G5081222 - Lingua Alemá 4 (Maior en Lingua e Literatura Alemás) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaPreténdese afianzar e ampliar os coñecementos de lingua adquiridos na materia de curso Lingua Alemá 3 ata alcanzar un nivel medio na aprendizaxe da lingua, para desta maneira proporcionarlle ao alumnado as técnicas e instrumentos necesarios que lle permitan poder enfrontarse no curso á materia de Lingua Alemá 5. O nivel de lingua, que segundo o marco de referencia europeo, debe alcanzar o alumnado é en todo caso o B1.1.
ContidosO curso baséase na progresión dos libros de texto: "studio d B1. Deutsch als Fremdsprache". Os contidos máis destacados son os seguintes:
1. Vocabulario relacionado con contextos a vida persoal e cotía
2. Estruturas elementais a gramática alemá
3. Lectura selectiva e global de textos
4.Redacción de textos descritivos e narativos
5.Exercicios de comprensión auditiva
6.Compoñentes a fonética alemá
7.Recursos e técnicas de aprendizaxe
8.Aspectos socio-culturais os países de fala alemá alemana
Bibliografía básica e complementariaa) bibliografìa bàsica:
FUNK, Hermann/ KUHN, Christina/, DEMME, Silke: studio d B1. Deutsch als Fremdsprache. Kurs- und Übungsbuch. Berlin 2009. Cornelsen. ISBN: 978-3-464-20719-2.
NIEMANN, Rita Maria: studio d B1.
Deutsch als Fremdsprache. Sprachtraining mit eingelegten Lösungen. Berlin 2009. Cornelsen. ISBN: 978-3-464-20720-8
b) complementaria:
Diccionario grande: español-aleman aleman-español
Editorial Langenscheidt, ISBN: 3468978022
Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Editorial Langenscheidt, ISBN: 3-468-05345-2
Übungsgrammatik. Deutsch als Fremdsprache. Axel Hering/Magdalena Matussek, Michaela Perlmann-Balme (Hrsg.) Editorial Hueber. ISBN: 3-19-001657-7.
CompetenciasVéxanse as descripcións do marco europeo de referencia con respecto ó nivel B1.1.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento da materia centrarase ante todo na aplicación práctica das estruturas adquiridas, tendo en conta as catro destrezas: ler, falar, escoitar e escribir. A estrutura e planificación do curso rexerase polos principios do ensino da lingua desde un punto de vista comunicativo e centrada nos estudantes. Traballarase co libro de texto "studio d B1.", ademais con materiais auténticos de Alemaña, Austria e Suíza. A participación regular e activa do alumnado nas clases e a realización regular de exercicios fóra do horario presencial serán elementos fundamentais para obter unha nota final positiva.
Sistema de evaluación1. Asistencia e participación activa nas clases e titorías y realización dunha serie de traballos que lle serán encomendados ao alumnado ao longo do curso: 20% da nota final.
2. Realización de dos probas ao longo do curso: 20% da nota final.
3. Un exame final que consistirá nunha proba escrita e noutra oral: 60% da nota final (a proba escrita: 40%; a proba oral: 20%).
A avaliación da participación continua e activa basearase no control da asistencia e nas anotaciones do profesor/a.
Para o exame de xullo rexen as mesmas condicións.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase no exame final: 100% da nota final (o exame escrito: 66,66%, o exame oral: 33,33%).
Tempo de estudo e traballo persoal6 horas semanais presenciais.
Como mínimo 3 horas semanais de traballo individual.
Recomendacións para o estudo da materiaParticipar con regularidade e de maneira activa nas clases.
Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
ObservaciónsA materia ofertaráse de maneira comprimida nun curso de seis horas semanais na segunda parte do primeiro cuadrimestre .