G5081103 - Lingua Alemá 1 (Lingua Alemá) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaCoa materia Lingua Alemá I empeza a formación práctica en lingua alemá da titulación de Linguas e Literturas Modernas. Aprenderanse o vocabulario de diferentes campos temáticos, as estruturas elementais da gramática alemá e baséelas da fonética do alemán. O curso centrarase na formación das destrezas da pronunciación, da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva. Os obxectivos do curso consisten en desarollar unha competencia comunicativa ampla a un nivel básico, coñecer e aplicar determinadas técnicas de aprendizaxe e coñecer algúns aspectos socio-culturais dos países de fala alemá.
Non se presupoñen coñecementos previos do alemán; ao final do curso se acadará o nivel A1.2 do marco de referencia europeu.
ContidosActos comunicativos
Orais: saudar e presentarse, preguntar e pedir explicacións, concertar citas, describir obxectos, persoas e procesos; intercambiar información e manter unha conversa sobre asuntos cotiáns, etc.
Escritos: redactar textos sinxelos descritivos e narrativos, escribir cartas persoais.
De lectura: orientarse en textos sinxelos e entender os contidos principais; entender en detalle textos sinxelos; ler en voz alta con fluidez e entoación correcta.
Auditivos: entender globalmente textos auditivos sinxelos; extraer de maneira selectiva informacións de textos auditivos.
Léxico
Vocabulario de diversos campos temáticos como por exemplo: acenos persoais, familia, países e cidades, traballo e ocio, etc.
Gramática
Estruturas oracionales e frasales: tipos de oracións; posición do verbo e paréntese oracional; frases nominais sinxelas.
Morfoloxía e sintaxes do verbo: conxugación de indicativo; verbos prefixados; verbos auxiliares e verbos modais (müssen, können, wollen) ; o imperativo.
Morfoloxía e sintaxes do nome: artigo definido e indefinido, posesivos; xéneros; formación do plural; casos; preposicións temporais e locais; pronomes persoais; compostos nominais.
Fonética
Acentuación da palabra e da oración; vocais, „Umlaute“ e ditongos; consoantes e combinacións de consoantes.
Técnicas de aprendizaxe
Estratexias de comprensión lectiva e auditiva, técnicas de adquisición de vocabulario, uso do dicionario, uso de ferramentas on-line para a aprendizaxe do alemán.
Bibliografía básica e complementariaLibro de texto:
Funk, Hermann (ed.), studio d. Deutsch als Fremdsprache. Kurs- und Übungsbuch A1. Berlin, Cornelsen. ISBN 978-3-464-20707-9
Arbeitsheft Sprachtraining, ISBN 978-3-464-20708-6
Gramáticas e exercicios:
Castell, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
Castell, Andreu/Braucek, Brigitte (2000): Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas
Fandrych, Christian / Tallowitz, Ulrike: Klipp und Klar. Übungsgrammatik Grundstufe Deutsch. Stuttgart, Klett Edition Deutsch
Reimann, Monika, Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. München: Hueber.
CompetenciasOs estudantes saberán
- desenvolverse en situacións comunicativas básicas en lingua alemá;
- escribir correctamente;
- pronunciar e entonar o alemán correctamente;
- recoñecer e usar estruturas elementais da gramática alemá;
- ler e entender textos escritos sinxelos;
- comprender globalmente e extraer información específica de textos auditivos sinxelos;
- recoñecer algúns aspectos característicos da cultura dos países de fala alemá;
- usar determinadas técnicas de aprendizaxe.
Metodoloxía da ensinanza As unidades didácticas desta materia teñen carácter teórico-práctico. Os distintos contidos introduciranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audio-visuais. Nunha segunda fase, as estruturas introducidas explicaranse de maneira teórica, para pasar a seguir á consolidación e aprofundamento das mesmas en exercicios de diferentes tipos. Esta terceira fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas. Para garantir un proceso de traballo homoxéneo e continuado nas clases prensenciales e para acadar os obxectivos da materia, será de gran importancia a participación regular e activa nestas actividades por parte do alumnado.
O traballo en clase estará apoiado e complementarase coas actividades na aula virtual. A organización dos contidos das clases presenciais seguirá a do libro de texto studio d A1.
Sistema de evaluación1. Asistencia e participación activa nas clases: 10% da nota final.
2. Realización dunha serie de traballos que lle serán encomendados ao alumnado ao longo do curso: 10% da nota final.
3. Realización de tres probas ao longo do curso: 30% da nota final.
4. Un exame oral: 10% da nota final.
5. Un exame final escrito: 40% da nota final.
A avaliación da participación continua e activa basearase no control da asistencia e nas anotacións do profesor/a.
Aprobar o exame final é obligatorio para superar a asignatura.
Para o exame de xullo rexen as mesmas condicións.
Estudantes que non participen na avaliación continua e non obstante queiran presentarse ao exame final en xaneiro ou xullo, deberán realizar un traballo-proxecto escrito e presentalo nunha exposición oral. O tema, a estrutura e a extensión do traballo acordaranse individualmente coa profesora a principios do curso.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase no exame final: 100% da nota final (o exame escrito: 80%, o exame oral: 20%).
Tempo de estudo e traballo persoalAproximadamente 60 horas presenciais e 90 horas non presenciais.
Recomendacións para o estudo da materiaOs estudantes deberían buscar o contacto directo coa lingua alemá tamén fóra da aula (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
Recoméndase, así mesmo, buscar intercambios con estudantes Erasmus dos países de lingua alemá.