méthodes, Louvain / Paris : Peeters.
    -. Guarducci, M. (1967-75), Epigrafia greca, Roma : Istituto Poligrafico dello Stato.
    -. Jeffery, L.H. & A.W. Johnston (1990, 2.ª ed.), The Local Scripts of Archaic Greece, Oxford : Clarendon Press.
    -. Thumb, A. & E. Kieckers (1959), Handbuch der griechischen Dialekte, vol. 1, Heidelberg : Carl Winter.
    -. Thumb, A. & A. Scherer (1959), Handbuch der griechischen Dialekte, vol. 2, Heidelberg : Carl Winter.

    Na explicación de cada tema se proporcionará bibliografía máis específica.
    Competencias
    - Saber sinalizar no mapa as diferentes áreas dialectais e localizacións xeográficas de interés.

    - Coñecer os diferentes sistemas de escritura e as limitacións que poden presentar para reflectir o sistema fonolóxico dos dialectos gregos.

    - Situar cronoloxicamente as fases de converxencia e diverxencia da lingua grega: grego común, dialectos e linguas comúns.

    - Achegamento aos problemas que suscita o estudo da fragmentación dialectal.

    - Coñecemento e comprensión dos principais trazos diferenciais dos dialectos gregos e a súa distinción nos textos dialectais.

    Metodoloxía da ensinanza
    - O temario está dividido en dúas partes:

    - Os dous primeiros temas son de carácter teórico.

    - Os cinco temas restantes son de carácter teórico-práctico. A pauta de traballo consistirá na exposición teórica por parte da profesora dos rasgos máis distintivos de cada dialecto. Na aula farase o comentario lingüístico dunha selección cronolóxica e xeográfica dos textos dialectais.

    Algúns dos textos que se comentarán na aula serán entregados previamente aos alumnos para que, como traballo persoal, apliquen os contidos teóricos e o método de análise aprendido, e posteriormente os comenten na aula e poderen así expoñer os problemas e as dúbidas que plantexa a súa lectura.

    O alumno terá que facer unha reseña dunha lectura que se indicará no seu momento.

    Para apoio á docencia e titoría, contarase cunha aula virtual no Campus Virtual da USC.


    Sistema de evaluación
    - Valorarase o traballo persoal do alumno durante o curso, que suporá o 30% da cualificación final.

    - O 70% restante da cualificación corresponderá a unha proba escrita na que se terá que desenvolver por esrito algunha pregunta teórica e facer a análise lingüística e tradución de textos dialectais. Esta proba realizarase na data oficial sinalada pola Secretaría da Facultade.

    - Na segunda convocatoria, respetaranse os criterios de cualificación aplicados na convocatoria do mes de xuño.

    - Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente deberán facer os exercicios propostos pola profesora e na convocatoria oficial se examinarán do programa completo da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo persoal do alumno dependerá sempre, e fundamentalmente, das súas capacidades e afeccións, pero debe ser, como mínimo, equivalente ao tempo das leccións maxistrais e destinado a amplialas e asentalas na bibliografía.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia dos alumnos á aula, o cal axudará ao desenvolvemento aconsellable da exposición teórica e práctica da materia.