G5071503 - Arte Grecorromana (Arte e Pensamento Grecorromanos. Lingüística Indoeuropea) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Proporcionar ó alumno coñecementos e destrezas en aspectos claves da civilización grecorromana, que lle permitirán unha mellor comprensión dos textos gregos e latinos, obxectivo último dos estudos de Filoloxía Clásica.
-Recoñecer a herdanza cultural da civilización occidental, transmitida a través do Renacemento (séculos XV e XVI), o Clasicismo (século XVII) e o Neoclasicismo (século XVIII).
ContidosINTRODUCIÓN
I.Grecia e as súas manifestacións artísticas
1. A procura dun orde: xestación da arte grega. A época arcaica: o santuario e o espazo templario. Mito e narración nas artes figurativas. Home ou heroe?, análise das formas e ou seu significado.
2. Na transición ó clásico, o período protoclásico e as súas creacións arquitectónicas. Literatura e Arte: o desenvolvemento da traxedia e a súa interacción coas artes visuais. Pintura, mito e técnica: reconstrución a partir da literatura periexética e a pintura vascular.
3. O século V a. C. O home e a medida do mundo: Teorizando sobre a praxe artística. A acrópoles de Atenas no programa político e constructivo de Pericles. Visións douradas da Grecia: o redescubrimento a través das fontes literarias.
4. Ou século IV a. C. en Grecia, arte e experiencia persoal. Xenócrates de Sición e a súa historiografía da arte. Ou retrato grego: concepto e significado. Retrato rexio, paradigma do retrato de poder. Cuestións de subxectivismo na creación pictórica.
5. A arte helenística, na converxencia da multiculturalidad mediterránea. Pérgamo e o novo promotorado artístico. Novos apuntes de erudición na arquitectura. Temas e xéneros nas artes visuais.
II. Arte Romana
Introdución
6. Roma na República. Arquitectura romana: tipoloxías, formas e función dos novos edificios. A intervención de Xulio Cesar na Urbs. O retrato romano, entre a tradición continuada das maiorum imaxines e as correntes helenizantes. A inquietude por facer historia: o relevo histórico. A pintura romana, orixe e evolución
7. Roma imperial. Augusto, entre a historia e o mito.
8. A dinastía Xulio-claudia. Evolución do retrato. A revolución arquitectónica da Domus Aurea.
9. A metamorfose da cidade na época da dinastía Flavia. Obras lúdicas, palaciegas e conmemorativas. Retratos dos Flavios. O relevo e os seus comitentes artísticos.
10. Traxano, miles e imperator: arquitectura e artes visuais na nova imaxe do foro imperial.
11. Adriano: Arquitectura palaciega e funeraria. O Panteón. Retrato imperial. Arte para a morte: os sarcófagos.
12. A época dos Antoninos: obras lúdicas e conmemorativas. A evolución do retrato e o relevo. Os sarcófagos.
Bibliografía básica e complementariaGRECIA:
BLANCO FREIJEIRO, A.: Arte griego. CSIC. Madrid, 1986 (6ª ed)
BOARDMAN, J.: El arte griego. Ed. Destino. Barcelona, 1991
CHARBONNEAUX, J.; MARIN, R.; VILLARD, F.: Grecia Arcaica (620-480 a.C,). Madrid, 1969.
CHARBONNEAUX, J.; MARIN, R.; VILLARD, F: Grecia Clásica (480-330 a.C.). Madrid, 1970.
CHARBONNEAUX, J.; MARIN, R.; VILLARD, F: Grecia helenística (330-50 a.C.). Madrid, 1971.
ELVIRA, M.A.: El arte griego (III). Historia 16. Madrid, 1990
ELVIRA BARBA, M.A. : Arte clásico. Madrid, 1996.
LEÓN ALONSO, P.: El arte griego (II). Historia 16. Madrid, 1990
POLLIT, J.J.: Arte y experiencia en la Grecia clásica. Bilbao, 1984
POLLIT, J.J.: El Arte Helenístico. Madrid, 1989.
RAMÍREZ, J.J. (dir): Historia del arte. Arte antiguo. Alianza Editorial. Madrid, 1989.
RICHTER, G.: El arte griego. Barcelona, 1980.
ROMA:
ANDREAE, Bernard: Arte romano. Gustavo Gili. Barcelona, 1974.
BARBET, A.: La peinture murale romaine. Les styles décoratifs pompéiens. Picard, 1985.
BIANCHI BANDINELLI: Roma centro del poder. El arte romano desde los orígenes hasta el final del S.II. Ed. Aguilar. Col.Universo de las Formas. Madrid, 1970.
BIANCHI BANDINELLI: Roma, el fin del mundo antiguo. Aguilar, col. Universo de las Formas. Madrid, 1970.
BLANCO FREIJEIRO, A. : Roma imperial. Historia 16. Madrid, 1986.
ELVIRA BARBA, M.A. y BLANCO FREIJEIRO: Etruria y Roma republicana. Historia 16. Madrid, 1989.
ELVIRA BARBA, M.A. : Arte clásico. Madrid, 1996.
GARCÍA BELLIDO, A.: El arte romano. CSIC. Enciclopedia clásica, 1. Madrid, 1971.
HENING, M. (coor): El arte romano, una revisión de las artes visuales del mundo romano. Barcelona, 1985.
LÓPEZ BARJA DE QUIROGA, P. y LOMAS SALMONTE, F.J.: Historia de Roma. Akal. Madrid, 2004.
MACDONALD, W.L.: The Architecture of the roman empire. I : an introductory study. New Haven, 1982.
MACDONALD, W.L.: The Architecture of the roman empire. II : an urban appraisal. New Haven, 1986.
RAMÍREZ, J.A.: Historia del Arte. El mundo antiguo. Alianza Editorial. Madrid, 1996.
TORELLI, M. y BIANCHI BANDINELLI, R.: El arte de la antigüedad clásica: Etruria/Roma. Akal. Madrid, 2000
CompetenciasEn relación coas competencias do módulo (Historia, arte e pensamento grecorromanos), o alumno tras superar este módulo:
- comprenderá a diversidade do mundo grego e romano na Historia
- comprenderá a variedade das creacións grecorromanas nos diversos ámbitos, facendo fincapé nas formas culturais resultantes dos procesos históricos específicos que configuran unha parte sustancial da herdanza cultural de Occidente.
- estará capacitado para o análise das fontes histórico-artísticas (literarias, documentais...) que permiten abordar a obra de arte desde toda a súa complexidade
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula..
- Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia e a través do material disponible na USC Virtual.
- Titorización personalizada.
Sistema de evaluaciónCONVOCATORIA DE ENERO:
*EVALUACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
-EXAMEN 50 % DA NOTA TOTAL. [SE A PROBA NON É SUPERADA CUN MÍNIMO DE 2'5 SOBRE 5 PUNTOS QUE VALE O EXAMEN, O ALUMNO PODERÁ OPTAR A UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA REALIZAR A PARTE CORRESPONDENTE (mes de Xullo)].
*EVALUACIÓN DA PARTICIPACIÓN NAS CLASES INTERACTIVAS:
-TRABALLO PRESENTADO NA SEMANA 14: 20 % DA NOTA TOTAL.
-TRABALLO INDIVIDUAL SEMINARIOS INTERACTIVOS: 30 % DA NOTA.
[SE A NOTA GLOBAL DAS PRÁCTICAS INTERACTIVAS NON LOGRA UN MÍNIMO DE 2'5 SOBRE 5 PUNTOS QUE VALEN EN TOTAL, O ALUMNO PODERÁ IR A UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA REALIZAR A PARTE CORRESPONDENTE (mes de Xullo)].
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO: 50 h.
30 h. docencia expositiva, 15 h. docencia interactiva, 2 h. de titorías personalizadas (total de horas presenciais: 50)
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO: 100 h.
- Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 80 h.
- Realización de traballos de diverso tipo (lecturas na biblioteca, preparación de debates, traballos personais, en grupo e similares): 10 h.
- Preparación do exame: 10 h.
Total de horas de traballo personal do alunno: 100 h.
Recomendacións para o estudo da materia- Haber cursado as materias Historia de Grecia e Historia de Roma
- Coñecementos básicos de Historia da Arte
- Aconsellase a lectura dalguns textos sobre arte clásica