Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081234 - Xéneros literarios italianos :Narrativa (Maior en Lingua e Literatura Italianas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana
  • Áreas: Filoloxía Italiana
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ FERNANDEZ, MARIA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Italiano


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo fundamental desta materia é darlle a coñecer ao alumno unha visión global dos xéneros narrativos na tradición literaria italiana, fundamentalmente da novela e do conto. Tentaremos así mesmo de proporcionarlle ao estudante a formación teórica e práctica imprescindible para facer un comentario crítico dun texto narrativo.
    Dado que o xénero narrativo é moi amplo (pensemos por exemplo na obra narrativa de Boccaccio, Manzoni, Verga, Calvino, etc.) é imposible analizalo na súa totalidade nun curso de 6 créditos e por iso os nosos obxectivos serán: ofrecer unha panorámica xeral e estudar en modo profundo algunhas obras de algúns dos autores máis importantes e máis concretamente algúns textos fundamentais.

    Contidos
    As leccións teóricas serán sempre acompañadas das lecturas pertinentes seguindo as diferentes formulacións críticas existentes e as persoales investigacións da profesora, para enriquecer o traballo persoal do estudante.
    O estudo dos textos e das obras faráse de modo axeitado para comprender as obras en sí mesmas e tamén dentro do sistema literario do escritor.
    A continuación detállase o programa do curso, cos argumentos a tratar durante o período de clases. De cada tema preséntase unha relación dos temas que se van estudar.
    Programa da parte teórica:

    Tema 1: O texto narrativo:
    1.1. Introdución: Aproximación ao texto narrativo. Niveis de análise. Formas e contidos. A historia e o discurso. Narración e descripción. Modalización. Emisario. Mensaxe. Destinatario. Focalización. Cronotopo. Rítmo narrativo. As escollas estilístico-expresivas. A lectura e os lectores. A lectura e o público. Os lugares, os modos, os tempos da lectura. Os recentes cambios tecnolóxicos: o libro virtual, literatura e informática.
    1.2. O discurso narrativo. A organización dos contidos narrativos. Diversos tipos de narración. A elección do punto de vista do narrador. O autor, o narrador e o lector.
    1.3. A estrutura do texto narrativo. A individualización das secuencias. Tipos de secuencias narrativas. Das secuencias ás macrosecuencias. A caracterización do texto.
    1.4. A dimensión temporal: o tempo da historia; o tempo da narración. Os confíns do mundo narrado: comezo e conclusión. Acabado e non acabado. A orde, a distancia, a duración.
    1.5. A dimensión espacial. Espazos reais e simbólicos. Relación dos personaxes co espazo.
    1.6. Os personaxes e as súas funcións. Personaxes principais e personaxes secundarios. Os papeis e as funcións: O protagonista, o antagonista, o destinatario. As técnicas de representación da palabra e do pensamento dos personaxes: O discurso directo. O discurso indirecto. O discurso indirecto libre.
    1.7. Contexto lingüístico-literario. A especificidade da linguaxe literaria.
    1.8. A dimensión histórico-cultural do tesxo narrativo: o contexto.

    Tema 2: Xéneros narrativos:
    2.1. Introdución: Clasificación de tipo formal. Clasificación de tipo temático. A especificidade do texto literario narrativo.
    2.2. O conto. Características fundamentais do xénero. Panorámica xeral. O nacemento da prosa vulgar. A fortuna do conto medieval: Il Novellino. O xénero novelístico “inaugurado” por Boccaccio. A Fiammetta. O Decameron. O conto e a facecia. A narración breve no Cinque e Seicento. O renacemento do conto durante o século XIX. A narrativa breve no século XX.
    2.3. A novela. Características propias do xénero. Panorámica xeral das orixes ata os nosos días. A novela pastoral: L’Arcadia. O xénero novela: L’Ortis de Foscolo. A novela histórica: I Promessi Sposi de Manzoni. O verismo: I Malavoglia de G. Verga. A novela femenina de denuncia social: Una donna de S. Aleramo. Lessico famigliare de N. Ginzburg. O neorrealismo. As novas fronteiras da narrativa: E. Morante, I. Calvino, D. Maraini. A novela metaliteraria: Danubio de C. Magris.
    2.4. Tratadística: O Príncipe de N. Maquiavelo.

    Programa da parte práctica:
    De seguido indícanse os textos para interpretar, analizar e comentar nas clases (todos de lectura obrigatoria):
    Il Novellino: Prologo; Come uno re fece nodrire uno suo figliuolo dieci anni, in luogo tenebroso, e poi li mostrò tutte le cose, e più li piacque le femine (XIV); Qui conta come Narcìs (s)innamorò de l’ombra sua (XLVI), Come il Soldano, avendo bisogno di moneta, vuolle cogliere cagione a un Giudeo (LXXIII).
    Boccaccio: L’Elegia di Madonna Fiammetta (cap. VII). Il Decameron: La descrizione della peste (I, Introduzione); Andreuccio da Perugia (II, 5), Frate Cipolla (VI, 10).
    Manzoni: I Promessi Sposi: Quel ramo del lago di Como (cap. I). L’Addio di Lucia (cap. VIII).

    Bibliografía básica e complementaria
    Dirixida por C. Segre, moi profunda e coidada é a obra: Testi nella storia. La letteratura italiana dalle origini al Novecento, Milano, Edizioni Scolastiche Mondadori, 1997.
    Estruturada de xeito “tradicional”, pero cunha articulación interna da materia diferente das outras literaturas existentes —esta estuda os feitos literarios dentro dun máis amplo horizonte— considera a historia literaria non só en relación coa historia da lingua, da arte, do pensamento, da cultura italiana, senón tamén en relación coas outras culturas europeas, é a Storia della letteratura italiana dirixida por E. Malato da editorial Salerno editrice, Roma, 1997, 20 vv.
    Para a Teoria da literatura, Crítica literaria e Teoría e práctica do texto, pódense consultar as seguintes:
    Andrés Suárez, I., La novela y el cuento frente a frente, Lausanne, sociedad Suiza de Estudios Hispánicos, 1995.
    Baquero Goyanes, M., ¿Qué es la novela?, ¿Qué es el cuento? Universidad de Murcia, 1993.
    Bernardelli, A - Ceserani, R., Il testo narrativo. Istruzioni per la lettura e l'interpretazione, Bologna, Il Mulino, 2005.
    Bernardelli, A., La narrazione, Milano, Laterza, 2006.
    Cabo, F – Rábade. M.C., Manual de teoría de la literatura, Madrid, Castalia, 2006 (especialmente, pp. 171-255 referidas a la narratividad y el relato literario).
    Casas, A (coord.), Elementos de crítica literaria, Vigo, Xerais, 2004.
    Del Prado, F.Javier, Análisis e interpretación de la novela. Cinco modos de leer un texto narrativo, Madrid, Síntesis, 1999.
    Garrido, A., El texto narrativo Madrid, Síntesis, 1993.
    Garrido, M. A., Nueva introducción a la teoría de la literatura, con la colab. de A. Garrido y A. García Galiano, Madrid, Síntesis, 2000.
    Gardini, N., Critica letteraria e letteratura italiana, Milano, Einaudi Scuola, 1999.
    Gnisci, A., Introduzione alla letteratura comparata, Milano, Bruno Mondadori, 1999.
    Grosser, H., Narrativa. Manuale / Antologia, Milano, Principato, 2008.
    Guillén, C., Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada, Barcelona, Editorial Crítica, 1985.
    Mengaldo, P.V., Attraverso la prosa italiana. Analisi di testi esemplari, Roma, Carocci, 2008.
    Mondello, E., La narrativa italiana degli anni Novanta, Roma, Meltemi, 2004.
    Pullega, P., Leggere la letteratura Italiana, Bologna, Zanichelli, 1993.
    Roncaglia, A., Principi e applicazioni di critica testuale, Bulzoni, Roma, 1975.
    Segre, C., Due lezioni di Ecdotica, Scuola Normale Superiore, Pisa,1991.
    Selden, R, La teoría literaria contemporánea, Barcelona, Ariel, 1987.
    Senardi, Fulvio, Gli specchi di Narciso. Aspetti della narrativa italiana di fine millennio, Manziana (Roma), Vecchiarelli Editore, 2001.
    Spang, K., Géneros literarios Madrid, Síntesis, 1993.
    Storini, Monica C., L'esperienza problematica. Generi e scrittura nella narrativa italiana del Novecento, Roma, Carocci, 2005.
    Vallés, J (dir.)., Diccionario de teoría de la narrativa, Salobreña, A
    Villanueva Prieto, D., Curso de teoría de la literatura, Madrid, Taurus, 1994.
    Villanueva Prieto, D (comp.)., Avances en teoría de la literatura, Santiago, USC, 1994.
    Villanueva Prieto, D., El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Mare Nostrum comunicación, S.A., 2007.
    Vittorini, Fabio, Il testo narrativo, Roma, Carocci, 2007.
    Zancan, Marina, Il doppio itinerario della scrittura. La donna nella tradizione letteraria italiana, Torino, Einaudi, 1998.
    Competencias
    Ao final do curso o estudante deberá coñecer as principais etapas, autores e obras da narrativa italiana, poder relacionar as distintas obras entre sí e tamén con outras literaturas; o alumno deberá ter tamén unha serie de competencias nocionais e metodolóxicas específicas da materia e estar en condicións de recoñecer e definir as características específicas do xénero narrativo. En definitiva, o estudante deberá ter a habilidade suficiente para facer unha lectura, unha interpretación correcta e un comentario persoal dun texto narrativo da literatura italiana.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases, que se desenvolverán en lingua italiana, prevén o encadramento histórico das principais correntes, dos autores e das obras da narrativa italiana seleccionadas e a lectura, o comentario e a análise dos textos máis significativos.
    As clases teóricas desenvolverán os seguintes temas:
    Breve definición do período. Premisas e encadramentos históricos. Poética e ideoloxía do autor: perfil e cronoloxía esencial. Presentación da obra: deseño xeral, antecedentes, as fontes principais e a cultura. A composición e a estrutura. Estilo, temas e argumentos. Publicación, difusión e divulgación do texto. Eco e fortuna crítica. Bibliografía esencial.
    As clases prácticas, unha aproximación á análise textual, serán "grosso modo" un estudo en profundidade dos seguintes temas (sen esquecerse da especificidade de cada texto literario): Introdución e breve sumario. Lectura atenta do texto. A trama e a estrutura. Os contidos. As formas. Os personaxes: a distancia, as palabras e os pensamentos. A dimensión do tempo e do espazo. Comentario lingüístico e estilístico. O problema do punto de vista e perspectivas. O autor e o lector.

    Sistema de evaluación
    Criterios de avaliación para os estudantes que asistan regularmente ás clases (non menos dun 90% de asistencia e cunha participación activa no desenvolvemento do programa, en particular nos comentarios dos diferentes textos analizados).
    Para avaliar a madurez do alumno e o coñecemento da materia realizarase un exame escrito con preguntas de tipo teórico (os alumnos responderán a preguntas de carácter xeral da parte teórica do programa) e práctico (farán un comentario dun texto concreto dos da parte práctica).
    Para a preparación deste exame, o alumno deberá dedicar polo menos tres horas semanais.
    Para a puntuación final, terase en conta a asistencia regular ás clases e tamén as exposicións orais. A puntuación final da materia será a da media do exame escrito (70%), a participación activa nas clases (20%) e unha análise dun texto narrativo concordado co docente que deberá ser entregada antes do 15 de decembro (10%). As características desta análisi crítica son, polo que se refire ao tema: desenvolvemento dun tema concreto e específico establecido polo profesor e elixido libremente polo estudante, oportunamente documentado e provisto da contribución persoal e orixinal. Polo que se refire á metodoloxía, o traballo debe prever os seguintes puntos: índice ou esquema dos temas tratados; introdución metodolóxica e temática; desenvolvemento do tema; conclusións, bibliografía e notas oportunas.
    O tempo de preparación será computado dentro das horas de traballo persoal.
    Criterios de avaliación para os estudantes que non asistan regularmente ás clases (menos dun 90% de asistencia e sen participación activa no desenrolo do programa, en particular nos comentarios dos diferentes textos analizados). Os alumnos que por motivos xustificados non poidan asistir ás clases con regularidade, deberán poñerse en contacto coa profesora nos quince primeiros días do curso. De non ser así o único criterio será o do exame final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das clases expositivas e interactivas, 6 horas semanais de estudo e de traballo persoal deberían ser suficientes para aprobar a materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase encarecidamente a asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e aconséllase un estudo constante da materia acompañado da lectura crítica e profunda dos textos literarios.