G5081224 - Lingua Alemá 5 (Maior en Lingua e Literatura Alemás) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaO principal obxectivo da materia consiste en alcanzar ao final do curso os coñecementos e destrezas de lingua alemá correspondentes ao nivel B.1.2. do marco de referencia europeo das linguas. A adquisición de coñecementos e destrezas nos apartados de recepción: auditiva e lectora e produción: escrita e oral seguirán a progresión marcada para o nivel B1.1. do Marco de Referencia Europea ata alcanzar ao final do curso o nivel B.1.2.
Principais obxectivos son o afondamento en coñecementos gramaticais e léxicos, a progresión na expresión oral e escrita así como nas destrezas receptivas, a práctica no manexo de dicionarios, gramáticas e outros materiais e a transmisión de estratexias de aprendizaxe para o estudo autónomo. A aplicación práctica dos contidos adquiridos en atención das catro destrezas é o eixe central do curso.
Esta materia é a continuación de Lingua Alemá 3 e Lingua Alemá 4.
ContidosOs contidos, que seguen o libro de texto " studio d B1.. Deutsch als Fremdsprache ", abranguen as catro destrezas lingüísticas: receptivas (lectura, audición e comprensión de textos en lingua estranxeira) e activas (producir textos sinxelos e falar nunha lingua estranxeira). A continuación preséntanse os contidos de modo individual se ben a súa interrelación é imprescindible para o bo funcionamento do curso e para alcanzar os obxectivos mencionados.
Os contidos a adquirir en relación coas competencias son os que seguen:
Competencia receptiva escrita: Comprensión de textos de diferente tipoloxía (textos xornalísticos, correspondencia privada, etc.). Traballarase tamén con textos auténticos.
Competencia receptiva oral: Comprensión global ou detallada de diálogos e escenas da vida cotiá. Utilizarase tamén material auditivo auténtico.
Competencia produtiva oral: Neste caso exercitaranse diferentes tipos de fala relacionadas con actividades da vida cotiá. Os diálogos acompañaranse de diferentes materiais que presenten as formulacións propias destes atendendo aos actos de fala presentes.
Competencia produtiva escrita: O desenrolo desta competencia centrarase sobre todo na produción de textos cotiáns como descricións, resumos, cartas, etc.
Contidos gramaticais: Entre os aspectos gramaticais axeitados ao nivel da materia abordaranse os seguintes:
- Verbos: Tempo (Pluscuamperfecto e Futuro), Formas verbais (Participio I e Infinitivo con zu), Modo verbal (Konjunktiv II do presente e do pasado), Pasiva (Pasiva de estado e de proceso), clases verbais (verbos irregulares), Verbos + preposicións, entre outros.
- Adjektivo: Declinación do adxectivo
- Preposicións: wegen+genitivo, preposicións locais e temporais
- Doppelkonjunktionen
- Artigos posesivos
- Oracións: oracións de relativo e concesivas.
- Expresión do tempo, da suposición, da recomendación, etc.
Estratexias comunicativas: Práctica e perfeccionamento das competencias discursivas así como de fenómenos de pronunciación.
Materiais e o seu uso: Práctica no manexo de obras de consulta e de materiais electrónicos.
Segundo as necesidades do grupo poderanse tratar temas próximos aos propostos a xeito de tarefas. Así mesmo cabe a opción de dedicar unha das horas de Titoría a solucionar un catálogo de dúbidas formulado polo alumnado.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
Funk, H. / Kuhn, Chr. / Demme, S. et. al. (2007): studio d B1. Deutsch als Fremdsprache. Kurs- und Übungsbuch mit Zertifikatstraining. (mit eingelegten Lösungen) Berlin: Cornelsen.
De ser oportuno, poñerase a disposición do alumnado ao comezo de cada tema máis material de estudo.
Complementaria
a. Gramáticas e libros de exercicios
CASTELL, A. (1997): Gramática de la lengua alemana, Madrid.
CASTELL, A./BRAUCEK, B. (2002): Verbos alemanes. Diccionario de conjugación y complementación, Madrid.
HÄUBLEIN, G. / MÜLLER, M. / RUSCH,P. et al. (1999): Memo. Wortschatz- und Fertigkeitstraining für Zertifikat Deutsch. Langenscheidt.
HELBIG, G./BUSCHA, J. (2001): Übungsgrammatik Deutsch, Berlin.
MAENNER, D. (2010): Prüfungstraining. Zertifikat Deutsch. Übungsbuch mit CD. Berlin: Cornelsen.
NIEMANN, R. (2008): studio d: Deutsch als Fremdsprache. Sprachtraining mit eingelegten Lösungen. Berlin: Cornelsen.
REIMANN, M/ DINSEL, S. (2005), Grosser Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch (Un completo vocabulario para el aprendizaje de la lengua alemana: alemán-español). Ismaning, Hueber.
REIMANN, M./ DINSEL, S. (2007) : Fit fürs Zertifikat Deutsch, neue Rechtschreibung, Hueber Verlag.
TSCHIRNER, E. (2010): Lextra-Deutsch als Fremdsprache. Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen. Europäischer Referenzrahmen: A1-B2. Berlin: Cornelsen.
b. Dicionarios
LANGENSCHEIDT Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/ Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Berlin/ München 2010 Langenscheidt.
Os dicionarios en rede presentaranse en clase.
c. Páxinas web:
http://www.goethe.de
http://www.stk.tu-darmstadt.de/jcal/index.htm
http://dw-world.de
http://www.ralf-kinas.de/
O profesor achegará ao alumnado ao longo do curso unha serie de materiais atendendo á evolución do curso.
Competencias- Os estudantes teñen que ser capaces de aplicar os coñecementos adquiridos en exercicios prácticos.
- Os estudantes teñen que ser capaces de comunicarse de modo produtivo e receptivo segundo o nivel a alcanzar no curso.
- Os estudantes teñen que coñecer e ser capaces de consultar dicionarios, gramáticas, páxinas web, etc.
- Para máis detalle véxanse as descricións do Marco de Referencia Europeo das lingua.
Metodoloxía da ensinanza Como principal eixe metodolóxico perfílase a aplicación práctica das estruturas adquiridas atendendo ás catro destrezas lingüísticas: ler, falar, oír e escribir. Seguindo unha metodoloxía indutiva e dedutiva introdúcese cada tema de modo teórico, para a continuación centrarse coa práctica dos coñecementos presentados sobre a base dunha diferente tipoloxía de exercicios. O método do curso é " studio d B 1", se ben ao longo do cuadrimestre o docente achegará outros materiais.
Para inicio de curso prevese unha Titoria de 3 horas (ou dous, vid. Contidos) na que se presentarán gramáticas, libros de exercicios e consulta, páxinas webs etc., coa finalidade de apoiar o proceso de aprendizaxe e autonomía do estudiantado
Sistema de evaluaciónPara superar esta materia os estudantes han de cumprir os seguintes requisitos:
a. Participación activa e regular no seminario xunto coa realización de diferentes tarefas (10% da nota final)
b. Exame escrito (70% da nota final)
c. Exame oral (20% da nota final)
Será necesario superar todos os requisitos para aprobar a materia.
Os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia a clases cubrirán a parte relativa a “a) Participación activa y regular en el seminario junto con la realización de diferentes tareas (10%)” con unha tanda de tareas acordadas ao principio do curso – durante o primeiro mes da materia -co docente.
Convocatoria de Xullo
Na convocatoria de Xullo só se manterá a nota correspondente á participación activa e regular na aula (a). Polo demais, aplicaranse os mesmos parámetros de avaliación que na convocatoria de Maio, o cal implica que o alumnado suspenso na convocatoria de Maio deberá repetir tanto o exame escrito coma o oral.
Tempo de estudo e traballo persoal- Por cada hora presencial o alumnado debería dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra da aula (50 horas presenciais =100 horas de traballo autónomo).
Recomendacións para o estudo da materia- Máis alá da asistencia a clase - que é obrigatoria - é recomendable que o alumnado participe de xeito activo nas sesións presenciais e que realice un traballo continuado.
- Sería importante que o alumnado realice algún intercambio con falantes de lingua alemá e que intentará ter un contacto continuado coa lingua alemá, por exemplo mediante a lectura ou diferentes medios de comunicación.
Observacións- Requisito para participar neste curso é ter coñecementos de alemán que correspondan ao nivel B1.1. do marco de referencia europeo das linguas. Os estudantes terían que ter superado as materias previas e en concreto Lingua Alemá 4.
- Unha descrición detallada do curso está accesible na "Guía Docente".