G5081128 - Cultura portuguesa (Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoPortuguésObxectivos da materiaPreténdese, a través desta disciplina, dotar os/as estudantes cos coñecementos de orde estrutural
que conforman a cultura portuguesa. Seralle dada especial importancia ás singularidades
que sustentan o espazo da Lusofonía na sua relación con Portugal. Cultura contemporánea e historia das mentalidades son liñas mestras do desenrolar da matéria.
ContidosI – Elementos Estruturantes da Cultura Portuguesa
II - Ideas e valores dominantes na configuración / construción identitaria
III - Os episodios da historia, os temas e motivos obsesivos na creación literaria e artística
IV - Hábitos sociais e culturais
V – Expresión e Creación Contemporánea.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía / Filmografía Xenérica:
BAPTISTA, Tiago, A Invenção do Cinema Português, Lisboa: Tinta-da-China, 2008
LOPES, Óscar e SARAIVA, António José, História da Literatura Portuguesa, Porto: Porto Editora, s. d.
LOURENÇO, Eduardo, O Labirinto da Saudade, Lisboa: D. Quixote, 1992
MATTOSO, José, História de Portugal, vols. V, VI, VII e VIII, Lisboa: Círculo de Leitores
PERNES, Fernando (Coord.), Panorama - arte portuguesa no Século XX, Porto:
Fundação de Serralves, 1999
PINTO, António Costa (Coord.), Portugal Contemporâneo, Lisboa: Publicações D. Quixote, 2005
RAMOS, Rui, SOUSA, Bernardo de Vasconscelos e, MONTEIRO, Nuno Gonçalo, História de Portugal, Lisboa: A Esfera dos Livros, 2009
SARAIVA, António José, A Cultura em Portugal, vols. I e II, Lisboa: Gradiva, 1996
Otros materiais de apoio:
Documentais:
Portugal, Um Retrato Social – Coordenação de António Barreto e Realização de Joana Pontes, Vol.I a VII, Produção RTP – Radiotelevisão Portuguesa, 2007.
Links:
http://www.cplp.org
www.instituto-camoes.pt
http://www.portaldacultura.gov.pt/
Outras obras da literatura portuguesa e outras películas do cinema portugués máis específicas serán presentadas ao comezo do cuadrimestre.
CompetenciasAo remate do curso o alumno deberá ser capaz de:
- Elaborar unha análise crítica sobre as especifidades da cultura portuguesa, ben como relacionar ese
legado cos lazos culturais existentes actualmente con outras rexións do mundo
- Un forte domínio da época contemporánea e unha visión diacrónica da cultura portuguesa
- Indagar sobre as especificidades da cultura portuguesa no contexto internacional.
Metodoloxía da ensinanza - Aulas expositivas.
- Exhibición de filmes.
- Lectura e análise de textos referidos aos contidos.
- Seminarios.
- Discusións.
Sistema de evaluaciónAvaliación
Aspectos e criterios que se terán en conta na avaliación:
Como pode verse na seguinte táboa, considéranse todas e cada unha das tarefas e traballos feitos ao longo do cuadrimestre. O profesor anotará na ficha persoal de cada alumno / a cada actividade-individual e / ou en grupo, escrita e oral, etc. que realizar e que contará para a calificación final. Elementos a avaliar Criterios Instrumento Peso
Presenza e intervención nas aulas
-Presenza e intervención nas aulas, titorías programadas, actividades complementarias, traballos para debater en grupo ou de xeito individual, etc. Observación e notas do profesorado (fichas) 30%
Traballos e / ou críticas-Entrega e presentación das actividades en tempo e forma.
-En cada caso se avaliará o grao de traballo persoal e crítico (así como aspectos relativos á estrutura e expresión) con respecto ao tema proposto e combinado cos profesores. 2 traballos presentados de forma escrita e / ou oral 50%
Dominio teórico da materia Dominio dos contidos relacionados co programa.
-Visión global da materia.
-Capacidade de relación e visión crítica. 1 proba final 20%
Nota: o / a estudante pode superar co seu traballo continuado a materia e non ter que presentarse a esta proba.
Na segunda oportunidade, terase em conta o proceso de avaliación continua anterior, excepto no caso de que a proba sexa máis satisfactoria en si mesma ou o estudante non participase da avaliación continua
Tempo de estudo e traballo persoal- Varias horas dedicadas ás lecturas previas dos textos indicados para as aulas.
- O tempo da carga horaria da disciplina.
- Varias horas dedicadas á investigación dos asuntos desenvolvidos nas aulas.
Recomendacións para o estudo da materiaAdemais da participación nas clase e da lectura da bibliografía indicada, os alumnos deberán gozar
do apoio por parte do profesor no tempo dedicado ás titorías.
ObservaciónsAo longo do curso será dada especial atención a temas relacionados coa sociedade portuguesa
contemporánea, nomeadamente, cuestións sociais, políticas e do foro cultural.