G5081129 - As linguas da Romania (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia–Presentación xeral do panorama lingüístico da Romania. Formación, estrutura, marco xeográfico e sociolingüístico das linguas románicas.
–Introdución ao concepto de variación lingüística e de codificación e estandarización das linguas románicas.
–Comprensión e análise das diferentes nocións aplicadas á realidade lingüística románica: unidade e variedade do "continuum" románico, proceso de fragmentación lingüística, bilingüismo e diglosia, dialectalización, contacto de linguas.
–Aplicación práctica da aprendizaxe de linguas afíns, mediante o método comparatista e contrastivo de intercomprensión lingüística.
ContidosSección I. A orixe das linguas románicas.
Tema 1. A familia lingüística indoeuropea. Principais características da familia e das súas ramas.
Tema 2. O grupo de linguas itálicas.
Tema 3. O latín. O protorromance.
Sección II. As linguas románicas.
Tema 4. A familia das linguas neolatinas. Clasificación das linguas románicas.
Tema 5. Historia, xeografía e tipoloxía das linguas románicas.
Tema 6. Dialectos e variedades minorizadas.
Sección III. Lingüística románica práctica.
Tema 7. Análise dos aspectos diferenciais e comúns ás diversas linguas románicas.
Tema 8. Intercomprensión gráfica, fonético-fonolóxica, morfolóxica e léxica das linguas románicas.
Bibliografía básica e complementariaBach, S. et alii (2008), Quadrivio romanzo: dall'italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Firenze: Accademia della Crusca.
Fernández Rei, F.-Santamarina Fernández, A. (eds.) (1999), Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Gargallo, J. E. (1994), Les llengües romàniques, Barcelona: Empúries.
Gargallo, J. E.-Bastardas, M.ª R. (2007), Manual de lingüística románica, Barcelona: Ariel.
Glessgen, M. D. (2007), Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Paris: Colin.
Klinkenberg, J. M. (1994), Des langues romanes: introduction aux études de linguistique romane, Paris: Duculot.
Metzeltin, M. (2004), Las lenguas románicas estándar: historia de su formación y su uso, Oviedo: Academia de la Llingua Asturiana.
Nadal Farreras, J. M. (2008), Las 1001 lenguas, Girona: Aresta.
Pöckl, W. et alii (2004), Introducción a la lingüística románica, Madrid: Gredos.
Posner, R. (1998), Las lenguas romances, Madrid: Cátedra.
Reinheimer, S.-Tasmowski, L. (1997), Pratique des langues romanes, Paris: Harmattan.
Renzi, L.-Andreose, A. (2006), Manuale di linguistica e filologia romanza, Bologna: Il Mulino.
Schmidely, J. et alii (2001), De una a cuatro lenguas, del español al portugués, al italiano y al francés, Madrid: Arco libros.
TAgliavini, C. (1993), Orígenes de las lenguas neolatinas, Madrid: FCE.
Varvaro, A. (2001), Linguistica romanza: corso introduttivo, Napoli: Liguori.
Walter, H. (1997), La aventura de las lenguas en Occidente. Su origen, su historia y su geografía, Madrid: Espasa.
Competencias–Visión transversal e globalizadora da familia lingüística románica.
–Comprensión da Romania como espazo lingüístico diferenciado en Europa e no mundo.
–Coñecemento dos mecanismos que explican a evolución lingüística desde o latín aos romances.
–Adopción dun método de análise comparatista que supere a fragmentación dos estudos especializados.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas irán dirixidas ás explicacións dos contidos fundamentais do programa. As clases prácticas centraranse na sección C e abordarán a análise dos elementos comúns e diverxentes ás linguas románicas e a aprendizaxe interlingüística contrastiva. Tanto nunhas coma noutras, a participación activa do estudante será esencial, mediante a realización de exercicios orais e escritos, de corte teórico e práctico. Utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (materiais audiovisuais e recursos informáticos) que se estimen oportunos. Haberá titorías, tanto individuais como en grupos reducidos, para a orientación bibliográfica e metodolóxica dos exercicios e traballos que terán que realizar os alumnos.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua. A asistencia ás clases e actividades presenciais é obrigatoria e non será menor do 80% das horas estipuladas, xa que a participación do alumno é obxecto de avaliación.
Todos os alumnos elaborarán dous exercicios prácticos que presentarán oralmente na aula sobre calquera tema do programa, escollido de acordo co profesor.
Ao final do curso haberá un exercicio escrito teórico-práctico sobre a totalidade do temario, obrigatorio para todos aqueles alumnos que non superasen a avaliación continua, incluíndo aquí a aqueles estudantes que non puidesen asistir ás clases de xeito continuado, ou voluntario para aqueles que, superada a avaliación continua, desexen mellorar a súa cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías: 6 horas
Horas non presenciais
Clases expositivas (preparación de traballo autónomo): 24 horas
Clases interactivas (preparación de traballo autónomo): 24 horas
Traballos e exercicios: 48 horas
TOTAL
54 horas presenciais + 96 horas non presenciais = 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase un nivel básico de lectura comprensiva dunha ou de dúas linguas románicas estranxeiras (francés, italiano, portugués, catalán ou romanés).
ObservaciónsNa Guía docente detallaranse convenientemente os temas da materia e ofrecerase unha ampla bibliografía relativa aos contidos que nela se tratan.