Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081113 - Lingua Alemá 2 (Lingua Alemá) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE.SI
Gonzalez Miranda, Emilio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    A materia 'Lingua Alemá 2' é unha das materias do plan de estudos que se adica á aprendizaxe da li´ngua alemá. O seu obxectivo principal é que os alumnos alcancen o nivel A2.1 do Marco de Referencia Europeo das linguas.
    Ó final do curso o alumnado ten que ser capaz de comunicarse - atendendo ás catro destrezas lingüísticas - en situacións de carácter cotián.
    Contidos
    Os contidos, que seguen o libro de texto "studio d A2. Deutsch als Fremdsprache", abranguen as catro destrezas lingüísticas: receptivas (lectura, audición, e comprensión de textos en lingua estranxeira) e activas (producir textos sinxelos e falar nunha lingua estranxeira).
    A continuación preséntanse os contidos de modo individual, anque a súa interrelación é imprescindible para o bo funcionamento do curso e para alcanzar os obxectivos mencionados.
    Os contidos a adquirir en relación coas competencias son os que seguen:

    Competencia receptiva escrita: Comprensión global de textos breves con vocabulario cotián. Traballarase tamén con textos reais.

    Competencia receptiva oral: Comprensión global e detallada de diálogos e escenas da vida cotiá. Traballarase tamén con material auditivo real.

    Competencia produtiva oral: Neste caso produciranse e executaranse diferentes tipos de fala relacionados con actividades da vida cotiá, como por exemplo, expresar unha opinión, describir persoas e obxectos, ir ó médico, concertar unha cita, etc. Os diálogos acompañaranse de diferentes materiais que presentan as formulacións propias atendendo ós actos de fala presentes nos mesmos.

    Competencia produtiva escrita: O desenrolo desta competencia centrarase sobre todo no tipo de texto carta nas súas diferentes modalidades, como invitación, e-mail, etc. Outros tipos de textos apoiarán a progresión para a adquisición e consolidación desta competencia.

    Entre os aspectos gramaticais axeitados ó nivel da materia abordaranse os seguintes:
    - Verbos: Tempo (Perfekt), Modo (Imperativ), Tipoloxía verbal (verbos modais).
    - Adxectivos en acusativo e dativo, adxectivos sen artigo en nominativo e acusativo.
    - Artigos posesivos en dativo, pronomes persoais en acusativo.
    - Comparativos (viel, gut, gern, wie, als), e superlativos.
    - Subordinadas con weil/dass.

    Cuestións básicas de pronunciación alemá e vocabulario básico formarán asimesmo parte dos contidos desta materia.
    Bibliografía básica e complementaria
    a.) Básica:
    FUNK, Hermann/ KUHN, Christina/ DEMME, Silke: studio d. A1. Deutsch als Fremdsprache. Kurs- und Übungsbuch. Berlin 2006 Cornelsen. .
    FUNK, Hermann/ KUHN, Christina/ DEMME, Silke: studio d. A2. Deutsch als Fremdsprache. Kurs- und Übungsbuch. Berlin 2006 Cornelsen.
    NIEMANN, Rita Maria: studio d. A2. Deutsch als Fremdsprache. Sprachtraining mit eingelegten Lösungen. Berlin 2006. Cornelsen.

    b.) Complementaria:
    HÄUBLEIN, Gernot u.a. (Hgg.): Memo. Wortschatz- und Fertigkeitstraining zum Zertifikat Deutsch als Fremdsprache. Lehr- und Übungsbuch. Berlin/ München 1995 Langenscheidt.
    IVANOVA, Vessela/TSCHIRNER, Erwin: Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B1. Übungsbuch Grundwortschatz. Berlin 2008 Cornelsen.
    REIMANN, Monika: Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. Gramática esencial del alemán. München 2010 Hueber.
    TSCHIRNER, Erwin: Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B2 – Lernwörterbuch Grund- und Aufbauwortschatz. Berlin 2008 Cornelsen.

    c.) Diccionarios
    LANGENSCHEIDT Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/ Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Berlin/ München 2010 Langenscheidt.
    Competencias
    - Competencia comunicativa integrada en lingua alemá a un nivel que se corresponda co nivel A2.1 do Marco de Referencia Europeo.
    - Dominio dos aspectos gramaticais e discursivos desde un punto de vista receptivo e produtivo, de tal xeito que o alumnado sexa capaz de comunicarse en situacións da vida cotiá.
    Para máis detalle véxanse as descricións do Marco de Referencia Europeo das linguas.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Combínase un método indutivo e dedutivo..
    - O libro do curso é 'studio d. A2', anque éste complementarase con materiais seleccionados polos docentes.
    - Como tipoloxía de exercicios contémplanse os exercicios realizados nas aulas, sesións de internet e tarefas fóra das aulas, entre outros.
    - As tres horas de titorías permitiranlles ós docentes cubrir lagoas detectadas na evolución do curso así como presentar ó alumnado novas estratexias e materiais para o estudo, como por exemplo páxinas web ou diccionarios, entre outros. As titorías tamén poden servir para solucionar as distintas dúbidas que poidan xurdir e sexan plantexadas polo alumnado.
    Sistema de evaluación
    Para superar esta materia os estudantes terán que cumplir so seguintes requisitos:
    1) Participación activa e regular no seminario xunto coa realización de diferentes tarefas (10%).
    2) Exame final escrito (60%).
    3) Exame final oral (30%).

    Será necesario superar todos os requisitos para aprobar a materia.


    Os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia ás clases cubrirán a parte relativa a “Participación activa y regular en el seminario junto con la realización de diferentes tareas (10%)” cunha tanda de tareas acordadas ao principio de curso – durante o primeiro mes da materia - co docente.


    Na segunda oportunidade de exame no mes de Xullo só se manterá a nota correspondente á participación activa e regular nas aulas. Eso implica que o alumnado suspenso na convocatoria de Maio deberá repetir tanto o exame escrito coma o oral.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por cada hora presencial o alumnado deberá dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra das aulas (50 horas presencias = 100 horas de traballo autónomo).
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Máis aló da asistencia a clase - que é obrigatoria - é recomendable que o alumnado participe de maneira activa nas sesións presenciais.
    - O alumnado debería buscar o contacto directo coa lingua alemá ben a través da lectura, ben a través dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
    Observacións
    - Requisito para participar neste curso é ter coñecementos de alemán que correspondan ó nivel A1.2 do Marco de Referencia Europeo das linguas. Os estudantes terían que ter superado a materia 'Lingua Alemá 1'.
    - Unha descrición detallada do curso está accesible na "Guía Docente".