Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081126 - Gramática italiana 1 (Maior en Lingua e Literatura Italianas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana
  • Áreas: Filoloxía Italiana
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BUONO ., BENEDICT.NON
GUTIERREZ CAROU, JAVIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Italiano


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos xerais relativos aos novos coñecementos e habilidades:
    - Afondar no estudo da morfoloxía italiana.
    - Consolidar e desenvolver o uso das principais estruturas e funcións lingüísticas, útiles para a comprensión e a produción de textos en lingua italiana.

    Obxectivos xerais relativos ás ferramentas de aprendizaxe e formación:
    - Conseguir que o alumno participe activamente na clase.
    - Incentivar o traballo en grupo.
    - Realizar un seguimento semanal da evolución das habilidades escritas, a través da revisión de diversas tarefas das que o alumno deberá dar conta.
    - Explicitar as estratexias e as ferramentas necesarias no ensino da lingua.
    - Fomentar a capacidade reflexiva e crítica do alumno con respecto ao seu propio proceso de aprendizaxe (de tal xeito que saiba valorar o nivel alcanzado nos obxectivos prefixados).

    Contidos
    A materia Gramática italiana 1 está organizada en dúas partes: unha teórica, continuación de Lingua italiana 1 e complemento de Lingua italiana 2 (ampliando e afondando os contidos morfolóxicos vistos anteriormente), e unha práctica, orientada principalmente ao reforzo dos contidos teóricos (mediante exercicios gramaticais) e ao desenvolvemento da expresión escrita.

    Parte teórica:
    1.- O artigo: usos e valores específicos do artigo determinado, indeterminado e partitivo; omisións do artigo.
    2.- O substantivo.
    2.1.- Formación do feminino.
    2.1.1.- Formas irregulares.
    2.1.2.- Denominacións femininas de profesións e oficios.
    2.2.- Formación do plural.
    2.2.1.- Plurais irregulares e dobres.
    2.2.2.- Substantivos compostos.
    2.2.3.- Préstamos lingüísticos.
    3.- O numeral.
    3.1.- Definición e clasificación.
    3.2.- Cardinal.
    3.3.- Ordinal.
    3.4.- Multiplicativo.
    3.5.- Fraccionario, distributivo e colectivo.
    4.- O pronome.
    4.1.- Uso das formas de cortesía. Concordancia de xénero.
    4.3.- Uso dos pronomes gli e loro.
    5.- O adxectivo cualificativo: clasificación, xénero e número.
    6.- O verbo: modo indicativo.

    Parte práctica:
    1.- Exercicios gramaticais
    1.1.- Verificación dos contidos vistos na aula.
    1.2.- Consolidación dos coñecementos de morfoloxía italiana adquiridos ao longo do curso.
    2.- Exercicios de produción escrita
    2.1.- Uso do dicionario (monolingüe e bilingüe) na produción de textos.
    2.2.- Redaccións de temática diversa.

    Bibliografía básica e complementaria
    (nota: enténdese en todos os casos a última edición dispoñible)
    1.- Bibliografía básica
    Sensini, M., Le forme della lingua, Milano, Mondadori.
    2.- Bibliografía complementaria
    Canepari, L., Dizionario di pronuncia italiana, Bologna, Zanichelli.
    Carrara, E., UniversItalia. Corso di italiano. Livello A1-B1. Esercizi, Firenze, Alma Edizioni.
    Díaz Padilla, F. - Martín Clavijo, M., Lingua Italiana II, Oviedo, Universidade de Oviedo.
    González, I., Gramática Italiana II, Lugo, Citania
    Sanmarco Bande, M. T., Gramática italiana I, Lugo, Citania.
    Mazzetti, A. et alii, Qui Italia più. Quaderno di esercitazioni pratiche, Firenze, Le Monnier.
    Mazzetti, A. et alii, Qui Italia più. Viaggio nell’italiano contemporaneo attraverso l’analisi del testo, Firenze, Le Monnier.
    Piotti, D. - De Savorgnani, G., UniversItalia. Corso di italiano. Livello A1-B1, Firenze, Alma Edizioni.
    Sensini, M., La grammatica della lingua italiana, Miano, Mondadeori.
    Serianni, L., Grammatica italiana, Torino, UTET.
    Svoacchia, M - Kaunzner, U., Suoni, accento e intonazione. Corso di ascolto e pronuncia, Roma, Bonacci.
    3.- Diccionarios
    3.1.- Monolingües
    De Foice, E. - Duro, A., Vocabolario italiano, Torino, SEI.
    De Mauro, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 6 vols.
    Grande dizionario di italiano, Miano, Garzanti.
    Sabatini, F. - Coletti, V., DISC: Dizionario Italiano Sabatini Coletti, Miano, Rizzoli-Arousse.
    Zingaroli, N., Lo Zingaroli. Vocabolario della lingua italiana, Bologna, Zanicholi.
    3.2.- Bilingües
    Calvo Rigual. C. - Giordano, A., Diccionario compacto italiano español español italiano, Barcoona, Herder.
    Il Dizionario MEDIO Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Miano, Garzanti.
    Sañé, S. - Schepisi, G., Falsos amigos al acecho: dizionario di false analogie e ambigue affinità fra spagnolo e italiano, Bologna, Zanicholi.
    Sañé, S. - Schepisi, G., Il Dizionario spagnolo italiano italiano spagnolo, Bologna, Vox-Zanicholi.
    4.- Material en rede
    Accademia della Crusca:
    http://www.accademiadellacrusca.it/index.php
    Coniugazione dei verbi:
    http://parole.alice.it/parole/verbi_italiani/index.html
    Correttore ortografico:
    http://parole.alice.it/parole/correttore_ortografico/index.html
    Dizionario Garzanti della lingua italiana:
    http://www.garzantilinguistica.it/index.html
    Enciclopedia Sapere:
    http://www.sapere.it/tca/MainApp
    Google Italia:
    http://www.google.it/
    Sinonimi e contrari:
    http://parole.alice.it/parole/sinonimi_e_contrari/index.html
    Plurali e femminili:
    http://parole.alice.it/parole/plurali_e_femminili/index.html
    Wikipedia:
    http://it.wikipedia.org/wiki/Pagina_principale

    Outras indicacións bibliográficas e materiais (artigos, textos narrativos, exercicios, etc.) serán proporcionadas polo profesor ao longo do curso en función das necesidades do alumnado.

    Competencias
    1.- Competencias específicas
    - Consolidación e ampliación do estudo da morfoloxía italiana.
    - Consolidación e ampliación do coñecemento das principais estruturas e funcións lingüísticas.

    2.- Competencias xerais, no conxunto da titulación.
    - Adquisición das nocións teóricas expostas no aula.
    - Adquisición dunha maior competencia escrita en lingua italiana.
    - Adquisición dun grao de madurez que permita ao alumno ser consciente das ferramentas imprescindibles no estudo lingüístico e avaliar o nivel alcanzado nas competencias e habilidades esixidas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia prevé tres horas de clase presencial á semana: dúas de carácter teórico e unha dedicada á práctica.
    A teoría, que tratará os aspectos morfolóxicos indicados no apartado correspondente aos contidos, non se limitará ás exposicións do profesor, senón que se procurará propiciar o diálogo na aula mediante a proposición de cuestións lingüísticas que os alumnos deberán resolver.
    As clases prácticas reforzarán a parte teórica coa realización semanal de exercicios gramaticais, distribuídos entre o tempo de presenza na aula e o de traballo persoal. Potenciarase o desenvolvemento da expresión escrita mediante a realización de traballos de temática diversa.
    As clases desenvolveranse preferentemente en italiano.

    Sistema de evaluación
    A asistencia ás clases é obrigatoria. O número máximo de faltas de asistencia sen xustificar admitido corresponde ao 10% do tempo de actividade lectiva presencial na aula (cinco horas).
    Os alumnos que non poidan asistir ás clases con regularidade deberán pórse en contacto co profesor durante os primeiros quince días tras a formalización da matrícula para acordar a realización de traballos complementarios e establecer as correspondentes datas de entrega.
    A avaliación en todas as convocatorias realizarase valorando os seguintes parámetros:
    - Exame escrito: 70 %.
    - Exercicios e redaccións entregados durante o semestre: 20%.
    - Participación activa nas clases: 10%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Con esta materia obtéñense 6 créditos. Catro horas semanais de estudo persoal e lectura crítica deberían ser dabondo para superar a materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia e participación nas clases son fundamentais, xunto coa realización por parte do alumno das tarefas encomendadas semanalmente polo profesor.
    Aconséllase o uso dos materiais audiovisuais italianos (TV, DVD, vídeo, CD) co obxecto de reforzar as habilidades lingüísticas do alumno.

    Observacións
    Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá pórse en contacto con eles mediante o enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC.