Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081130 - A literatura románica medieval no contexto europeo (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Lopez Martinez-Moras, Santiago.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dar a coñecer o contexto cultural e histórico en que se desenvolve o período medieval.


    Transmitir un panorama global da literatura románica medieval e os seus vínculos coa produción literaria latina destes mesmos séculos.


    Amosar a literatura románica medieval como un proceso cultural unitario con diferentes manifestacións nas distintas literaturas e a súa disolución nas diferentes literaturas nacionais.


    Familiarizar ao alumno coa formación e primeiras manifestacións dos distintos xéneros literarios.


    Dar sentido á evolución dos textos literarios desde as súas primeiras manifestacións, a través da formación das grandes correntes do século XII, ata os casos máis elaborados de produción literaria no século XV.


    Nun sentido xeral, aprender a vincular os contidos da materia cos das outras materias afíns da titulación.


    Contidos
    1.- A Idade Media como período histórico fundamental da cultura de Occidente.

    a) Delimitación temporal da Idade Media. A súa ubicación na historia. Particularidades con respecto a etapas posteriores.

    Periodos comprendidos pola Idade Media. A súa delimitación temporal con respecto ás etapas antiga e renacentista. A súa función de herdeira da Antigüedade e o seu papel innovador na cultura occidental.

    b) Acontecementos fundamentais, avances culturais, eventos sociais, políticos e militares (particulares e comúns), relacións internacionais.

    Os grandes reinos medievais. O imperio carolinxio. O Sacro Imperio. As cruzadas. A Reconquista. A Guerra dos Cen Anos. Aspectos relixiosos. As reformas culturais.


    2.- Presentación xeral das características da vida intelectual na Idade Media. Convivencia do latín escrito con outras linguas no contexto europeo.

    a) O intelectual na Idade Media. Os centros de aprendizaxe e de produción literaria. Trivium e quadrivium.

    A organización dos estudios na Idade Media. A fundación das universidades. A produción e circulación de manuscritos. A cultura clerical. As artes liberais. O latín como lingua principal de cultura.

    b) O papel do latín na formación dos xéneros literarios medievais. Os primeiros textos romances.

    A situación de diglosia latín-romance. A produción literaria en latín na Idade Media e a consolidación dos xéneros. A necesidade da utilización do romance. Primeiros usos non documentais das linguas vulgares.

    c) Literatura en latín e literatura en linguas vulgares.

    A evolución dos xéneros en latín e en romance. As influencias mutuas.

    3.- Literatura románica ou literaturas románicas.

    A literatura románica como sistema interliterario. Relacións da literatura románica medieval coa literatura comparada e coas literaturas románicas particulares. Conformación da literatura románica desde a Idade Media ao xurdimento das literaturas nacionais. Evolución das diversas literaturas románicas.

    a) O problema da denominación. Unidade e diversidade.

    b) A súa especificidade con respecto a outros sistemas literarios.

    c) Causas da aparición das literaturas nacionais.


    4.- Aspectos, formas e motivos comúns á literatura medieval europea desenvolvidos en ámbito románico.


    Bibliografía básica e complementaria
    Nota: a bibliografía indicada aquí ten carácter básico. O profesor mencionará outros títulos a medida que o requira a explicación en clase.

    Aguadé Nieto, S. (coord.), Universidad, cultura y sociedad en la Edad Media, Alcalá de Henares, 1994.
    Boitani, P.-Mancini, M.-Várvaro, A. (eds.), Lo spazio letterario del Medioevo, 2. Il medioevo volgare, Roma, Salerno, 1999-2002.
    Brea, M., “Las lenguas románicas en la Edad Media” in J. E. Gargallo Gil-M. Reina Bastardas (eds.), Manual de lingüística románica, Barcelona, Ariel, 2007, pp. 121-145.
    Cavallo, G.- Leonardi, Cl.-Menestò, E. (eds.), Lo spazio letterario del Medioevo, 1. Il medioevo latino, Roma, Salerno, 1992-1998.
    Contamine, Ph., La Guerra en la Edad Media, Barcelona, Labor, 1984.
    Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, México-Madrid, FCE, 1984.
    Di Girolamo, C., La letteratura romanza medievale: una storia per generi, Bologna, Il Mulino, 1994.
    Duby, G., Europa en la Edad Media, Barcelona, Paidós, 1990.
    Formisano, L., La lirica, Bologna, Il Mulino, 1990.
    Giordano, A.-J. J. Batista Rodríguez, Literatura románica medieval (parte teórica), La Laguna, Universidad, 2004.
    Le Goff, J., Los intelectuales en la Edad Media, Barcelona, Gedisa, 1986.
    Limentani, A.-M. Infurna (eds.), L’epica, Bologna, Il Mulino, 1986.
    Meneghetti, M. L., Le origini delle letterature romanze, Roma, Laterza, 1997.
    _ (ed.), Il romanzo, Bologna, Il Mulino, 1988.
    Picone, M. (ed.), Il racconto, Bologna, Il Mulino, 1985.
    Pioletti, A. (ed.), Le letterature romanze del Medioevo : testi, storia, intersezioni : V convegno internazionale, Roma, 23-25 ottobre 1997, Soveria Manelli, Rubbettino, 2000.
    Vàrvaro, A., Identità linguistiche e letterarie nell’Europa romanza, Roma, Salerno editrice, 2004.
    _, Literatura románica de la Edad Media: estructuras y formas, Barcelona, Ariel, 1983.
    VV. AA., Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, Heidelberg, Winter, 1968-2005.
    Weckmann, L., El pensamiento político medieval y los orígenes del derecho internacional, México, FCE, 1993.

    Competencias
    Capacidade de recoñecer períodos distintos da historia de Europa marcados pola súa evolución social e cultural.

    Capacidade de distinguir as diferentes características definitorias dos diferentes xéneros literarios románicos e os vínculos existentes entre eles.

    Capacidade de distinguir as particularidades históricas e literarias da Romania e os seus vínculos e diferencias con respecto ás culturas contemporáneas.

    Capacidade de relacionar a produción literaria medieval ca produción literaria moderna.

    Capacidade para familiarizarse con fases antigas das distintas linguas romances a través do contacto con edicións literarias que reproduzan o estado medieval da lingua en cuestión.

    Capacidade de entender a produción cultural románica e o seu vínculo ca produción latina.

    Capacidade de emitir xuizos críticos e de analisar textos dunha certa dificultade de comprensión.

    Metodoloxía da ensinanza
    O curso terá como eixo a serie de sesións presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar coa súa participación activa na clase. Está prevista a realización de lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en textos medievais (traducidos), fragmentos escollidos deles, ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa asignatura. Poderán realizarse probas orais ou escritas para comprobar a comprensión do contido das leituras. Tamén está prevista a realización de traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo dos devanditos traballos poderá cambiar en función do número dos estudiantes e das incidencias na marcha do curso.
    Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
    Como corresponde a este método de traballo, os alumnos deben levar ó día o estudio da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo. Consecuentemente, a asistencia a clase é obrigatoria. A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutorios.

    Sistema de evaluación
    a) A nota da asignatura procederá nun 25% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno, e que se controlarán de forma regular nas horas de seminario, na medida en que a marcha do curso o permita.
    b) A natureza destes traballos poderá ser múltiple: análises de obras de lectura obligatoria, comentario de artigos ou capítulos de ensaios, etc. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
    c) A entrega destes traballos é condición sine qua non para a realización do exame referido no punto d).
    d) O exame suporá un 60%. Poderá cambiarse por un traballo de maior envergadura que os anteriores si as incidencias do curso o aconsellan, aínda que ese traballo mantería a mesma porcentaxe que o exame na calificación final.
    e) A participación en clase se valorará co 15% restante.
    f) O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais será a realización dun exame marcado oficialmente, ao que tamén se poderán presentar os alumnos presenciais que non acadaran unha media de 5 no conxunto das probas anteriores. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa.
    g) Este exame oficial será tamén a única proba de avaliación para os alumnos presenciais que teñan faltado a un 20 % ou máis das clases.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas de traballo presenciais:

    Sesións presenciais (expositivas e de seminario): 48 horas.
    Sesións de titorías: 3 horas.
    Sesións de avaliación: 3 horas.

    Total: 54 horas.


    Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo):

    Sobre as sesións presenciais: 84 (inclúen 21 horas adicadas ao traballo dirixido e a actividades diversas determinadas polo profesor).
    Avaliación: 12 horas.

    Total: 96.

    Total de horas de traballo do estudiante: 150 (25 horas/crédito)

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir ás clases, realizar as lecturas indicadas e levar ao día o estudo dos textos.
    Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da materia.

    Observacións
    A guía da asignatura, consultable na páxina web, presenta unha infomación máis detallada.