G5081245 - Novas tecnoloxías nos estudos lingüísticos e literarios románicos (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Que o alumno comprenda as vantaxes que as chamadas novas tecnoloxías supoñen para o estudo e a investigación tanto da lingüística como da literatura románicas.
2. Decatarse das razóns profundas ás que obedecen os cambios fonéticos na historia das linguas románicas, reproducindo en laboratorio moitos destes cambios grazas ao auxilio da fonética instrumental.
3. Tomar conciencia das principais diferenzas denotativas entre as linguas románicas.
4. Decatarse da importancia que ten a lingüística románica no desenvolvemento de ferramentas de tecnoloxías da fala, particularmente de síntese de voz e de recoñecemento de voz.
5. Captar as vantaxes que ofrecen os coñecementos de lingüística románica no desenvolvemento da tradución automática entre línguas románicas.
6. Tomar conciencia da importancia que ten a cronoloxía relativa no proceso da evolución das linguas románicas, constatado a través de programas informáticos de simulación da evolución lingüística das distintas linguas románicas.
7. Que o alumno tome conciencia da revolución que supuxo a introdución das novas tecnoloxías na xeolingüística, coa aparición dos atlas lingüísticos parlantes, dos novos métodos de representación cartográfica, da elaboración de cartografía atendendo necesidades particulares do investigador, e na análise dos datos.
8. Que o alumno teña información dos córpora textuais das linguas románicas e das súas posibilidades de explotación.
9. Que o alumno coñeza as bases de datos máis importantes dos distintos ámbitos da lingüística e literatura románicas.
10. Que o alumno coñeza os principais recursos existentes en rede para o estudo e a investigación das linguas e literaturas románicas.
11. Tomar conciencia das vantaxes que presenta a "edición electrónica" para a edición crítica de textos románicos.
Contidos1. As novas tecnoloxías e a Filoloxía Románica. O ordenador como auxiliar da lingüística. A lingüística computacional.
2. Novas tecnoloxías e fonética. A fonética instrumental. Utilidade da fonética instrumental para o estudo da lingüística románica, e para a comprensión de determinados fenómenos evolutivos. A entoación: metodoloxía AMPER.
3. As tecnoloxías da fala. A síntese de voz. O recoñecemento de voz
4. Tradución automática.
5. Enxeñaría lingüística e o estudo diacrónico das linguas. A importancia da cronoloxía relativa no cambio lingüístico.
6. As novas tecnoloxías e a xeolingüística.
7. As bases de datos e os córpora. Panorámica xeral. As bases de datos de textos literarios. As bases de datos bibliográficas. As bases de datos lexicográficas. Os corpora dixitalizados e os metarquivos.
8. A edición crítica de textos románicos en formato electrónico. Conceptos fundamentais. Introdución á crítica textual de textos romances. Edición crítica dixital.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
BERNERS-LEE, T. (2001): Tejiendo la Red. Madrid: Siglo XXI de España Editores.
BREA, M. (2008): «Edición impresa e edición electrónica, ferramentas complementarias». FERREIRO, M. et alii (eds.): A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, A Coruña: Universidade da Coruña - Servizo de Publicacións, pp. 67-76.
CAL, M.; NUÑEZ, P.; PALACIOS, I. M. (2005): Nuevas tecnologías en lingüística, traducción y enseñanza de lenguas.
GARCÍA CAMARERO, E. - García Melero, L. A. (2000): La Biblioteca Digital. Madrid, Arco-Libros S. L.,
GOEBL, Hans (2006): "Recent Advances in Salzburg Dialectometry", Literary and Linguistic Computing 2006 21(4):411-435
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (2004): “A síntese de voz en lingua galega: o proxecto Cotovía”, Revista galega do Ensino, 44, pp. 199-215
HAIMERL, Edgar: "Database Design and Technical Solutions for the Management, Calculation, and Visualization of Dialect Mass Data", Literary and Linguistic Computing 2006 21(4): 437-444
HAYWARD, K. (2000) Experimental Phonetics. An Introduction. Harlow: Longman Linguistics Library).
LUCÍA MEGÍAS, J. M. (2002): Literatura románica en Internet. 1. Los textos. Madrid: Castalia.
LLISTERRI, J.:(1991): Introducción a la fonética: el método experimental. Barcelona: Anthropos.
SHILLINGSBURG, P. L. (2006): From Gutenberg to Google, Cambridge: Cambridge University Press.
II: Recursos en liña
Archive: http://www.archive.org/
Base de données du projet AMPER, en: http://www.limsi.fr/Individu/rilliard/amper/
BConcord 2010: http://bconcord.com/index.html
COLLATE: http://www.itsee.bham.ac.uk/software/collate/
Corpus de referencia do galego actual: http://corpus.cirp.es/corga/
Corpus informatizado do portugués medieval: http://cipm.fcsh.unl.pt/
Criterios de edición de documentos hispánicos (orígenes-siglo XIX), por CHARTA:
Dicionario de dicionarios: http://sli.uvigo.es/DDGM/
FERRARINI, E. (2005?): «L’Informatica umanistica oggi (con una nota al DM 18.3.2005)» accesible en http://www.griseldaonline.it/informatica/5ferrarini.htm#_ftn4 [última consulta, 21/06/10].
HABIB, M., “Towards academic library 2.0: development and application of a library 2.0 methodology”, 17 de nov. 2006
http://www.textoshispanicos.es/index.php?option=com_content&task=view&id=19&Itemid=41
MonoConc Pro: http://www.athel.com/mono.html
ORLANDI, T. (2003): «Proposta: Informatica applicata alle discipline umanistiche (ovvero: Informatica umanistica)» accesible en http://www.griseldaonline.it/informatica/orlandi.htm [última consulta, 21/06/10].
Recaptcha: http://recaptcha.net/
TACT: http://www.indiana.edu/~letrs/help-services/QuickGuides/about-tact.html
TEI: http://www.tei-c.org/index.xml
Tesoro della Lingua Italiana delle origini: http://tlio.ovi.cnr.it/TLIO/
Tesoro lexicográfico de la lengua española: http://buscon.rae.es/ntlle/SrvltGUILoginNtlle
TMILG: http://ilg.usc.es/tmilg/index.php
TUSTEP: http://www.tustep.uni-tuebingen.de/tustep_eng.html
Competencias1. Coñecemento das principais técnicas de análise fonética instrumental, especialmente no plano da fonética articulatoria e da fonética acústica.
2. Comprensión dos principais fenómenos evolutivos da fonética románica, e capacidade para reproducir algún deles en laboratorio.
3. Capacidade para identificar características propias de cada unha das linguas románicas que permitan que un sistema de síntese de voz ou de recoñecemento de voz coneza desde o principio con que lingua vai traballar.
4. Coñecemento dos principais módulos que integran os sistemas de síntese de voz e de recoñecemento de voz.
5. Coñecemento das principais técnicas de análise da entoación, e particularmente da metodoloxía AMPER.
6. Coñecemento dos principais tipos de tradución automática.
7. Coñecemento dos atlas lingüísticos románicos realizados coa aplicación de novas tecnoloxías.
8. Capacidade para realizar unha matriz de elementos que permita medir a distancia interlingüística entre dúas variedades románicas.
9. Coñecer os elementos básicos necesarios para a etiquetación dun corpus textual dunha lingua románica.
10. Coñecemento e familiarización cos grandes proxectos de bases de datos e edicións dixitais de textos románicos.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas presentarán os contidos esenciais do programa, co obxectivo de fomentar a autoaprendizaxe continua por parte do estudiante.
As clases interactivas terán lugar sempre con auxilio do ordenador, e terán carácter eminentemente práctico, mediante a proposta de ensayos, problemas e probas que se tratarán de resolver mediante a discusión e participación activa de todos os alumnos. As cuestións prácticas que se van tratar en cada clase serán anunciadas previamente, e indicaráselles aos alumnos unha bibliografía básica na que poidan informarse, e que lles permita unha reflexión previa.
As titorías serán de dous tipos: a) titorías conxuntas, grupais, que serán unha especie de complemento das clases prácticas, e nas que os alumnos serán orientados na realización das distintas actividades que se programen para realizar en grupo; b) individuais, nas que se fará un seguimento particularizado da evolución de cada alumno.
Sistema de evaluaciónO procedemento de avaliación continua esixe a asistencia obrigatoria ás clases, tanto ´s teóricas e de carácter expositivo, como ás prácticas nas que a participación do alumno será máis directa, e prácticamente imprescindible.
Tódolos alumnos encargaranse da realización dun suposto práctico, que terá que exponer e defender na clase, que será valorado cunha cualificación de 0 a 3 puntos.
Haberá ademais tres probas escritas: unha que abranguerá os 6 primeiros temas (cualificada de 0 a 4 puntos), e que terá lugar na primeira quincena de setembro; outra do tema 7 (cualificada de 0 a 1,5 puntos), que terá lugar antes das vacacións de nadal, e unha terceira (cualificada de 0 a 1,5 puntos), do tema 8, que terá lugar ao final do período de clases do primeiro cuadrimestre. Polo tanto, o valor do conxunto destas probas escritas será dun 70% da cualificación final.
Os estudiantes que por motivos excepcionais non poidan seguir con regularidade o curso ou non obteñan unha nota mínima de 5, terán a opción de presentarse a un exame final na data oficial que se estableza , na que terán que dar conta de calquera parte dos contidos establecidos no programa.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 58 de actividades formativas presenciais e 27 de actividades dirixidas non presenciais.
Calcúlase que o alumno debe dedicar aproximadamente unhas 6 horas semanais ao estudo da materia: lecturas, realización de actividades, preparación de clases teóricas e prácticas,etc.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos alumnos unha atención continuada á materia, xa que a diversidade de contidos esixe unha maduración que dificilmente se pode obter mediante a dedicación intensiva nun espazo curto de tempo.