Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081226 - Cultura dos países de fala alemá (Maior en Lingua e Literatura Alemás) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FEIJOO FERNANDEZ, JAIME.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    Introducir o estudante á historia e á realidade cultural dos diferentes países de fala alemá: Suíza, Austria e Alemaña, sobre todo mediante o estudo dos temas que centran o debate cultural en cada un deses tres países, facendo especial fincapé nos problemas identitarios específicos de cada unha das tres culturas en lingua alemá.
    Contidos
    I. Breve introdución á historia moderna e contemporánea dos países de lingua alemá.
    I.1. A cristalización da cultura alemá moderna: da Reforma ao Clasicismo alemán (sgs. XVI-XVIII).
    I.2. O século XIX: restauración e revolución. A unificación de Alemaña e a decadencia do Imperio Austrohúngaro.
    I.3. O século XX: as dúas Guerras Mundiais e a cuestión da identidade alemá.

    II. A cultura alemá da postguerra aos nosos días.
    II.1. As institucións políticas e sociais da República Federal de Alemaña. O federalismo alemán. Os medios de comunicación na República Federal.
    II.2. A historia da R.F.A. de 1945 á "Reunificación".
    II.3. A pervivencia do Holocausto e do Nacionalsocialismo na cultura alemá actual.
    II.4. A historia da República Democrática Alemá.
    II.5. A “Reunificación” de Alemaña e o problema da identidade alemá entre este e oeste. Análise da película "Good Bye Lenin!" (2003) de Wolfgang Becker como exemplo do actual dilema identitario alemán. O debate sobre a "Ostalgie".

    III. A Segunda República Austríaca.
    III.1. As institucións políticas e sociais de Austria.
    III.2. A historia de Austria desde 1945 ata a actualidade.
    III.3. Cultura e política en Austria: A cultura austríaca entre o tradicionalismo e a revolta.
    III.4. Breve introdución ao debate identitario na literatura austríaca dende 1945.

    IV. A Confederación Helvética.
    IV.1. Acontecementos fundamentais da historia moderna e contemporánea de Suíza.
    IV.2. As institucións políticas e sociais de Suíza. Os cantóns e o sistema federal.
    IV.3. A identidade suízo-alemá no seu contexto plurilingüe e multicultural. A lingua e a cultura alemás no contexto da Suíza multilingüe. A diglosia entre o suízo-alemán (Schwyzerdütsch) e o alemán estándar como lingua escrita.

    Bibliografía básica e complementaria
    I. Historia:

    ARTOLA, Ricardo: La Segunda Guerra Mundial. Madrid: Alianza 2007.
    BELLER, Steven: Historia de Austria. Madrid: Akal 2009.
    DÍEZ ESPINOSA, José Ramón/ MARTÍN DE LA GUARDIA, Ricardo Manuel: Historia contemporánea de Alemania. Madrid: Síntesis 1998.
    HAFFNER, Sebastian: La Revolución alemana de 1918-1919. Barcelona: Inédita 2005.
    HAFFNER, Sebastian: Los siete pecados capitales del Imperio Alemán en la Primera Guerra Mundial. Barcelona: Destino 2006.
    HOWARD, Michael: La Primera Guerra Mundial. Barcelona: Crítica 2008.
    MÄHLERT, Ulrich: Kleine Geschichte der DDR. München: Beck (3. Aufl.) 2009.
    OZMENT, Steven: Una fortaleza poderosa. Historia del pueblo alemán. Barcelona: Crítica 2005.
    SÁINZ LERCHUNDI, Asunción / SÁNCHEZ HERNÁNDEZ, Julio: Vocabulario de cultura alemana. Sevilla: Kronos 1997.
    SCHULZE, Hagen: Breve historia de Alemania. Madrid: Alianza 2005.
    STÜRMER, Michael: El imperio alemán (1870-1919). Barcelona: Mondadori 2003.
    WEITZ, Eric D.: La Alemania de Weimar. Presagio y tragedia. Madrid: Turner 2009.


    II. Outros textos e lecturas de referencia:

    ABELLÁN, Joaquín: Nación y nacionalismo en Alemania: la cuestión alemana (1815-1990). Madrid: Tecnos 1997.
    Anónimo: Una mujer en Berlín. Barcelona: Anagrama 2005.
    ARENDT, Hannah: Eichmann en Jerusalén. Un estudio sobre la banalidad del mal. Barcelona: Lumen 1999.
    BUBER-NEUMANN, Margarete: Prisionera de Stalin y Hitler. Barcelona: Galaxia Gutenberg 2005.
    CASALS, Josep: Afinidades vienesas. Sujeto, lenguaje, arte. Barcelona: Anagrama 2003.
    FRIEDRICH, Jörg: El incendio. Alemania bajo los bombardeos 1940-1945. Madrid: Taurus 2003.
    GORMAN, Michael: La unificación de Alemania: documentos y comentarios. Tres Cantos: Akal 1994.
    GRASS, Günter: Alemania, una unificación insensata. Madrid: El País 1990.
    GRASS, Günter: Discurso de la pérdida: sobre el declinar de la cultura política en la Alemania unida. Barcelona: Paidós 1999.
    GRASS, Günter: Mi siglo. Madrid: Santillana 2000.
    HAFFNER, Sebastian: Historia de un alemán. Memorias 1914-1933. Barcelona: Destino (Booket) 2006.
    JASPERS, Karl: El problema de la culpa: sobre la responsabilidad política de Alemania. Barcelona: Paidós 1998.
    JOHNSTON, William M.: El genio austrohúngaro. Historia social e intelectual (1848-1938). Oviedo: KRK Ediciones 2009.
    KLÜGER, Ruth: Seguir viviendo. Barcelona: Galaxia Gutenberg 1997.
    LEPENIES, Wolf: La seducción de la cultura en la historia alemana. Madrid: Akal 2008.
    MAGRIS, Claudio: El Danubio. Barcelona: Anagrama 1988.
    VV.AA.: La cultura de la memoria. La memoria histórica en España y Alemania. Madrid: Iberoamericana-Vervuert 2010.

    Competencias
    Coñecer as ferramentas necesarias para poder comprender a historia e a realidade nacional e multicultural dos países de fala alemá, e para interpretar satisfactoriamente os distintos fenómenos da cultura actual dos países de fala alemá.
    Buscar, discriminar e avaliar a información cultural sobre os países de lingua alemá a través de Internet e outros medios.
    Entender as claves dos principais debates que se pruducen no ámbito cultural dos países de fala alemá.
    Metodoloxía da ensinanza
    Tres horas presenciais, nas que se combinará a exposición teórica (2 horas semanais) co traballo práctico: 1 hora semanal, na que os estudantes aprenderán a buscar, orientados polo profesor, material de información e discusión sobre a historia e a cultura actual dos países de lingua alemá, co fin de realizar o correspondente traballo autónomo sobre as lecturas de referencia.

    Sistema de evaluación
    1. Participación activa nas clases expositivas e interactivas e/ou nas titorías (25% da cualificación final).
    2. Exame final, que consistirá nunha serie de preguntas teóricas sobre os temas tratados durante o curso e un comentario sobre as lecturas de referencia (75%).

    Para a segunda oportunidade de examen manteranse as mesmas condicións. O alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases poderá obter a primeira parte da nota participando nas titorías e/ou por medio de traballos específicos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 horas semanais presenciais (teóricas e prácticas).
    4 horas semanais de traballo persoal: preparación das lecturas de referencia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Orientación previa sobre a historia, as institucións e os aspectos máis xerais dos países de fala alemá. Información sobre acontecementos históricos actuais a través da prensa e outros medios audiovisuais.