Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5071502 - Historia de Roma (Maior en Filoloxía Clásica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Historia Antiga
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Lograr que o alumnado alcance o coñecemento dos aspectos esencias da Historia de Roma nos seus diversos ámbitos: político e institucional, social e económico, cultural ou relixioso; así como do marco xeográfico e cronolóxico de desenvolvemento do Imperio Romano, do valor do legado da cultura clásica, dos elementos culturais comúns na formación de Europa e das liñas actuais de investigación na materia.

    Contidos
    1. Introdución.
    2. A fundación de Roma. A Monarquía
    O Lacio primitivo. Orixes de Roma: fontes (literarias e arqueolóxicas). A monarquía romana: o nacemento de Roma; institucións políticas. As reformas de Servio Tulio.
    3. A formación da República romana. O estado patricio-plebeo
    O conflito patricio-plebeo: factores e etapas. Sistema político: institucións, maxistraturas.
    A anexión de Italia (493-272).
    4. A expansión de Roma polo Mediterráneo
    Cartago. As Guerras Púnicas. Roma e a Península Ibérica
    5. A crise da República. A fin da República.
    O problema agrario e os intentos de solución: os Gracos. Novos intentos de reforma: Mario, A. Saturnino, Livio Druso. A guerra social. A restauración de Sila. O primeiro triunvirato. A guerra entre César e Pompeio. César: reformas e réxime político. Segundo triunvirato. O triunfo de Octavio.
    6. Augusto e a fundación do principado
    Carácter, orixe e fundamentos dos poderes do Princeps. As reformas de Augusto. O problema da sucesión
    7. Alto Imperio: dinastías
    Xulio-Claudios, Flavios, Antoninos, Severos.
    8. Alto Imperio: estrutura social e económica
    9. A crise do século III (235-284).
    Aspectos políticos: a militarización do imperio e a inestabilidade do trono. O perigo exterior e a presión nas fronteiras. Aspectos económicos e sociais: a crise demográfica, económica, monetaria e fiscal do Estado.
    10.A restauración e a reforma (284-305): Diocleciano e a Tetrarquia. O poder imperial.
    As reformas de Diocleciano. A ruína da Tetrarquía e o ascenso de Constantino.
    11. O Imperio Romano-Cristián: de Constantino a Teodosio (324-395).
    12. A división do Imperio e a crise de Occidente (395-476).
    13. A vida cotiá.




    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    -Grimal, P. Historia de Roma. Barcelona, Paidós, 2005.
    -López Barja, P.; F. J. Lomas Salmonte. Historia de Roma. Madrid, Akal, 2004.
    -Mangas, J. Historia universal, v. I-B, Edad Antigua. Roma, Barcelona, Vicens Vives, 1999.
    -Montanelli, I. Historia de Roma. Barcelona. Plaza & Janés, 2001.
    -Roldán Hervás, J. M. Historia de Roma. Universidad de Salamanca, 2005.

    Complementaria:
    -Ariés, Ph.; G. Duby (eds.). Historia de la vida privada, v. I. Madrid, Taurus, 1987.
    -Atlas Akal de historia clásica. Madrid, Akal, 2002.
    -Beard, M. Pompeia. Barcelona, Crítica, 2009
    -Brandt, H. Constantino. Barcelona, Herder, 2007.
    -Bravo, G. (coord.). La caída del Imperio Romano y la génesis de Europa. Cinco nuevas visiones. Madrid, Editorial Complutense, 2001.
    -Bravo, G. Diocleciano y las reformas administrativas del Imperio. Madrid, Akal, 1991.
    -Cameron, A. El bajo Imperio romano, 284-430. Madrid, Encuentro, 2001.
    -Canfora, L. Julio César. Un dictador democrático. Barcelona, Ariel, 2000.
    -Cantarella, E. La mujer romana. Univ. de Santiago de Compostela, 1991.
    -Carcopino, J. La vida cotidiana en Roma en el apogeo del Imperio. Madrid, Temas de Hoy, 2001.
    -Cornell, T. ; J. Matthews. Roma: legado de un imperio. Barcelona, Folio, 1989.
    -Cornell, T. Los orígenes de Roma. Barcelona, Crítica, 1999.
    Crawford, M. et alii, Fuentes para el estudio de la Historia Antigua, Madrid, Taurus, 1986.
    -Crawford, M. La República romana. Madrid, Taurus, 1981.
    -Fernández Ubiña, J. El Imperio romano bajo la anarquía militar. Madrid, Akal, 1990.
    -Fernández Ubiña, J. La crisis del siglo III y el fin del mundo antiguo. Madrid, Akal, 1982.
    -Fraschetti, A. Augusto. Madrid, Alianza, 2000.
    -Gabba, E. ; U. Laffi. Sociedad y política en la Roma republicana. Pisa, Paccini, 2000.
    -Gibbon, E. Historia de la decadencia y ruina del Imperio romano. Madrid, Turner, 1984.
    -Goldsworthy, A. Las Guerras púnicas. Barcelona, Ariel, 2002.
    -Goñi Zubieta, C. Una de romanos: un paseo por la historia de Roma. Barcelona, Ariel, 2007.
    -Goodman, M. The Roman world, 44 BC-AD 180. London-New York, Routledge, 1997.
    -Harris, W.V. Guerra e imperialismo en la Roma republicana 327-70 a.C. Madrid, Siglo XXI, 1989.
    -Heurgon, J. Roma y el Mediterráneo occidental hasta las guerras púnicas. Barcelona, Labor, 1982.
    -Jenkins, R. (ed.) El Legado de Roma: una nueva valoración. Barcelona, Crítica, 1995.
    -Jones, A. H. M. Augusto. Buenos Aires, EUDEBA, 1974.
    -Le Glay, M. Grandeza y decadencia de la República romana. Madrid, Cátedra, 2001.
    -Leppin, H. Teodosio. Barcelona, Herder, 2008.
    -Martínez-Pinna, J. Los orígenes de Roma. Madrid. Síntesis, 1999.
    -Matyszak, P. Legionary. The Roman soldier’s manual. London, Thames & Hudson, 2009.
    -Momigliano, A. (ed.). El conflicto entre el paganismo y el cristianismo en el siglo IV. Madrid, Alianza, 1989.
    -Pastor, B. Constantino: la invención del cristianismo. Madrid, Oberón, 2007.
    -Pina Polo, F. La crisis de la República, Madrid, Síntesis, 1999.
    -Syme, R. La revolución romana. Madrid, Taurus, 1989.
    -Torelli, M. Historia de los etruscos. Barcelona, Crítica, 1996.
    -Veyne, P. La sociedad romana. Madrid, Mondadori, 1991.
    -Williams, S. Diocletian and the Roman recovery, New York, Methuen, 1985.
    -Zanker, P. Augusto y el poder de las imágenes. Madrid, Alianza, 1992.


    Competencias
    Identificar as fontes textuais e arqueolóxicas para o estudo da Historia de Roma.
    Asumir a dimensión espacial do Imperio romano desde as súas orixes mediante a análise de mapas históricos.
    Organizar a información histórica de maneira coherente mediante a realización de comentarios de texto.
    Avaliar de forma crítica a bibliografía consultada, encadrándoa nunha perspectiva teórica.
    Abstraer, sintetizar e analizar os datos a partir da información histórica
    Aplicar o razoamento indutivo e dedutivo para describir, interpretar e valorar os feitos históricos.
    Traballar en equipo.


    Metodoloxía da ensinanza
    2 horas de teoría (para a exposición dos contidos teóricos) e 1 de prácticas (análises de textos e mapas, proxeccións, lecturas críticas, etc. sobre eses contidos) á semana.
    Sistema de evaluación
    A avaliación constará de tres partes: un exame final nas datas fixadas pola Facultade, a participación nas clases prácticas e o traballo de curso.
    O exame suporá o 50% da nota, as clases prácticas o 25% e o traballo de curso o 25%.
    Na segunda convocatoria manteranse as cualificacións das partes da materia superadas. As partes non superadas deberán repetirse, incluídas as prácticas das sesións interactivas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Actividades presenciais (clases expositivas; clases interactivas; titorización personalizada; sesións de avaliación): 50 horas.

    -Actividades non presenciais (estudo e preparación das actividades programadas na clase; realización de traballos, lecturas, preparación de exames): 100.